Eleccións xerais de España de 2011
As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.
Eleccións xerais de España de 2011 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2008 2015 → | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 20 de novembro de 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Eleccións xerais en España e grupo de eleccións | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 350 deputado no Congreso dos Deputados
208 senador de España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Deputado no Congreso dos Deputados
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocatoria
editarEn agosto de 2011 o presidente de goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero anunciou que adiantaba as eleccións cinco meses, e que a data fixada sería o 20 de novembro[1].O decreto de disolución das Cortes publicouse o 27 de setembro de 2011, co que os cargos parlamentarios pasaron a estar en funcións[2].
Nestas eleccións renováronse 350 escanos do Congreso dos Deputados e 208 do Senado. As eleccións, adiantadas en cinco meses á súa data máxima prevista, remataron a IX Lexislatura e deron paso á X Lexislatura. Por primeira vez en catro convocatorias, as eleccións Xerais non coincidiron coas eleccións autonómicas na comunidade autónoma de Andalucía. Só se producen dúas variacións na asignación de deputados: a provincia de Cádiz perde un deputado, mentres que a de Madrid gaña 1[3]. En Galicia escóllense 23 deputados: oito pola circunscrición electoral da Coruña, 7 pola de Pontevedra, e catro polas de Lugo e Ourense, respectivamente[4].
O número e distribución dos senadores elixidos directamente mantense igual. Aumenta o número de senadores elixidos polas comunidades autónomas, pois a Comunidade Valenciana e Castela A Mancha gañan 1[5]. Galicia escolle 19 senadores: catro por circunscrición e tres designados polo Parlamento de Galicia.
Entre as novidades deste proceso electoral, debidas a unha reforma da lexislación electoral, destacaron dúas: os residentes no estranxeiro tiñan que solicitar o voto previamente para poder emitilo, e este podería ser emitido nas embaixadas e consulados de España, e os partidos políticos sen representación parlamentaria tiñan que recoller avais para poder concorrer ás eleccións.
Preparación das candidaturas e candidatos
editarOs partidos políticos foron anunciando os seus respectivos candidatos electorais en verán e outono de 2011. No PSOE presentáronse inicialmente dúas candidaturas a competir nun proceso de primarias, pero a outra candidata, a ministra de Defensa Carme Chacón renunciou á carreira electoral, co que o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba quedou como o único candidato.
Nestas eleccións, e por primeira vez dende a instauración da democracia, as formacións políticas que non tiveran previamente representación no Congreso dos Deputados ou no Senado tiñan que recoller avais cidadáns para poder concorrer ás eleccións, cunha cantidade mínima de 1 por 1000 censados por cada circunscrición. Para a recollida deses avais dispuxeron de vinte días contados a partir da disolución da convocatoria electoral.
Principais coalicións
editarO Partido Popular concorreu ás eleccións en coalición co Partido Aragonés Regionalista nas tres provincias aragonesas, con UPN por Navarra, con Extremadura Unida en Estremadura, e con Centro Canario Nacionalista nas Canarias.
Izquierda Unida concorreu en coalición con Izquierda Republicana en todo o estado. En Cataluña foi en coalición con Iniciativa per Catalunya, en Aragón coa Chunta Aragonesista, en Estremadura con Socialistas Independientes de Extremadura e nas Canarias con Canarias por la Izquierda.
ERC concorreu en coalición con Reagrupament.
Amaiur é unha coalición electoral que integra a Eusko Alkartasuna, Aralar, Alternatiba e outros independentes que xa participaron na coalición electoral Bildu. Preséntase nas tres provincias vascas e mais Navarra. Geroa Bai é a coalición sucesora de Nafarroa Bai, pero sen a participación de Aralar, que concorreu en Amaiur, nin de Batzarre, que o fixo con Izquierda Unida.
Unidos por Canarias é a coalición formada por Coalición Canaria e Nueva Canarias.
Candidatos á presidencia do goberno
editar- Alfredo Pérez Rubalcaba, polo PSOE.
- Mariano Rajoy, polo PP
- Cayo Lara, por IU
- Rosa Díez, por UPyD
- Juantxo López de Uralde, por EQUO
Candidatos principais doutras forzas que non se presentan en todo o Estado
editar- CiU: Josep Antoni Duran i Lleida (Barcelona)
- PNV: Josu Erkoreka (Biscaia)
- ERC: Alfred Bosch (Barcelona)
- BNG: Francisco Jorquera (A Coruña)
- Geroa Bai: Uxue Barkos (Navarra)
- Unidos por Canarias: Ana Oramas (Tenerife)[6]
- Amaiur: Maite Aristegi (Guipúscoa)
- Foro Asturias: Enrique Álvarez Sostres (Asturias)
- Partido Regionalista Cántabro: Miguel Ángel Revilla (Cantabria).
Candidatos en Galicia
editarOs cabezas de lista polas distintas provincias galegas foron:
- PP: Antonio Erias Rey (A Coruña), Joaquín García Díez (Lugo), Celso Delgado Arce (Ourense) e Ana Pastor (Pontevedra)
- PSOE: Francisco Caamaño (A Coruña), Xosé Blanco (Lugo), Laura Seara (Ourense) e Carmela Silva (Pontevedra)
- BNG: Francisco Jorquera (A Coruña), María Xosé Vega (Lugo), Xosé Manuel Pérez Bouza (Ourense) e Olaia Fernández Dávila (Pontevedra)
- IU: Luz Canal (A Coruña), Ramón Vázquez Díaz (Lugo), Sofía Díaz Gómez (Ourense) e Rubén Pérez Solla (Pontevedra)
- UPyD: José Antonio de Lorenzo (A Coruña), Agustín Gallego (Lugo), Laureano Bermejo (Ourense) e Ana María Alonso (Pontevedra)
Ademais destas formacións, tamén se presentaron en Galicia[7]:
- Converxencia XXI: nas catro circunscricións.
- PACMA: nas catro circunscricións.
- Unificación Comunista de España: nas catro circunscricións.
- EQUO: nas circunscricións da Coruña, Ourense e Pontevedra.
- Por un mundo más justo: nas circunscricións da Coruña e Ourense.
- Partido Comunista de los Pueblos de España: nas circunscricións da Coruña e Pontevedra.
- Solidaridad y Autogestión Internacionalista: nas circunscricións da Coruña e Pontevedra
- Partido Humanista: nas circunscricións da Coruña e Pontevedra.
- Hartos.org: na circunscrición da Coruña.
- Anticapitalistas: na circunscrición de Pontevedra.
A campaña electoral
editarSondaxes
editarRecóllense nesta táboa algunhas das sondaxes publicadas nas datas inmediatamente anteriores ao proceso electoral
Sondaxe | PSOE | PP | IU | CiU | PNV | UPyD | ERC | BNG | UxC | G-Bai | Amaiur | FAC | PRC | EQUO | PA | Outros | En branco |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Interna PP, La Gaceta setembro 2011[8][9] Escanos | 115 | 189 | 8 | 14 | 6 | 3 | 2 | 2 | 2 | 1 | 4-5 | 1-2 | 1 | 1 | — | — | — |
El Mundo outubro 2011[10] | 31,8% | 47,4% | 5,0% | 3,2% | 1,2% | 3,1% | 0,9% | — | — | — | — | — | — | — | — | 7,4% | — |
La Razón outubro 2011[11] | 30,6% | 46,1% | 6,8% | 3,6% | 1,1% | 3,0% | 0,8% | 1,0% | 0,9% | — | — | — | — | — | — | 6,2% | — |
Escanos | 116-118 | 183-185 | 10-12 | 13-15 | 5-6 | 2-3 | 1-2 | 2-3 | 3-4 | — | 5-6 | 1-2 | 0-1 | 0-2 | 0-1 | — | — |
El Mundo outubro 2011[12] | 31,6% | 47,8% | 5,2% | 3,2% | 1,2% | 2,9% | 1,0% | 1,2% | — | — | — | — | — | — | — | 7,1% | — |
Escanos | 122 | 193 | 6 | 12 | 5 | 3 | 2 | 2 | 2 | — | 3 | — | — | — | — | — | — |
La Vanguardia outubro 2011[13] | 33,0% | 46,0% | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — |
Escanos | 115-122 | 186-192 | 4 | 11-12 | 5-7 | 2-4 | 1-2 | — | — | — | 4 | — | — | — | — | 9-10 | — |
El Mundo 16 outubro 2011[14] | 30,8% | 48,0% | 5,3% | 3,4% | 1,2% | 3,0% | 1,0% | 1,2% | — | — | — | — | — | — | — | 7,3% | — |
Escanos | 117 | 196 | 6 | 13 | 6 | 3 | 2 | 2 | 2 | — | 3 | — | — | — | — | — | — |
Resultados ao Congreso
editar- Electorado: 35.779.491 [15][16]
- Votantes: 24.666.392 (68,94%)
- Abstención: 11.113.094 (31,06%)
- Votos válidos: 24.348.837 (68,05% sobre electores)
- Votos a candidaturas: 24.015.376
- Votos en branco: 333.461
- Votos nulos: 317.555
← Elecciones xerais en España, 20 de novembro de 2011 → | ||||||
Partido | Votos | % | Dif. | Escanos | % Esc. | Dif. |
Partido Popular (PP) | 10.866.565 [17] | 44,36 | 186 [18] | 53,14 | ||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 7.003.488 [19] | 28,76 | 110 [20] | 31,43 | ||
Izquierda Unida (IU) | 1.685.994 | 6,92 | 11 | 3,14 | ||
Convergència i Unió (CiU) | 1.051.691 | 4,32 | 16 | 4,57 | ||
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | 324.317 | 1,33 | 5 | 1,43 | ||
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | 1.143.225 | 4,69 | 5 | 1,43 | ||
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | 244.854 | 1,00 | 3 | 0,86 | ||
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 184.037 | 0,75 | 2 | 0,57 | ||
Unidos por Canarias (CC-NC) | 143.881 | 0,59 | 2 | 0,57 | ||
Geroa Bai (G-Bai) | 42.415 | 0,17 | 1 | 0,29 | ||
Amaiur | 334.498 | 1,37 | 7 | 2,00 | ||
Converxencia XXI (CXXI) | 1.443 | 0 | ||||
EQUO | 175.158 | 0 | ||||
Partido Andalucista (PA) | 76.999 | 0 | ||||
Foro Asturias (FAC) | 99.473 | 0,41 | 1 | 0,29 | ||
Partido Regionalista Cántabro (PRC) | 44.010 | 0 |
Resultados en Galicia
editar- Electorado: 2.688.816
- Votantes: 1.672.792 (62,21%)
- Abstención: 1.016.024 (37,79%)
- Votos válidos: 1.645.768
- Votos a candidaturas: 1.619.042
- Votos en branco: 26.726
- Votos nulos: 27.024
Elecciones xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011 | ||||||
Partido | Votos | % | Dif. | Escanos | % Esc. | Dif. |
Partido Popular (PP) | 684.567 | 51,59 | 15 | 65,21 | 4 | |
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 457.633 | 27,81 | 6 | 26,09 | -4 | |
Bloque Nacionalista Galego (BNG) | 184.037 | 11,18 | 2 | 8,69 | = | |
Esquerda Unida (EU) | 67.702 | 4,11 | 0 | = | ||
Unión Progreso y Democracia (UPyD) | 19.969 | 1,21 | 0 | = | ||
Converxencia XXI (CXXI) | 1.443 | 0,09 | 0 | |||
EQUO | 10.059 | 0,61 | 0 |
Resultados ao Senado
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- Electorado: 35.776.615[4]
- Votantes:
- Abstención:
- Votos válidos:
- Votos nulos:
- Votos en branco:
← Elecciones xerais en España, 20 de novembro de 2011 → | ||||||
Partido | Senadores | % Senadores. | Dif. | |||
Partido Popular (PP) | ||||||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | ||||||
Izquierda Unida (IU) | ||||||
Convergència i Unió (CiU) | ||||||
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) | ||||||
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) | ||||||
Unidos por Canarias (CC-NC) | ||||||
Amaiur |
Resultados en Galicia
editar- Electorado:
- Votantes:
- Abstención:
- Votos válidos:
- Votos nulos:
- Votos en branco:
Elecciones xerais en Galicia, 20 de novembro de 2011 | ||||||
Partido | Senadores | % Senadores. | Dif. | |||
Partido Popular (PP) | 12 | 75% | = | |||
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 4 | 25% | = |
Notas
editar- ↑ Zapatero adelanta las elecciones generales al 20 de noviembre, El Periódico de Cataluña, 16/8/2011.
- ↑ BOE do 27 de setembro de 2011, Boletín Oficial del Estado.
- ↑ Distribución de diputados por provincias[Ligazón morta], Web do Ministerio do Interior.
- ↑ 4,0 4,1 Las elecciones en cifras Arquivado 09 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Web do Ministerio do Interior.
- ↑ Composición del Senado[Ligazón morta], Web do Ministerio do Interior.
- ↑ Ana Oramas (CC-NC), al Congreso por Santa Cruz de Tenerife, Diario de Avisos, 8/10/2011.
- ↑ Boletín Oficial do Estado Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine., 19/10/2011.
- ↑ "Las encuestas internas del PP le otorgan 189 diputados frente a 115 del PSOE". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ "Encuesta de El Mundo de octubre 2011". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ "El PP afianza su mejor resultado". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ de El Mundo de 9 de octubre 2011
- ↑ El PP lograría una holgada mayoría absoluta y el PSOE retrocedería a niveles de 1977
- ↑ de El Mundo 16 outubro 2011
- ↑ Segundo a Web do Ministerio do Interior Arquivado 09 de outubro de 2011 en Wayback Machine., 35.776.615.
- ↑ "Xunta Electoral Central (BOE nº 297, de 20.12.2011". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2011.
- ↑ Resultado da suma dos 10.061.311 votos do Partido Popular, 339.236 votos da coalición PP-Extremadura Unida, 339.502 votos da coalición PP-Partido Aragonés e 126.516 votos da coalición PP-Unión del Pueblo Navarro.
- ↑ Resultado da suma dos 170 escanos do PP máis os 6, 8 e 2 das coalicións citadas.
- ↑ Resultado da suma dos 6.080.964 votos do Partido Socialista máis os 922.524 votos do Partit dos Socialistes de Catalunya.
- ↑ Resultado da suma dos 96 escanos do PSOE máis os 14 votos do PSC.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial de información sobre o proceso electoral Arquivado 19 de outubro de 2011 en Wayback Machine.