Eleanor Marx

activista política socialista e autora marxista británica e alemá

Jenny Julia Eleanor Marx, nada en Londres o 16 de xaneiro de 1855, e finada o 31 de marzo de 1898, tamén chamada Eleanor Aveling e coñecida pola súa familia como Tussy, foi unha activista política socialista e autora marxista británica e alemá, filla máis nova de Karl Marx. En marzo de 1898, tras descubrir que Edward Aveling, o seu socio e destacado marxista británico, casara en segredo cunha xove actriz, suicidouse con cianuro aos 43 anos.

Modelo:BiografíaEleanor Marx

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Eleanor Aveling Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoJenny Julia Eleanor
16 de xaneiro de 1855 Editar o valor en Wikidata
Soho, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 1898 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Sydenham, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, veleno Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTomb of Karl Marx (en) Traducir, cemiterio de Highgate
Marx Memorial Library (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeBritánica e alemá
Actividade
Campo de traballoTradutor literario Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactivista social, política, tradutora literaria, sindicalista, tradutora, escritora, sufraxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSocialist League (en) Traducir (1885–1888)
Social Democratic Federation (en) Traducir (1884–1884)
Independent Labour Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
ParellaEdward Aveling (1884–1898)
Prosper-Olivier Lissagaray Editar o valor en Wikidata
PaisKarl Marx Editar o valor en Wikidata  e Jenny von Westphalen Editar o valor en Wikidata
IrmánsJenny Longuet
Laura Marx Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1301795 WikiTree: Marx-476 Find a Grave: 2606 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar
 
Eleanor Marx, debuxo a lapis de Grace Black en 1881

Eleanor Marx, foi a menor dos fillos do filósofo e economista Karl Marx e a escritora e pensadora política Johanna Bertha Julie von Westphalen. Educada na súa casa, chegou a dominar o francés e o alemán ademais do inglés e co paso do tempo converteuse na secretaria do seu pai.

A familia chamouna "Tussy" dende moi nova. Mostrou un interese na política, incluso escribindo a figuras políticas durante a súa infancia.[1] O aforcamento dos "Mártires de Mánchester" cando tiña doce anos, arrepiouna e sentiu simpatía para sempre polos Fenianos.

En casa de Eleanor Marx toda a familia lía obras de historia, filosofía, as obras de Darwin, escritos de Hegel, Rousseau e Fourier, novelas de Balzac e Dickens, a poesía de Goethe. A narración de historias do seu pai tamén inspiraron o seu interese na literatura. Ela prefería a William Shakespeare entre todas as lecturas e podía recitar pasaxes das súas obras á idade de tres anos, espertando así o seu amor polo teatro.[2]

Na súa adolescencia este amor por Shakespeare levou á formación do "Club Dogberry" no que ela, a súa familia e a familia de Clara Collet, recitaban a Shakespeare mentres o seu pai observaba.

Mentres Karl Marx escribía a súa grande obra Das Kapital na casa familiar, a súa filla máis nova actuaba no seu estudo. O pai inventou e narrou unha historia para a súa filla baseada nun antiheroe chamado Hans Röckle. Ela contou que esta foi unha das súas historias favoritas da infancia. A historia é significativa porque ofrecía a Tussy leccións a través da alegoría da crítica de Marx á economía política que estaba a escribir en Das Kapital.[3]

De adulta, Eleanor estivo involucrada na tradución e edición dos volumes de Das Kapital. Tamén editou as conferencias de Marx Valor, Prezo e Beneficio e Traballo Asalariado e Capital, que se baseaban no mesmo material, en libros.

A biógrafa de Eleanor Marx, Rachel Holmes, escribe: "A intimidade da infancia de Tussy con Marx mentres escribía o primeiro volume de Das Kapital proporcionoulle unha profunda base na historia económica, política e social británica. Tussy e Capital creceron xuntos".[4]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar
 
Eleanor Marx (no medio) coas súas dúas irmás Jenny Longuet, Laura Marx, o seu pai Karl Marx e amigo Friedrich Engels (c. 1860).

Ao dezaseis anos, Eleanor Marx empezou a militar activamente en Londres, participando na organización do Congreso da Asociación Internacional de Traballadores e no comité de axuda aos refuxiados da Comuna de París.[2] Converteuse na secretaria do seu pai e acompañouno por todo o mundo a conferencias socialistas. Un ano máis tarde, namorouse de Prosper-Olivier Lissagaray, xornalista e participante da Comuna de París, que fuxira a Londres tras a supresión da Comuna. Karl Marx desaprobaba a relación pola diferenza de idade entre ambos, xa que Lissagaray tiña 34 anos.

En maio de 1873, con 18 anos quixo independizarse e mudouse a Brighton onde traballou de profesora nunha academia de mulleres. Esta situación non durou moito e regresou a Londres en setembro de 1873.[5] Continuou co seu activismo -que non o deixara- e participou nos debates sobre Irlanda, os intentos de formación dun partido socialista independente e a campaña de amnistía para os comuneiros.[2]

En 1876 axudou a Lissagaray a escribir a Historia da Comuna de 1871, e máis tarde traduciuna ao inglés.[6]

A principios de 1880, tivo que coidar dos seus pais anciáns, pero a súa nai morreu en decembro de 1881. A partir de agosto de 1882 tamén coidou ao seu novo sobriño Jean Longuet durante varios meses, aliviando a carga da súa irmá maior, Jenny Longuet, que morreu en xaneiro de 1883 de cancro de vejiga.

Trala morte do seu pai, en 1883, empeza a traballar xunto a Engels para preservar o seu legado, os seus manuscritos e a súa correspondencia. Eleanor Marx e Edward Aveling, supervisados por Friedrich Engels, prepararon a primeira edición en inglés do volume I de Das Kapital, publicado en 1887. Á morte de Engels en 1895, clasificaron e almacenaron xuntos os extensos documentos do seu pai.[7]

Carreira

editar

En 1884, uniuse á Federación Social Demócrata dirixida por Henry Hyndman e foi elixida para entrar na súa executiva, empregando parte do seu tempo en dar conferencias sobre socialismo. Ese mesmo ano chegaría a ser unha dos fundadores da liga Socialista (formación rival da Federación) do mesmo xeito que a súa parella naquel momento, Edward Aveling.[8]

Eleanor Marx colaborou con Engels lendo e discutindo os borradores do libro A orixe da familia, a propiedade privada e o Estado (1884), obra pioneira do feminismo socialista. Posteriormente publicou xunto a Edward Aveling, o seu propio traballo: A cuestión da muller, un punto de vista socialista. Ela defendeu que a loita pola emancipación das mulleres só podía lograrse no socialismo, e que esta é un prerrequisito para aquel.

Liga Socialista

editar
 
Eleanor Marx (centro) con Wilhelm Liebknecht (esquerda) e Edward Aveling (dereita) fotografados en Nova York durante a súa xira por América en 1886.

En 1885, despois dunha amarga polémica, houbo unha división na organización. Eleanor Marx e outras persoas deixaron o SDF, e fundaron a liga Socialista rival.

A escisión tiña dúas causas fundamentais: problemas de personalidade, xa que Hyndman foi acusado de dirixir o SDF de forma ditatorial, e desacordos sobre o tema do internacionalismo.[1] Neste punto Hyndman foi acusado por Marx, entre outros, de tendencias nacionalistas. Por exemplo, opoñiase á idea de Marx de enviar delegados ao Partido dos Traballadores francés calificando a proposta de "manobra familiar", xa que a irmá de Eleanor Marx, Laura, e o seu marido Paul Lafargue eran membros dese partido. Polo tanto, tanto Marx como Aveling convertéronse en membros fundadores da liga Socialista, cuxo membro máis destacado era William Morris.[9]

Outros líderes da liga Socialista foron Ernest Belfort Bax, Sam Mainwaring e Tom Mann, estes dous últimos representantes da clase obreira. Annie Besant tamén era un membro activo. Marx escribía unha columna regular chamada "Rexistro do Movemento Revolucionario Internacional" para o xornal mensual da liga Socialista, Commonweal.

En 1884, Marx coñeceu a Clementina Black, escritora e sindicalista, e involucrouse na Liga de Sindicatos de Mulleres. Ela continuaría apoiando numerosas folgas, incluíndo a folga de Bryant & May de 1888 e a folga dos peiraos de Londres de 1889. Falou cos folguistas de Silvertown nunha reunión aberta en novembro de 1889 xunto coas súas amigas Edith Ellis e Honor Brooke. Axudou a organizar o Sindicato de Traballadores do Gas e escribiu numerosos libros e artigos.

En 1885, axudou a organizar o Congreso Socialista Internacional en París. Ao ano seguinte, percorreu os Estados Unidos xunto con Aveling e o socialista alemán Wilhelm Liebknecht, recadando diñeiro para o Partido Socialdemócrata de Alemaña.[1]

Durante o ano 1886, Marx e Aveling percorreron 35 cidades dos Estados Unidos invitados polo Partido Socialista Laborista. Eleanor Marx falaba sobre a situación no traballo das mulleres obreiras. O movemento sindical estadounidense era un fervedoiro, coincidindo ademais co encarceramento dos mártires de Chicago, que foron fusilados aquel ano.

A xira foi un éxito, pero ao final houbo unhas denuncias contra Aveling, que malgastou parte do diñeiro do Partido Socialista Laborista en gastos superfluos.

A finais do decenio de 1880, a liga Socialista estaba profundamente dividida entre os que avogaban pola acción política e os seus opoñentes, que á súa vez estaban divididos entre aqueles que, como William Morris, consideraban que as campañas parlamentarias representaban compromisos e corrupcións inevitables, e unha á anarquista que se opuña por principio a toda política electoral. Marx e Aveling, como firmes defensores do principio da participación nas campañas políticas, atopáronse nunha incómoda minoría no partido. Na 4.ª Conferencia Anual da liga Socialista a rama de Bloomsbury, á que pertencían Marx e Aveling, propuxo que se convocase unha reunión de todos os organismos socialistas para discutir a formación dunha organización unida. Esta resolución foi rexeitada por unha marxe substancial, do mesmo xeito que outra presentada pola mesma rama en apoio da disputa de escanos nas eleccións locais e parlamentarias. Ademais, a liga Socialista suspendeu nesta ocasión aos 80 membros da rama de Bloomsbury, alegando que o grupo presentara candidatos conxuntamente co SDF, en contra da política do partido. A rama de Bloomsbury saíu así da liga Socialista para unha nova, aínda que breve, existencia independente como a Sociedade Socialista de Bloomsbury.[10]

Domingo Sanguento (Londres)

editar

Xunto con moitos outros socialistas líderes, Eleanor Marx tomou un papel activo na organización da manifestación de Londres do 13 de novembro de 1887 que resultou na supresión do Domingo Sanguento (1887).[11] Houbo outras manifestacións despois, con Marx instando á liña radical. Despois do Domingo Sanguento, escribiu un informe sobre o tratamento brutal de mulleres activistas e manifestantes a mans da policía, condenando as súas accións de atacar ás mulleres.[12]

En 1893, Keir Hardie fundou o Partido Laborista Independente (ILP). Marx asistiu á conferencia de fundación como observadora, mentres que Aveling era un delegado. O seu obxectivo de cambiar as posicións do ILP cara ao marxismo fracasou, con todo, xa que o partido permaneceu baixo unha forte influencia socialista cristiá. En 1897, Marx e Aveling reincorporáronse á Federación Socialdemócrata, como a maioría dos antigos membros da liga Socialista.[9]

Traballos de tradución

editar

Tras ser admitida na Sala de Lectura do Museo Británico, Eleanor Marx comezou a traballar como tradutora remunerada a finais de 1870. Pasou moitos días tomando información e traballando nas súas traducións.[13] A finais de 1880, realizou a primeira tradución ao inglés de Madame Bovary de Gustave Flaubert.[4]Tamén traduciu ao alemán Reuben Sachs de Amy Levy. Estivo involucrada como tradutora ou editora en 14 obras coñecidas.[1]

Participación no teatro

editar

Na década de 1880, Eleanor Marx interesouse máis polo teatro e adicouse á actuación. Era unha gran defensora das obras de Henrik Ibsen e cría que o teatro podía desempeñar un papel importante no rexeitamento dos puntos de vista tradicionais do amor e o matrimonio e como medio para propagar o socialismo. En 1886, realizou unha lectura innovadora, aínda que críticamente infrutuosa, de Casa de bonecas de Henrik Ibsen en Londres, con ela mesma como Nora Helmer, Aveling como Torvald Helmer e George Bernard Shaw como Krogstad.[1][14]

Aprendeu expresamente o noruegués para traducir as obras de Ibsen ao inglés, e en 1888, foi a primeira en traducir An Enemy of Society. Dous anos despois, a obra foi revisada e rebautizada "Un inimigo do pobo" por William Archer. Marx tamén traduciu A dama do mar de Ibsen en 1890.[13]

 
Placa azul na casa de Eleanor Marx en 7 Jew's Walk, Sydenham.

En 1898, Eleanor descubriu que Edward Aveling, enfermo e con quen seguía comprometida, casara en segredo cunha xove actriz. A enfermidade de Aveling parecíalle terminal, e Eleanor estaba profundamente deprimida pola falta de fe do home que amaba.

O 31 de marzo de 1898, Eleanor enviou á súa doncela ao farmacéutico local cunha nota na que asinou as iniciais do home que o químico coñecía como "Dr. Aveling", pedindo cloroformo (algunhas fontes din "padiorium") e unha pequena cantidade de cianuro de hidróxeno (entón chamado "ácido prúsico") para o seu can.[15][16] Ao recibir o paquete, Eleanor asinou un recibo polos velenos e enviou á doncela ás farmacias para que devolvese o talonario de recibos. Eleanor logo retirouse á súa habitación, escribiu dúas breves notas de suicidio, espiuse, meteuse na cama e tragouse o veleno.[17]

A doncela, cando regresou, descubriu a Eleanor na cama, sen apenas respirar. Chamou a un médico, pero Eleanor morrera cando el chegou. Tiña 43 anos. Un exame post mortem determinou que a causa da morte foi veleno.[17] A investigación posterior dun forense emitiu un veredicto de "suicidio mentres estaba nun estado de tolemia temporal", aclarando a Aveling de irregularidades criminais, pero foi amplamente vilipendiado en toda a comunidade socialista por causar que Eleanor quitásese a vida.[16]

O 5 de abril de 1898 celebrouse un funeral nunha sala da estación de tren London Necropolis en Waterloo, ao que asistiu unha gran multitude de doentes. Os discursos estiveron a cargo de Aveling, Robert Banner, Eduard Bernstein, Pete Curran, Henry Hyndman e Will Thorne. Despois do memorial, o corpo de Eleanor Marx foi trasladado por ferrocarril a Woking e foi incinerado.[18] Unha urna que contiña as súas cinzas foi posteriormente mantida a salvo por unha sucesión de organizacións de esquerda, incluída a Federación Socialdemócrata, o Partido Socialista Británico e o Partido Comunista de Gran Bretaña, antes de finalmente ser enterrada xunto aos restos de Karl Marx e outros membros da familia na tumba de Karl Marx no cemiterio de Highgate en Londres en 1956.[19]

O 9 de setembro de 2008 colocouse unha placa azul do Patrimonio Inglés na casa de 7 Jewish Walk, Sydenham, ao sueste de Londres, onde Eleanor pasou os últimos anos da súa vida.[20]

O 5 de setembro de 2020 estreouse a película biográfica Miss Marx dirixida por Susanna Nicchiarelli e protagonizada por Romola Garai sobre a vida de Elenor no Festival de Cine de Venecia.

Publicacións

editar

Libros

editar
  • The Factory Hell. With Edward Aveling. London: Socialist League Office, 1885.
  • The Woman Question. With Edward Aveling. London: Swan Sonnenschein & Co., 1886.
  • Shelley's Socialism: Two Lectures. London: privately printed, 1888.
  • Israel Zangwill / Eleanor Marx: "A doll's house" repaired. London (Reprinted from: "Time", March 1891).
  • The Working Class Movement in America. With Edward Aveling. London: Swan Sonnenschein & Co., 1891.
  • The Working Class Movement in England: A Brief Historical Sketch Originally Written for the "Voles lexicon" Edited by Emmanuel Wurm. London: Twentieth Century Press, 1896.

Traducións

editar
  • Edward Bernstein, Ferdinand Lassalle as a Social Reformer. London: Swan Sonnenschein & Co. 1893.
  • George Plechanoff, Anarchism and Socialism. Twentieth Century Press, London 1895
  • Gustave Flaubert, Madame Bovary: Provincial Manners. Vizetelly & Co., London 1886
  • Gustave Flaubert, Salammbô. London 1862
  • Henrik Ibsen, An Enemy of the People. Walter Scott Publishing Co., London 1888
  • Henrik Ibsen, The Pillars of Society and Other Plays. London: W. Scott, 1888.
  • Henrik Ibsen, The Lady from the Sea. Fisher T. Unwin, London 1890
  • Henrik Ibsen, The Wild Duck: A Drama in Five Acts. W.H. Baker, Boston 1890
  • Prosper-Olivier Lissagaray, History of the Commune of 1871. Reeves / Turner, London 1886

Representación no cine

editar

A súa vida foi retratada na longametraxe Miss Marx (2020) de Susanna Nicchiarelli, interpretada por Romola Garai.[21]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Eleanor Marx". www.marxists.org (en inglés). Consultado o 12 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Martínez, Josefina L. "3. Eleanor Marx, la cuestión de la mujer y el socialismo". ctxt.es | Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2020. 
  3. Holmes, Rachel (2014). Eleanor Marx: A Life. (en inglés). London: Bloomsbury. p. 18-19. 
  4. 4,0 4,1 Holmes, Rachel (2014). Eleanor Marx: A Life. (en inglés). United Kingdom: Bloomsbury Press. p. pp. xii. 
  5. Wheen, Francis (1999). Karl Marx (1st ed.). London: Fourth Estate. p. 352. 
  6. Lissagaray, Prosper-Olivier (2011). L'histoire de la commune de 1871 [History of the Commune of 1871.]. Traducido ao inglés por E. M Aveling Marx. British Library Historical Print Editions. 
  7. Marx, Karl (1887). Capital: A Critical Analysis of Capitalist Production. (en inglés). Swan Sonnenschein, Lowrey, & Co, London. 
  8. Feuer, Lewis S. (Novembro de 1962). "Marxian Tragedies: A Death in the Family". Encounter magazine: 23–32. 
  9. 9,0 9,1 "Eleanor Marx | Workers' Liberty". www.workersliberty.org. Consultado o 12 de outubro de 2020. 
  10. Kapp, Yvonne. Eleanor Marx, Volume 2: The Crowded Years, 1884–1898. London: Lawrence and Wishart, 1976. Tamén: New York: Pantheon Books, 1976. 
  11. "Eleanor Marx". www.socialistparty.org.uk. Consultado o 12 de outubro de 2020. 
  12. Bernstein, Susan David (2007). "Radical Readers at the British Museum: Eleanor Marx, Clementina Black, Amy Levy" (PDF). NINETEENTH-CENTURY GENDER STUDIES. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de abril de 2018. 
  13. 13,0 13,1 Berstein, Berstein, Susan David (2013). Roomscape: Women Writers in the British Museum from George Eliot to Virginia Woolf. (en inglés). Edinburgh, United Kingdom: Edinburgh University Press. p. pp. 33–73. 
  14. "Eleanor Marx". spartacus.schoolnet.co.uk (en inglés). 19 de febreiro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2004. Consultado o 12 de outubro de 2020. 
  15. Kapp, Eleanor Marx: Volume 2, páx. 696.
  16. 16,0 16,1 "Inside story: 7 Jew's Walk - Telegraph". telegraph.co.uk (en inglés). 14 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 12 de outubre do 2020. 
  17. 17,0 17,1 Kapp, Eleanor Marx: Volume 2, pp. 696–697.
  18. Kapp, Eleanor Marx: Volume 2, pp. 702–703.
  19. Kapp, Eleanor Marx: Volume 2, pp. 703–704.
  20. "English Heritage". english-heritage.org.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 2021-09-25. 
  21. "Miss Marx (2020) - IMDb". IMDb. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar