El Hormiguero
El Hormiguero é un programa de televisión español con espectadores en directo que se centra na comedia, a ciencia e a actualidade. Comezouse a emitir en setembro do 2006 nas tardes do domingo; na actualidade emítese de luns a xoves á noite e os sábados (programa resumo dos mellores momentos). Está presentado e dirixido por Pablo Motos e emítese en Antena 3 (anteriormente en Cuatro), unha canle de televisión española. O programa conta coas colaboracións de Luis Piedrahita(sección de monólogos), Raquel Martos (sección Pillería si, Delincuencia non adicada ó aforro e sección Vaise liar parda sobre a guerra de sexos), Flipy O Científico Tolo (sección de ciencia), Juan e Damián (sección O quiosco), Jandro (sección Experto en...), Marron (seccións Efecto mariposa e Supervivencia) e as marionetas formiga Trancas e Barrancas. Tivo un grande éxito cun índice de audiencia alto, e ampliouse ligando un programa dominical de 120 minutos e un programa diario (de luns a venres) de 40 minutos na súa terceira tempada, que comezou o 17 de setembro do 2007[1][2].
El Hormiguero | |
---|---|
Producido por | 7 y acción |
Presentado por | Pablo Motos |
Día(s) de emisión | De luns a xoves |
Horario de emisión | 21:55 |
Localización(s) | Madrid |
Cadea | Cuatro (2006-2011) Antena 3 (2011-presente) |
Nº de temporadas | 16 |
Nº de episodios | 2350 |
Na rede
| |
http://www.antena3.com/programas/el-hormiguero/ | |
El Hormiguero bateu o seu récord de audiencia o 21 de abril de 2009 coa visita de Hannah Montana, ao ser visto por 2 833 000 espectadores, o que lle reportou unha cota de pantalla do 16,2%[3]. O récord anterior databa do 12 de marzo de 2008, día no que o programa contou coa presenza de David Batista, antigo Campión Mundial de Pesos Pesados, da WWE, alcanzando os 2 731 000 espectadores e un share máximo do 14.6%[4].
Colaboradores
editarColaboradores actuais
editar- Trancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Juan Ibáñez Pérez. Propón ao convidado diferentes xogos.
- Barrancas: É unha das formigas. Presenta o programa xunto con Pablo Motos e as súas compañeiras Trancas e Petancas. Ponlle voz e movemento Damián Mollá. El e Trancas fan diversas preguntas ao convidado e propóñenlle xogos.
- Petancas: É unha das formigas. Sal de vez en cando no programa xunto con Barrancas e Pablo Motos.
- Marrón: Realiza a sección de ciencia, antes dirixida por Flipy, e as películas ou series convertidas en musicais. Ao inicio das súas aparicións, sempre realizaba un curioso baile acompañado por Pablo Motos, pero xa non o fai. Antes realizaba as seccións "Maestro empanado", "Efecto mariposa", "Supervivencia", "Toma buena" e "Medicina show".
- Jandro: É "El experto en todo". Preciase de ser o experto na materia da que trate a ocupación do convidado e proponlle ideas descabeladas en forma de obxectos extravagantes e estraños sen ningún sentido. Sempre di ser o maior fan do convidado. Tamén fai de vez en cando maxia, e ten unha sección mensual con Yunque. Ademais facía cámaras ocultas a nenos.
- Juan Ibáñez Pérez: Dirixe en colaboración con Damián Mollá. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Trancas e a Petancas.
- Damián Mollá: Dirixe en colaboración con Juan Ibáñez Pérez. Actualmente fai a sección "Guía de supervivencia para parejas". Pon voz e movemento a Barrancas.
- Luis Piedrahíta: Presenta a sección "Timadores al descubierto" e "¿A quién va usted a creer?". Tamén fai trucos de maxia.
- Yunque: Ten unha sección mensual con Jandro na que fan maxia.
- Marta Hazas: Presenta a sección Idehazas.
- Sergio Fernández Meléndez El Monaguillo: Presenta a sección Ingenio Japonés.[5] Tras varios intentos,[6] finalmente consegue que o 27 de xuño de 2017 o renove durante unha tempada.[7]
- Ana Morgade: Presenta a sección Lo último de Internet.
- Pilar Rubio: Presenta a sección Los retos de Pilar.
- Dani Rovira: Presenta a sección Amores perrunos.
- Manuel Sarriá: Presenta a sección La ruleta loca. Anteriormente facíao con Las cajas de Manolo.
- Yibing Cao: Presenta a sección Descubriendo China.[8] e presenta as curiosidades máis raras da República Popular China.[9] Substitúe a Anna Simon, tras a súa ausencia debido a súa apertada axenda, pero ao final gañouse un oco no programa.[10]
- Ernesto Sevilla: Presenta unha sección na que fala dalgún tema. Anteriormente facíao con A mi manera.
- Cristina Pardo: Presenta a sección Podría ser peor.[11]
- Nuria Roca: Presenta a sección Nuria on the rocks.
- Jesús Manzano: Colabora na sección "¿A quién va usted a creer?" xunto a un amigo, Luis Piedrahíta. Anteriormente presentaba monólogos.
- Carlos Latre: Presenta a sección El teléfono escacharrado con imitaciones.
- Dani Fontecha: Presenta a sección Don Rogelio. Anteriormente presentaba monólogos.
- Cristina Pedroche: Presenta a sección Patentes Pedroche. Anteriormente facíao con Cristina, Pedroche y acción.
- Antonio Resines: Presenta a sección El juez Resines.
- Sergio González "Suko": Presenta a sección El espía tecnológico onde demostra que Internet coñece todos os nosos datos do que os móbiles nos espían.
Antigos colaboradores
editar- Flipy: Realizou a sección da ciencia todos os lunes a xoves ata 2010. O antigo científico tolo que protagonizaba a sección de ciencia do programa. Era un dos colaboradores principais e facía experimentos a diario, ás veces moi complicados, coa axuda de Pablo e os convidados da noite. De vez en cando disfrazábase de muller e actuaba baixo o nome de "Flipa", no papel da súa irmá. Flipa facía o mesmo que Flipy, aínda que sempre se entusiasmaba cos convidados guapos que pasaban polo programa. Levaba unha carpeta recuberta con fotos de famosos. Actualmente, Flipy marchou do programa, abandonando a estes dous personaxes, e Marron sustituíuno.
- Toño Tejerina (Toño): El Diablo sobre Ruedas", antigo monologuista. Cos seus monólogos demostraba que, incluso nun estado de mobilidade reducida, xamais perde o soriso e o sentido do humor.
- Raquel Martos: Realizaba seccións como Se va a liar parda o Hashtag luego entre outras.
- Carlos Jean: Realizaba a sección musical El plan B.
- David Rubio: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
- Elsa Punset: Impartía leccións de como ser feliz.
- Silvia Abril: Facía a sección de cociña.
- Sergi Mas: Recopilaba as novas máis curiosas da prensa.
- Anna Simon: Realizaba as seccións Las formas más originales de... y Juega en casa.
- Los Chunguitos: Realizaban a sección Chunguicine onde comentaban as últimas estreas de cine.
- El Hombre de Negro: Colaboraba na preparación ou execución de experimentos na sección de ciencia. A partir da cuarta tempda realiza a sección Arte a lo bestia. Coñecido por ser moi sinestro, frío e calado e vestir sempre gabardina negra, botas e lentes de sol, evocando a estética de personaxes da saga fílmica Matrix. Obxecto de admiración das formigas, pero á vez de burla, ás cales ás veces contan chistes sobre el. Irmán de Juan Ibáñez Pérez. En marzo de 2017 abandonou o programa.[12]
- Mario Vaquerizo: representante, escritor, cantante e colaborador de radio e televisión. Casado con Alaska.
- Agustín Jiménez: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
- Mónica Cruz: Participou como colaboradora na 12ª temporada do programa.[13][14] A súa sección chamábase Mónica cool onde ensinaba como sobrevivir ás últimas tendencias.[11]
- C.J.: Foi unha formiga, filla de Trancas. Presentou o programa xunto con Pablo Motos, Trancas e as súas compañeiras Barrancas e Petancas. Tratábase do fillo de Trancas. Foi característico pola súa unicella, a súa divertida maneira de interromper a Pablo ademais do seu costume de golpear a cabeza coa mesa cando se poñía nervioso.
- Emilio Aragón: Presentaba a sección Covers, na que facía versións sorprendentes de cancións de todos os tempos.
- Mario Alonso Puig: Médico especialista en cirurxía xeral e do aparato dixestivo. Axudaba a entender mellor o corpo humano por dentro.
- Carles Torrecilla: Profesor de economía da ESADE. Axudaba a entender mellor a economía.
- Patricia Montero: Presentaba a sección La última superviviente, na que daba claves para superar situacións límite.
- Markus Oberhauser: Como o reporteiro alemán Wolfgang Maier, realizou a sección El español del año e diversas entrevistas a pé de rúa.
- Javier Botet: Actor que interpretaba á criatura Gresky.
- Rubén Prieto: Presentaba a sección El gallego sin miedo.
- Los swingvergüenzas (guionistas do programa).
- Karlos Arguiñano: Presentaba a sección El teléfono rojo.
- Álex Clavero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos.
- J.J. Vaquero: Guionista que mensualmente presentaba monólogos
- Juan del Val: Guionista de varias seccións do programa. Aparece de maneira esporádica durante as intervencións de Nuria Roca e participa no programa como tertuliano.
- Santiago Segura: Participa no programa como tertuliano. Realizaba seccións como Torrente 5: El casting ou Hay una bronca para ti.
- Jorge Salvador: É o director do programa. Realiza a sección Momentos y anécdotas vividas en El Hormiguero.
Tempadas e programas
editarTempada | Canle | Programas | Estrea | Final | Audiencia media | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Espectadores | Cota | |||||||
1.ª | Cuatro | 35 | 24 de setembro de 2006 | 3 de xuño de 2007 | 1.127.000 | 9,7% | ||
2.ª | 152 | 17 de setembro de 2007 | 9 de xuño de 2008 | 1.747.000 | 9,7% | |||
3.ª | 201 | 1 de setembro de 2008 | 29 de xuño de 2009 | 1.988.000 | 11,0% | |||
4.ª | 169 | 31 de agosto de 2009 | 7 de xullo de 2010 | 1.610.000 | 8,7% | |||
5.ª | 164 | 26 de agosto de 2010 | 30 de xuño de 2011 | 1.517.000 | 8,1% | |||
6.ª | Antena 3 | 166 | 5 de setembro de 2011 | 12 de xullo de 2012 | 2.199.000 | 11,3% | ||
7.ª | 162 | 3 de setembro de 2012 | 4 de xullo de 2013 | 2.254.000 | 11,2% | |||
8.ª | 170 | 2 de setembro de 2013 | 17 de xullo de 2014 | 2.451.000 | 12,8% | |||
9.ª | 164 | 1 de setembro de 2014 | 9 de xullo de 2015 | 2.609.000 | 13,5% | |||
10.ª | 161 | 31 de agosto de 2015 | 11 de xullo de 2016 | 2.887.000 | 15,4% | |||
11.ª | 159 | 5 de setembro de 2016 | 5 de xullo de 2017 | 2.696.000 | 14,8% | |||
12.ª | 161 | 4 de setembro de 2017 | 5 de xullo de 2018 | 2.783.000 | 15,0% | |||
13.ª | 163 | 3 de setembro de 2018 | 3 de xullo de 2019 | 2.561.000 | 14,4% | |||
14.ª | 162 | 2 de setembro de 2019 | 2 de xullo de 2020 | 2.408.000 | 13,9% | |||
15.ª | TBA | 7 de setembro de 2020 | TBA | |||||
Total | 2006 |
Programas máis vistos
editar- 30 de xaneiro de 2017: O programa contou coa primeira aparición pública da cantante Isabel Pantoja, 10 meses despois do seu paso por prisión,[15] conseguindo así o seu máximo histórico de audiencia con 4.783.000 espectadores e un 23,8% de cota de pantalla.[16] A entrevista conseguiu o minuto de ouro do día ás 22:54 horas, con 5.996.000 espectadores e un 30% de cota.[17]
- 1 de decembro de 2011: Momento máis visto da tempada, cos participantes de Tu cara me suena: Angy Fernández, Santiago Segura, Mónica Naranjo e Julio José Iglesias, Jr. cuxa edición chegou a congregar a 4.709.000 espectadores ás 22:22 horas.
- 10 de outubro de 2019: Con Santiago Abascal Conde. Con 4.049.000 espectadores e o 23,5% de cota logra ser o seu terceiro programa máis visto da historia e o segundo coa mellor cota.
- 26 de febreiro de 2018: Con Amaia e Alfred García.
- 29 de novembro de 2010: Con Justin Bieber.
- 21 de abril de 2009: Con Miley Cyrus.
- 9 de novembro de 2009: Con Shakira.
- 24 de febreiro de 2010: Con Mel Gibson no seu programa 500.
- 13 de abril de 2010: Con Selena Gomez.
- 23 de xaneiro de 2013: Con Taylor Swift.
- 16 de novembro de 2015: O programa rebasa por primeira vez os catro millóns de espectadores (4.172.000) coa visita de Bertín Osborne e consegue a terceira mellor marca da súa historia (20,4%).[18]
- 7 de abril de 2015: Consegue ata ese momento o seu récord histórico, coa visita de Isabel Preysler ao programa. O espazo alcanzou 3.855.000 espectadores cun 19,4% de cota de audiencia.[19]
- 24 de marzo de 2015: Obtivo o récord histórico de espectadores (ata ese momento), coa quinta visita de Will Smith ao programa, que esta vez se trasladou a Londres para promocionar a película Focus xunto á actriz Margot Robbie. O espazo logrou 3.697.000 espectadores cun 17,5% de cota de audiencia.[19][20]
- 10 de febreiro de 2015: Bateu o seu récord histórico (ata ese momento), cando tivo como convidado ao presentador dos Goya 2015 e gañador do Goya ao actor revelación, Dani Rovira conseguindo 3.599.000 espectadores e 17,6%,[21][19] quedándose a solo tres décimas do récord de cota de pantalla (17,9%) que tiña Antena 3 ata ese momento con Will Smith e o seu fillo o 24 de xuño de 2013. Xa que Cuatro posuía o máximo absoluto (19,7%),[22] tamén con Will Smith, na estrea da quinta tempada o 26 de agosto de 2010.
- 20 de xaneiro de 2014: Conquistou o seu récord histórico de espectadores con Adriana Ugarte e Peter Vives como convidados, conseguindo 3.560.000 espectadores e un 16,4% de cota de pantalla.[23][24] Foi a emisión na que se logrou o maior número de espectadores da historia do programa ata finais de 2014.[23][24][19]
- 11 de outubro de 2019: Con Santiago Abascal Conde (4.049.000 espectadores e 23,5% de cota de pantalla), conseguindo o minuto de ouro ás 22:49 horas
- 26 de agosto de 2010: Con Will Smith e Jackie Chan batiron récord histórico de audiencia (2.442.000 espectadores e 19,7% de cota de pantalla), conseguindo o minuto de ouro ás 22:42 horas (3.496.000 espectadores e 26,5%).
- 16 de decembro de 2014: O programa con Frank Cuesta como convidado, situose como o segundo programa máis visto con 3.434.000 espectadores (16,6%).[25]
- 31 de agosto de 2015: Estreouse a décima tempada de El hormiguero e conseguiu o máximo histórico de cota de audiencia do programa, coa visita de Alejandro Sanz, reunindo ao 20,5% do público que vía a televisión, o que se traduciu en 3.326.000 espectadores.[26]
- 16 de novembro de 2011: Con Justin Bieber obtivo 3.308.000 espectadores e unha cota de 16,3%.[19]
- 19 de decembro de 2013: Con Iker Casillas ti 3.200.000 espectadores e unha cota de 16,1%.[19]
- 5 de setembro de 2011: Estreouse a sexta tempada con Antonio Banderas como convidado, conseguindo un 17,8% de cota de pantalla con 2.966.000 de espectadores, o que supuxo un récord de espectadores do programa.[27]
- 26 de xaneiro de 2017: Con Miren Ibarguren, María Castro e Daniel Guzmán, tivo unha audiencia de 2.929.000 espectadores.[28]
- 7 de setembro de 2011: Con Blanca Suárez e Mario Casas rexistraron o programa con maior cota da tempada, cun 18,8% de cota e un total de 2.865.000 espectadores.
- 17 de setembro de 2014: Con Pedro Sánchez, conseguindo 2.754.000 espectadores e un 15,5% de cota de pantalla,[29] aumentando 1,5 puntos a cota de audiencia respecto ao mes anterior.[30]
Programas aniversario
editar- Programa 1: 24 de setembro de 2006.
- Programa 100: 7 de xaneiro de 2008.
- Programa 200: 9 de xuño de 2008. Foron Miguel Bosé, Santi Millán e Boris Izaguirre. Coincidía co último programa da segunda tempada.
- Programa 300: 5 de febreiro de 2009. Foi Enrique San Francisco. Emitiron un resumo especial e fixeron unha torta.
- Programa 400: 27 de xuño de 2009. Non se fixo nada especial, xa que era sábado, pero o programa seguinte que era o último da tempada puxeron un resumo dos 400 programas.
- Programa 500: 24 de febreiro de 2010. Foi Mel Gibson. Apareceu o avatar de Pablo Motos, fixeron acrobacias e puxeron 2 resumos (un cos convidados internacionaiss e outro cos mellores momentos).
- Programa 600: 13 de outubro de 2010. Ía ir Elsa Pataky, pero un problema de última hora impidiuno e falaron por teléfono con ela en directo. Foi Peter Coyote. Non fixeron nada especial.
- Programa 700: 7 de abril de 2011. Foron Alex Pettyfer e Teresa Palmer.
- Programa 800: 7 de dicembro de 2011. Convidado: David Bisbal.
- Programa 900: 11 de xullo de 2012 Convidados: Enrique San Francisco e Jorge Sanz.
- No programa 1.000, celebrado o 21 de marzo de 2013, asistiu como invitada Carly Rae Jepsen,[31] no cal prepararon imaxes inéditas, tomas falsas, making-of, etc.[32]
- No programa 2.000, celebrado o 21 de maio de 2019: Con Will Smith.
Atención dos medios
editarO programa conseguiu algo de atención internacional en 2006 por ter a xente camiñando a través dunha piscina rechea dun fluído non newtoniano, unha solución de maicena e auga que foi mesturada nun camión formigoneira. Este experimento foi realizado nun programa de outubro de 2006 e foi repetido cunha nova mestura no episodio especial de Noiteboa debido a súa popularidade.[33] Ademais, en 2011 coñeceuse que o vídeo deste experimento foi empregado para explicar a uns alumnos da Universidade de Harvard o funcionamento da mestura. Ademais, realizouse o experimento por terceira vez.
En 2007, El Hormiguero recibiu numerosos premios, como o Premio Ondas ou o premio ao mellor programa de entretemento infantil.[Cómpre referencia] O programa ten moito éxito entre o público infantil e nos xoves. A súa antiga canle, Cuatro, elixiuno como o mellor programa da súa canle, lamentando gravemente a perda deste.
Polémicas
editarEn 2008 cando aínda conducía o seu espazo en Cuatro e non en Antena 3, Pablo Motos e Marron –un dos seus colaboradores – estaban inaugurando unha sección arriscada en El hormiguero («Supervivencia en casos extremos») e case lles custou un desgusto grave. O presentador e o seu acompañante introducíronse nun caldeiro de cristal que foi enchido de cortiza branca para demostrar como sobrevivir unha avalancha, mais o experimento saíu mal e estiveron a piques de asfixiarse, especialmente Marron, que resultou o máis afectado. De feito, foi el quen, cos seus golpes, pediu que abrisen a caixa para poder saír.
En maio de 2011, Mediaset España anunciou a saida de El hormiguero da grella de Cuatro, ao parecer, por diverxencias económicas entre a produtora 7 y acción e Mediaset España. [Cómpre referencia] Poucos días despois anunciouse a fichaxe do programa por Antena 3 onde se emite desde o 5 de setembro de 2011. A mediados de xuño, nas promocións da canle principal de Atresmedia, e tras sucesivas promocións do programa baixo o lema En ocasiones veo treses, deuse a coñecer o que sería o título do programa na súa etapa por Antena 3: mantendo El hormiguero pasou de ser El hormiguero 2.0 a ser El hormiguero 3.0, en clara referencia ao 3 de Antena 3.
Na edición do programa 25 de outubro de 2011, á que acudía como convidado Dani Martín,[34] este foi protagonista dun truco de maxia cunha guillotina durante o cal se finxía que este salía mal e era decapitado de maneira real. Como parte do montaxe, puídose oír a Pablo Motos, pedir a gritos ao camarógrafo que deixara de gravar xusto antes de saír a publicidade, e ao finalizar esta Motos declarou que houbera un problema e que darían explicacións no próximo programa, terminando así a emisión en nota de alarma. A falsa decapitación de Dani Martín en El hormiguero 3.0 causou un rebumbio na rede,[35] dividíndose os usuarios en dous grupos, os que estaban a favor da broma e os que expresaron a súa indignación polo sucedido. Finalmente, o equipo de El hormiguero 3.0 viuse obrigado a pedir desculpas publicamente por non ter aclarado o sucedido antes de finalizar a retransmisión do programa.[36]
En abril de 2017 o programa tivo unha forte polémica. Con motivo de promocionar a serie de Netflix, Las chicas del cable, o elenco fiminino foi a ser entrevistado. Varios medios criticaron o enfoque e as preguntas que realizaba Motos, incluíndo preguntas como se bailaban reaggeton ou que Ahora las chicas se dividen entre las que saben perrear y las que no.[37]
O 11 de setembro de 2019, El Hormiguero ofreceu un premio curioso ao portador dun billete de 10 euros,[38] converténdose en todo un fenómeno viral.
Notas
editar- ↑ El Hormiguero pasará a ser diario
- ↑ Trancas: "Hace falta que fichemos a una hormiga con un buen culo"
- ↑ Novo récord de audiencia coa visita de Hannah Montana
- ↑ El hormiguero bate su máximo de audiencia con la visita de Batista
- ↑ antena3.com (11 de maio de 2017). "El Monaguillo, a punto de conseguir su renovación en 'El hormiguero 3.0' con los inventos japoneses más ingeniosos". Antena 3 (Madrid). Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ antena3.com (9 de xuño de 2017). "El Monaguillo no consigue su ansiada renovación pese a la ayuda de Shakira". Antena 3 (Madrid). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ antena3.com (27 de xuño de 2017). "Pablo Motos ya ha decidido si El Monaguillo renueva o no en 'El hormiguero 3.0'". Antena 3 (Madrid). Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ diezmiuntos.es (24 de xaneiro de 2017). "Conoce a Yibing, la nueva colaboradora de 'El hormiguero'". Diez minutos. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ Redacción (16 de xaneiro de 2017). "De Usun Yoon a Yibing, la nueva colaboradora de 'El Hormiguero'". Ver tele!. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ "¿Es Yibing la sustituta de Anna Simon? 'El hormiguero' responde". Ver tele!. 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ 11,0 11,1 Redacción (31 de agosto de 2017). "'El hormiguero': Cristina Pardo, Miguel Ángel Revilla y Joaquín Sánchez, nuevos fichajes de la temporada". Formula TV. Consultado o 1 de setembro de 2017.
- ↑ Televisión (2 de marzo de 2017). "El Hombre de Negro abandona ‘El hormiguero’". La Vanguardia. Consultado o 11 de setembro de 2017.
- ↑ "Mónica Cruz, fichaje estrella de la nueva temporada de 'El hormiguero' en Antena 3". OK Diario. Yotele. 28 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ Merenciano, Carlos (29 de agosto de 2017). "Mónica Cruz ficha como colaboradora de la nueva temporada de 'El hormiguero'". Formula TV. Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ Costas, Nayín (30 de xaneiro de 2017). "Isabel Pantoja en 'El hormiguero': prisión, miedos, amor, bailes, pullas y emoción". Vanitatis (Madrid). Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ EFE (31 de xaneiro de 2017). "La entrevista de Isabel Pantoja en "El hormiguero", lo más visto de 2017". Deia, noticias de Bizkaia. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ "Motos, récord de audiencia con su 'masaje' a la Pantoja". El Plural, periódico digital progresista. 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ Migelez, Xabier (17 de novembro de 2015). "Bertín Osborne, la sorpresa de la temporada, da la campanada en 'El hormiguero'". FórmulaTV. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Redacción (8 de abril de 2015). "'El hormiguero' (19,4%) marca récord histórico con la visita de Isabel Preysler". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ Bolaños, Salvador (25 de marzo de 2015). "'El hormiguero' bate su récord histórico de espectadores con Will Smith y Margot Robbie en Londres". FórmulaTV. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ Migelez, Xabier (11 de febreiro de 2015). "'En tierra hostil' bate récord (20,9%) frente a 'Levántate' (21,1%) que llega con gran éxito a Telecinco". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ Cuatro mantiene el récord de audiencia (19,7%) desde 2010
- ↑ 23,0 23,1 Migelez, Xabier (21 de xaneiro de 2014). "'El tiempo entre costuras' (27,8%) pone el broche de oro a una exitosa trayectoria con récord de audiencia". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ 24,0 24,1 "‘El hormiguero’ cierra 2014 con la mejor audiencia de su historia". Teleaudiencias: La enciclopedia televisiva. 22 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ López, Tony (17 de decembro de 2014). "'Velvet' marca récord de temporada con un espectacular 24,2% antes de su parón navideño". FórmulaTV. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ Morales, Víctor (1 de setembro de 2015). "'El hormiguero' vive su mejor estreno de temporada y anota récord de cuota de pantalla (20,5%) con Alejandro Sanz". FórmulaTV. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ Fernández, Juan Manuel (6 de setembro de 2011). "Pablo Motos responde a Vasile con un dato 'indecente' del 17,8%". Vanitatis. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ "En el punto de mira logra récord de cuota de audiencia en la noche de Cuatro". Ver tele! (España). 27 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ "'El hormiguero' bate récord de audiencia con Pedro Sánchez". El diario. 18 de setembro de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ Redondo, David (18 de setembro de 2014). "Pedro Sánchez sube la audiencia de 'El hormiguero'". Cadena SER. Consultado o 28 de xuño de 2017.
- ↑ "El hormiguero cumple 1000 programas". Antena 3 (Madrid). Atresmedia. 19 de marzo de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ "Pablo Motos, fiesta entre amigos por el programa 1.000 de “El hormiguero 3.0”". Semana. 21 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ "¡Caminaron sobre el agua! (video)". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ "Sección de invitados al hormiguero 3.0 en la web de Antena 3".
- ↑ "Noticia acerca de la polémica en la edición digital de la Vanguardia".
- ↑ "La cabeza de Dani Martín zanjó la polémica en El hormiguero". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2020.
- ↑ "Han venido a ser insultadas a ‘El hormiguero’…". elpais.com. 28 de abril de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
- ↑ "El billete de 10 euros de 'El Hormiguero' ahora vale 6.000 euros". Diario de Sevilla (en castelán). 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)