Eduardo VI de Inglaterra
Eduardo VI de Inglaterra (en inglés Edward VI of England) nado o 12 de outubro de 1537 en Hampton Court e finado o 6 de xullo de 1553 no palacio de Placentia (Greenwich) foi Rei de Inglaterra e de Irlanda desde o 28 de xaneiro de 1547 ata o día da súa morte. Eduardo foi coroado o 20 de febreiro de 1547 cando tan só tiña nove anos.[1]
Eduardo, o terceiro monarca da dinastía Tudor, foi o primeiro gobernante inglés protestante, aínda que foi o seu pai Henrique VIII o que rompeu as relacións entre a Igrexa de Inglaterra e a Igrexa católica romana.
Foi durante o reinado de Eduardo cando a Igrexa de Inglaterra iniciou o seu proceso de transformación cara a unha forma moderada de protestantismo que se coñecería en diante como anglicanismo.
Primeiros anos
editarEduardo naceu en Hampton Court, o 12 de outubro de 1537, sendo o único fillo home sobrevivente do rei Henrique VIII de Inglaterra e da súa terceira esposa, Xoana Seymour, a cal morreu doce días logo de dar a luz por mor de febres puerperais, o 24 de outubro de 1537. O 25 de febreiro de 1547 foi nomeado duque de Cornualla; con todo, nunca foi nomeado príncipe de Gales.
Henrique VIII estivo encantado co nacemento dun fillo home xa que previamente tivera dúas esposas, Catarina de Aragón e Ana Bolena, ás que rexeitou por ser incapaces de darlle un fillo home. Ambos os matrimonios foron anulados; Ana Bolena foi, ademais, executada. As fillas destes matrimonios -María, filla de Catarina e Isabel, filla de Ana- foron declaradas ilexítimas, aínda que a última esposa de Henrique VIII conseguiu que se reconciliase con estas e as incluíse na liña sucesoria, logo de Eduardo.
Eduardo foi un neno extremadamente enfermizo. Crese que sufría dunha forma conxénita de sífilis ou de tuberculose. A súa fraxilidade fixo que Henrique VIII se volvera casar; fíxoo tres veces máis pero non tivo ningún fillo.
As dificultades físicas do príncipe non impediron que recibise unha boa educación. Eduardo era un neno brillante, capaz de falar latín aos sete anos. Aprendeu alemán e grego; aos trece anos traducía libros neste último idioma. Eduardo e a súa sobriña segunda Xoana Grey estiveron profundamente unidos.
Inicio do reinado
editarHenrique VIII morreu o 28 de xaneiro de 1547 deixando nomeados a 16 titores, que actuarian como un consello de rexencia ata que Eduardo alcanzara a idade de 18 anos. Ademais estes titores eran auxiliados por 12 asistentes. Estes titores eran todos inclinados á Reforma relixiosa. O Consello inmediatamente apuntou o tío materno de Eduardo, Eduardo Seymour (o Conde de Hertford) como Lord Protector (ou Lord Protector of the Realm and Governor of the King's Person) durante a menoria de idade de Eduardo. Pouco antes da morte de Henrique VIII, Seymour fora nombrado como Duque de Somerset.
Eduardo foi coroado en 20 de febreiro de 1547 na Abadía de Westminster. O día 13 de marzo do mesmo ano, Eduardo VI creou un novo Consello con 26 membros, conservando todos os titores e asistentes anteriores con excepción de Thomas Wriothesley, Primeiro Conde de Southampton (que quedou como Lord Chanceler) e Edward Seymour, Primeiro Duque de Somerset (que quedou como Lord Protector). O Duque de Somerset deixou de ser considerado “un entre iguais“; pola contra, permitíuselle actuar sen o consentimento do consello convertendose na persoa que realmente rexía (de feito) os destinos de Inglaterra; mentres que a Eduardo déuselle un papel soamente cerimonial.
Unha das primeiras accións do duque foi a de romper unha alianza existente entre Inglaterra e Escocia. A finais de 1547, as tropas inglesas entraron en Escocia. En 1548 o matrimonio de María, filla do rei Xacobe V, co rei Francisco fortaleceu a alianza entre Escocia e Francia.
O Duque de Somerset non podía enfrontarse á unión entre Francia e Escocia e a súa propia posición parecía insegura. O seu irmán, Thomas Seymour, intentou derrocalo. A conspiración fallou e Thomas Seymour foi executado o 20 de marzo de 1549. Ese mesmo ano, Francia declarou a guerra a Inglaterra. A popularidade do duque caeu e foi substituído por John Dudley, conde de Warwick. Lord Warwick non se nomeou “Lord Protector“ e declarou en cambio a maioría de idade de Eduardo aos 16 anos. En 1550, lord Warwick conseguiu a paz con Francia, entregando os territorios ocupados en Escocia como compensación.
Lord Warwick
editarA chegada de Warwick coincidiu co declive do catolicismo romano en Inglaterra. Todas as edicións da Biblia estaban acompañadas de anotacións protestantes (especialmente presbiterianas). Elimináronse todas as imaxes e símbolos católico romanos das igrexas. Os disidentes relixiosos (católico romanos, anabaptistas e heterodoxos) foron encarcerados e queimados na fogueira.
Lord Warwick quería aumentar o seu prestixio, para iso, conseguiu que Eduardo o nomease duque de Northumberland. Warwick iniciaba así unha campaña para desacreditar ao anterior Lord Protector, o duque de Somerset.
Informouse aos habitantes de Londres de que o duque de Somerset pretendía destruír a cidade; a Eduardo explicóuselle que o seu antigo titor quería derrocalo, encarceralo e facerse co trono. En 1551 o duque de Somerset foi xulgado por traizón; foi condenado á morte e executado en xaneiro de 1552.
Últimos anos
editarEduardo, que en 1553 estaba morrendo, no entanto foi capaz de fixar a súa propia sucesión. Habéndose criado como protestante non desexaba que lle sucedese a súa irmá María (abertamente católica).
Ao mesmo tempo, o duque de Northumberland intentou reter o seu poder. As dúas primeiras na liña de sucesión, María e Isabel, non servían para os seus propósitos.
Así que fixou a súa atención en Frances Brandon, sobriña de Henrique VIII. Frances renunciou aos seus dereitos a favor da súa filla, Xoana Grey. O duque, desexoso de manter o seu poder, pactou un matrimonio entre Xoana e un dos seus fillos.
Estableceuse unha nova liña de sucesión. En principio, excluiose a María, Isabel e Xoana xa que se consideraba que unha muller non podía rexer Inglaterra. Esta decisión non agradou a Northumberland que conseguiu cambiala. A coroa pasaría a mans de Xoana Grey. María e Isabel quedaban excluídas xa que, oficialmente, eran fillas ilexítimas.
Morte
editarEduardo morreu de tuberculose no Palacio de Greenwich, o 6 de xullo de 1553, aos 15 anos de idade, sendo sepultado na Abadía de Westminster. A súa morte mantívose en segredo durante uns días para poder preparar a subida ao trono de Xoana. As autoridades xuraron a súa fidelidade á nova raíña o día 10 de xullo. Con todo, o pobo non se mostrou satisfeito coa súa nova gobernante. O 19 de xullo, María I de Inglaterra entrou en Londres; Xoana viuse obrigada a entregar a coroa. A coroación de Xoana foi revogada ao considerase que foi froito dun acto realizado baixo coacción; a súa sucesión considerouse ilegal.
O Duque de Northumberland foi executado mentres que, en principio, perdoouse a Xoana. Tras a rebelión de Thomas Wyatt en 1554, Xoana foi executada.
Legado
editarLogo da morte de Eduardo aos 15 anos, levantáronse rumores de que o rei aínda seguía vivo. Apareceron numerosos impostores que intentaron suplantar a identidade do defunto Eduardo.
Estas suplantacións continuaron durante o reinado de María e o de Isabel. Ata o autor Mark Twain representou estas suplantaciones na súa novela The Prince and the Pauper (O príncipe e o esmoleiro (en galego)) (1882) na que Eduardo VI e un mozo de baixa clase social intercambian a súa identidade.
Predecesor: Henrique VIII |
Rei de Inglaterra e Irlanda 1547 - 1553 |
Sucesor: Lady Xoana Grey |
Notas
editar- ↑ Henrique VIII substituíra o título de "Lord of Ireland" polo de "Rei de Irlanda", en 1541; Eduardo tamén mantivo a reivindicación inglesa ao trono de Francia, pero non se pronunciou contra Francia. Véxase Scarisbrick 1971, pp. 548–49, and Lydon 1998, p. 119.
- ↑ Foister 2006, p. 100
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo VI de Inglaterra |
Bibliografía
editar- Alford, Stephen (2002). Kingship and Politics in the Reign of Edward VI. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-03971-1.
- Aston, Margaret (1993). The King's Bedpost: Reformation and Iconography in a Tudor Group Portrait. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-48457-X.
- Brigden, Susan (2000). New Worlds, Lost Worlds: The Rule of the Tudors, 1485–1603. Londres: Allen Lane/Penguin. ISBN 0-7139-9067-8.
- Davis, Catharine (2002). A Religion of the Word: The Defence of the Reformation in the Reign of Edward VI. Manchester: Manchester University Press. ISBN 978-0-7190-5730-4.
- Dickens, A. G. (1967). The English Reformation. Londres: Fontana. ISBN 0-00-686115-6.
- Elton, G. R. (1962). England Under the Tudors. Londres: Methuen. OCLC 154186398.
- Elton, G. R. (1977). Reform and Reformation. Londres: Edward Arnold. ISBN 0-7131-5953-7.
- Erickson, Carolly (1978). Bloody Mary. New York: Doubleday. ISBN 0-385-11663-2.
- Foister, Susan (2006). Holbein in England. Londres: Tate Publishing. ISBN 1-85437-645-4.
- Guy, John (1988). Tudor England. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-285213-2.
- Haigh, Christopher (1993). English Reformations: Religion, Politics and Society Under the Tudors. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-822162-3.
- Hearn, Karen (1995). Dynasties: Painting in Tudor and Jacobean England 1530–1630. New York: Rizzoli. ISBN 0-8478-1940-X.
- Hoak, Dale (1980). "Rehabilitating the Duke of Northumberland: Politics and Political Control, 1549–53". En Loach, Jennifer; Tittler, Robert. The Mid-Tudor Polity c. 1540–1560. Londres: Macmillan. pp. 29–51. ISBN 0-333-24528-8.
- Ives, Eric (2009). Lady Jane Grey. A Tudor Mystery. Chichester, West Sussex: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-4051-9413-6.
- Jordan, W. K. (1966). The Chronicle and Political Papers of King Edward VI. Londres: George Allen & Unwin.
- Jordan, W. K. (1970). Edward VI: The Threshold of Power. The Dominance of the Duke of Northumberland. Londres: George Allen & Unwin. ISBN 0-04-942083-6.
- Jordan, W. K. (1968). Edward VI: The Young King. The Protectorship of the Duke of Somerset. Londres: George Allen & Unwin. OCLC 40403.
- Loach, Jennifer (1999). Bernard, George; Williams, Penry, eds. Edward VI. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 0-300-07992-3.
- Loades, David (2004). Intrigue and Treason: The Tudor Court, 1547–1558. Londres: Pearson Longman. ISBN 0-582-77226-5.
- Loades, David (1996). John Dudley Duke of Northumberland 1504–1553. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-820193-1.
- Lydon, James (1998). The Making of Ireland: A History. Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-01347-5.
- MacCulloch, Diarmaid (2002). The Boy King: Edward VI and the Protestant Reformation. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-23402-2.
- MacCulloch, Diarmaid (1996). Thomas Cranmer. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 0-300-07448-4.
- Mackie, J. D. (1952). The Earlier Tudors, 1485–1558. Oxford: Clarendon Press. OCLC 186603282.
- Richardson, R. E. (2007). Mistress Blanche, Queen Elizabeth I's Confidante. Logaston Press. ISBN 978-1-904396-86-4.
- Rowlands, John (1985). Holbein: The Paintings of Hans Holbein the Younger. Boston: David R. Godine. ISBN 0-87923-578-0.
- Scarisbrick, J. J. (1971). Henry VIII. Londres: Penguin. ISBN 0-14-021318-X.
- Skidmore, Chris (2007). Edward VI: The Lost King of England. Londres: Weidenfeld & Nicolson. ISBN 978-0-297-84649-9.
- Somerset, Anne (1997). Elizabeth I. Londres: Phoenix. ISBN 1-84212-624-5.
- Starkey, David (2001). Elizabeth. Apprenticeship. Londres: Vintage. ISBN 0-09-928657-2.
- Starkey, David (2004). Six Wives: The Queens of Henry VIII. Londres: Vintage. ISBN 0-09-943724-4.
- Starkey, David (2002). The Reign of Henry VIII. Londres: Vintage. ISBN 0-09-944510-7.
- Strong, Roy (1969). Tudor and Jacobean Portraits. Londres: HMSO. OCLC 71370718.
- Tittler, Robert (1991). The Reign of Mary I. Londres: Longman. ISBN 0-582-06107-5.
- Wormald, Jenny (2001). Mary, Queen of Scots: Politics, Passion and a Kingdom Lost. Londres: Tauris Parke. ISBN 1-86064-588-7.