Eduardo Muíños Búa

mestre e político galego

Eduardo Emilio Muíños Búa, nado en Pontevedra o 26 de novembro de 1892 e finado no mesmo concello o 2 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Modelo:BiografíaEduardo Muíños Búa
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1892 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsIsolina Muíños Búa Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 168

Traxectoria

editar

Fillo de Antonio Muíños Malvar e irmán de Isolina Muíños Búa. Foi redactor de Progreso e correspondente de Diario de Galicia en Pontevedra.[1] Aprobou as oposicións de Maxisterio en 1920 e foi mestre de Millarada en Forcarei (1920-1924), e de Verducido (Xeve) dende 1924. Na República foi militante do Partido Radical, do que se deu de baixa en 1935. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na requisa de armas e municións e foi detido. Estivo preso na illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 20 de novembro con Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado e outros veciños de Xeve, foi condenado a pena de morte.[2] Foi executado o 2 de decembro de 1936 no km 1 da estrada a Campañó con Joaquín Fernández Barcia, Manuel Dios Costado, José Crespo Torres, Manuel Vázquez Cruz, José Gabriel Cespón Pazos, Ángel Cadavid Caamaño, José Prol Figueiro e Manuel Puente Iglesias.

  1. El Progreso, 30-3-1915, p. 3.
  2. El Diario de Pontevedra, 21-11-1936, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar