Rinoceronte Editora
Rinoceronte Editora é unha editorial galega creada en 2005[1] por iniciativa de Moisés Barcia Rodríguez, o tradutor galego da triloxía O Señor dos Aneis, e Penélope Pedreira. Ten a súa sede en Cangas e está especializada na publicación de obras traducidas ao galego.[2] Ademais de Rinoceronte, a empresa tamén conta con outros selos editoriais: Sushi Books (creado en 2013 cun catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro),[3] Morgante Edicións (selo de carácter xeneralista de autores galegos e tamén foráneos),[4] Edicións Barbantesa (proxecto creado en maio de 2010 para acoller as novas voces poéticas galegas),[5] e Esplanadi (selo que recolle obras da literatura finesa).[6] En 2011 presentou tamén o selo Pulp Books, centrado na tradución de autores galegos ao castelán e outras linguas (xaponés, catalán, italiano ou alemán), pero xa non se encontra activo.[7]
Rinoceronte Editora | |
---|---|
Tipo | Sociedade limitada |
Fundación | 2005 |
Localización | Cangas |
Persoas clave | Moisés Barcia |
Industria | Editorial |
Na rede | |
http://rinoceronte.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2020 Rinoceronte puxo a funcionar un dicionario de balde en liña castelán-galego dende a súa páxina web.[8] Nel tamén se recollen sinónimos, fraseoloxía e topónimos.[9]
Traxectoria
editarA editorial aposta no seu catálogo pola tradución ó galego de obras de referencia da literatura universal dende as linguas orixinais en que foron escritas. No seu propósito de dar a coñecer en Galicia a obra de novelistas actuais nutriuse fundamentalmente de textos recentes (best-séllers nalgúns casos) versionados ó galego dende diversas linguas da periferia con respecto a Galicia (entre elas o húngaro, o finés, o islandés[10], o hebreo, o italiano, o inglés e o francés). Así mesmo, foi a primeira editorial en publicar unha tradución directa do xaponés ao galego, coa obra A casa das belas adormentadas, de Yasunari Kawabata[11], levada a cabo por Mona Imai.
Ademais de seleccionar para os lectores galegos obras literarias de escritores estranxeiros, a idea que move o proxecto editorial é a de producir libros a prezos competitivos no mercado. A iniciativa empresarial conta co apoio da Asociación de Tradutores Galegos, que pretende buscar saída ás novas promocións de tradutores profesionais formados na Universidade de Vigo, e co aval temporal dos subscritores iniciais do proxecto.
Coleccións de Rinoceronte
editarO catálogo actual abrangue oito coleccións:[12]
- Colección Nova: narrativa do século XIX en diante.
- Colección Vétera: obras anteriores ó século XIX.
- Colección Magna.
- Colección Contemporánea.
- Colección Clásica.
- Colección Poesía.
- Colección Bagaxe de Peto: obras traducidas nunha versión reducida.
- Colección Novela gráfica.
Colección Nova
editarColección Vétera
editarColección Contemporánea
editarColección Magna
editarNº | Ano | Título galego | Título orixinal | Autor/a | Tradución de | Lingua orixinal da obra |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2021 | Oliver Twist | Oliver Twist | Charles Dickens | Moisés Barcia | Inglés |
2 | 2023 | Crime e castigo | Преступленіе и наказаніе | Fiódor Dostoievski | Ekaterina Guerbek | Ruso |
Colección Clásica
editarNº | Ano | Título galego | Título orixinal | Autor/a | Tradución de | Lingua orixinal da obra |
---|---|---|---|---|---|---|
4 | 2008 | O tradutor cleptómano | Esti Kornél | Dezső Kosztolányi | Jairo Dorado Cadilla | Húngaro |
5 | 2009 | O ano do xardineiro | Zahradníkův rok | Karel Čapek | Fernando de Castro | Checo |
6 | 2010 | Botchan | 坊っちゃん [Botchan] | Natsume Sōseki | Mona Imai | Xaponés |
7 | 2010 | Senectude | Senilitá | Italo Svevo | Moisés Barcia | Italiano |
8 | 2010 | Contos da era do jazz | Tales of the Jazz Age | F. Scott Fitzgerald | Rafael Salgueiro | Inglés |
9 | 2013 | Un día na vida de Iván Denísovich | Один день Ивана Денисовича [Odin den' Ivana Denisovicha] | Aleksandr Solzhenitsyn | Martin Andor | Ruso |
10 | 2014 | O Parnaso sobre rodas | Parnassus on wheels | Christopher Morley | Estela Villar Nogueira | Inglés |
11 | 2014 | Os sete irmáns | Seitsemän veljestä | Aleksis Kivi | Tuula Ahola | Finés |
12 | 2016 | Festa no xardín | The Garden Party | Katherine Mansfield | Estela Villar Nogueira | Inglés |
Colección Poesía
editarNº | Ano | Título galego | Autor/a | Tradución de | Lingua orixinal da obra |
---|---|---|---|---|---|
1 | 2007 | Poemas canónicos | Konstantinos Kavafis | Yolanda Vilarchao | Grego |
2 | 2007 | Só o silencio me responde | Anna Akhmatova | Ekaterina Guerbek e Penélope Pedreira | Ruso |
3 | 2019 | Herba abraiada | Emily Dickinson | Manuel Forcadela e Marta Dahlgren | Inglés |
4 | 2021 | Poemas | Chika Sagawa | Alba Doval | Xaponés |
5 | 2021 | Lume branco | Antonia Pozzi | Lara Dopazo Ruibal | Italiano |
Colección Bagaxe de Peto
editarNº | Ano | Título galego | Título orixinal | Autor/a | Tradución de | Lingua orixinal da obra |
---|---|---|---|---|---|---|
3 | 2009 | As leis fundamentais da estupidez humana | Allegro ma non troppo | Carlo Maria Cipolla | Moisés Barcia | Italiano |
4 | 2009 | Poesías do desamor | Poesie del disamore | Cesare Pavese | Moisés Barcia | Italiano |
Colección Novela gráfica
editarColeccións de Sushi Books
editarO catálogo actual abrangue tres coleccións:[14]
- Álbum: libros con ilustracións para primeiros lectores.
- Intermedio: obras para público infantil
- Avanzado: literatura para público xuvenil.
Álbum
editarNº | Ano | Título galego | Título orixinal | Autor/a | Tradución de | Lingua orixinal da obra | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2013 | Venres | - | Santiago Freire | - | Galego | Tamén dispoñíbel en catalán, éuscaro e castelán |
2 | 2014 | Monstro pequeno di non! | Nei! sagði litla skrímslið | Áslaug Jónsdóttir, xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal | Equipo de Sushi Books | Islandés | Tamén dispoñíbel en catalán, éuscaro e castelán |
3 | 2014 | Os monstros grandes non choran | Stór skrímsl gráta ikki | Áslaug Jónsdóttir, xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal | Equipo de Sushi Books | Islandés | Tamén dispoñíbel en catalán, éuscaro e castelán |
4 | 2016 | A lenda de Sally Jones | Legenden om Sally Jones | Jakob Wegelius | Moisés Barcia | Sueco | Tamén dispoñíbel en castelán |
5 | 2017 | Gripe monstruosa | Skrímslapest | Áslaug Jónsdóttir, xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal | Equipo de Sushi Books | Islandés | Tamén dispoñíbel en castelán |
6 | 2017 | Monstros na escuridade | Skrímsli í myrkrinu | Áslaug Jónsdóttir, xunto con Kalle Güettler e Rakel Helmsdal | Equipo de Sushi Books | Islandés | Tamén dispoñíbel en castelán |
7 | 2024 | Gnomos | Gnomes | Wil Huygen e Rien Poortvliet | Roque Barcia | Inglés | |
8 | 2024 | Que é a guerra | Què és la guerra | Eduard Altarriba | Moisés Barcia | Catalán |
Intermedio
editarAvanzado
editarColeccións de Morgante
editarO catálogo actual abrangue cinco coleccións:[15]
- Colección Mudanzas: colección principal.
- Colección Cerdedo in the Voyager: obras sobre a historia local de Cerdedo.
- Colección Ensaio.
- Solea Scripsit.
- Fóra de Colección.
Formatos
editarNun primeiro momento puxeron os seus libros para descargalos gratuitamente en formato PDF da súa páxina, sendo o primeiro en estar dispoñible desta forma o libro de contos O condutor de autobús que quería ser Deus, do autor israelí Etgar Keret[16]. Posteriormente a editorial revogou esta medida alegando que esta minguaba as vendas[17], no canto de promocionalas.
Premios e distincións
editarNotas
editar- ↑ "Rinoceronte Editora". amesa.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Rinoceronte Editora". agasallo.eu. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Sushi Books - Coñécenos". rinoceronte.gal/sushibooks. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Morgante Edicións - Coñécenos". rinoceronte.gal/morgante. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Edicións Barbantesa - Nós". rinoceronte.gal/barbantesa. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Esplanadi". rinoceronte.gal/esplanadi. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Exportar letras galegas en castelán". culturagalega.gal. 7 de outubro de 2013. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Dicionario castelán-galego". rinoceronte.gal/dicionario. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Rinoceronte Editora pon en liña o maior dicionario Castelán-Galego". culturagalega.gal. 7 de outubro de 2020. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ Rinoceronte desconxela a literatura islandesa
- ↑ «As traducións axudan moito a que a xente lea máis en galego»
- ↑ "Catálogo Rinoceronte" (PDF). rinoceronte.gal. Consultado o 26 de febreiro de 2022.
- ↑ "Eu mato xigantes". rinoceronte.gal. Consultado o 8 de agosto de 2024.
- ↑ "Catálogo Sushi Books" (PDF). rinoceronte.gal/sushibooks/. Consultado o 1 de marzo de 2022.
- ↑ "Catálogo de Edicións Morgante" (PDF). rinoceronte.gal. Consultado o 3 de marzo de 2022.
- ↑ Rinoceronte edita o seu primeiro libro de descarga gratuíta na rede
- ↑ "Rinoceronte: Un libro vendido por cada mil descargados". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2008. Consultado o 25 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Finalistas dos Premios da Edición 2011". fervenzasliterarias.gal. 14 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web de Rinoceronte Editora (en galego)
- Web de Sushi Books (en galego)
- Web de Morgante Edicións (en galego)
- Web de Edicións Barbantesa Arquivado 30 de novembro de 2023 en Wayback Machine. (en galego)
- Web de Esplanadi Arquivado 01 de marzo de 2022 en Wayback Machine. (en galego)