Edicións Sálvora
editorial galega
Edicións Sálvora é unha empresa editorial, fundada en 1980, con sede en Santiago de Compostela, cun catálogo de máis de 230 títulos, en galego e castelán.
Edicións Sálvora | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1980 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarEmprega os prefixos de ISBN 13: 978-84-85779 e 978-84-88724 [1] e dedícase a publicación de materiais didácticos, cartografía, literatura infantil e xuvenil, pedagoxía, e narrativa, con clásicos da literatura galega e obras en castelán relacionadas con Galicia.
Nomes das súas coleccións son: "Animais fantásticos", "Aprender xogando", "Biblioteca de autores gallegos", "Cartografía", "Contos clásicos favoritos", "Ecoloxía", "Mapas murais/Esfera", "O meu libro-xogo", "Os libros do tren", "Pouquiño a pouco" ou "Xeografía e historia".[2]
Notas
editar- ↑ Base de datos de libros editados en España
- ↑ "Edicións Sálvora". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Edicións Sálvora". Diccionario enciclopédico galego universal 23. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 62. ISBN 84-7680-429-6.
- "Edicións Sálvora". Enciclopedia Galega Universal 7. Ir Indo. 1999-2002. p. 512. ISBN 84-7680-288-9.
- "Sálvora, Edicións". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1866. ISBN 978-84-8288-942-9.