Eddie Cochran
Eddie Cochran nado en Albert Lea, Minnesota, o 3 de outubro de 1938 e finado en Bath, Somerset, Inglaterra, o 17 de abril de 1960, foi un cantante e compositor de rock and roll estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1938 Albert Lea, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 17 de abril de 1960 (21 anos) Bath, Reino Unido |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | Cypress (pt) |
Educación | Bell Gardens High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor, músico de rock, cantautor, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 1952 - 1960 |
Xénero artístico | Música rock e Música country |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Liberty Crest Records (en) Cash Records (en) Ekko Records (en) |
Familia | |
Parella | Sharon Sheeley |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | eddie-cochran.info |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira musical en 1955 cun estilo predominantemente country, aínda que con algún tema de rockabilly. Seguindo a estela do éxito de cantantes brancos con acentos negros como Elvis Presley ou Jerry Lee Lewis acadou en 1958 o importante éxito Summertime Blues, número 8 do Billboard que inaugurou un estilo de rock and roll de guitarra metálica e voz aguda e rachada. Outras cancións como C´mon Everybody ou Something´Else con menos éxito comportaron tamén unha grande influencia posterior na historia do rock.
O seu único álbum en vida foi Singin' to My Baby lanzado por Liberty Records. Apareceu en tres filmes.
Cando realizaba unha xira polo Reino Unido, faleceu nun accidente de automóbil aos 21 anos de idade.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eddie Cochran |