Eclipse solar do 15 de xaneiro de 2010
O 15 de xaneiro de 2010 produciuse unha eclipse solar anular cunha magnitude 0,9190 e foi visto nas Maldivas e en África, pasando pola India e a China.
Visibilidade
editarO venres 15 de xaneiro de 2010 unha eclipse anular de sol foi visible desde dentro dunha pista de 300 km de largo que percorre a metade da Terra.
O camiño da sombra da Lúa comezou en África e pasou a través do Chad, a República Centroafricana, a República Democrática do Congo, Uganda, Kenya e Somalia.
Despois de saír de África, o camiño cruzou o océano Índico, onde a duración máxima de anularidade chegou a 11 min 08 s. A ruta continuou en Asia a través de Bangladesh, a India, Birmania e a China. Viuse unha eclipse parcial no leste de Europa, na maior parte de África, en Asia e en Indonesia.[1]
Unha eclipse solar anular ocorre cando a Lúa se encontra cerca do apoxeo e o seu diámetro angular é menor que o solar, de maneira que na fase máxima permanece visible un anel do disco do Sol. Isto ocorre na banda de anularidade; fóra dela a eclipse é parcial.
Para que se produza unha eclipse solar a Lúa ha de estar en ou próxima a un dos seus nodos, e ter a mesma lonxitude celeste que o Sol.
Cada ano suceden sen falta dúas eclipses de Sol, preto dos nodos da órbita lunar, se ben poden darse catro ou incluso cinco eclipses.
Galería de imaxes
editar-
Fase parcial da eclipse solar anular do 15 de xaneiro de 2010, Sri Lanka.
Notas
editar- ↑ ""NASA"". 14 de xaneiro de 2010. NASA son as siglas, en inglés, para a Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo (National Aeronautics and Space Administration) dos Estados Unidos, que é a axencia gobernamental responsable dos programas espaciais.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eclipse anular del 15 de enero de 2010 |
- Annular eclipse of the Sun: 15 de xaneiro de 2010 (inglés)
- NASA Eclipse Información sobre eclipses
- Eclipse de sol Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine., contador de tempo para a próxima eclipse, imaxes e vídeos