Dunfermline Athletic F.C.
equipo escocés de fútbol
O Dunfermline Athletic Football Club é un equipo escocés de fútbol da localidade de Dunfermline, na rexión de Fife, que foi fundado aló polo ano 1885. Tamén son coñecidos polo alcume de "The Pars".
Dunfermline Athletic | |||
---|---|---|---|
Nome | Dunfermline Athletic Football Club | ||
Alcume(s) | The Pars | ||
Fundación | 1885 | ||
Estadio | East End Park, Dunfermline, Escocia | ||
Inauguración | 1885 | ||
Capacidade | 11.380 | ||
Presidente | John Yorkston | ||
Adestrador | Jim Jefferies | ||
Liga | Scottish First Division | ||
2020–21 | 4º | ||
Na rede | |||
http://www.dafc.co.uk/ | |||
| |||
Xoga os seus encontros coma equipo da casa no East End Park perante un máximo de 12.509 seareiros.
A súa indumentaria está composta por unha camisola a franxas verticais das cores branca e negra, un pantalonciño negro e unhas medias cor negra tamén.
Títulos
editar- Scottish First Division: 1988–89, 1995–96, 2010–11
- Scottish Cup: 1961, 1968