Ducado de Aquitania
O Ducado de Aquitania foi unha entidade feudal francesa medieval. A súa extensión correspondía aproximadamente aos territorios que actualmente agrupa a rexión homónima.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Tolosa | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | latín medieval occitano antigo | |||
Relixión | cristianismo occidental | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 841 (Gregoriano) | |||
Disolución | 1449 (Gregoriano) | |||
O Duque de Aquitania era un dos pares laicos orixinais.
Historia
editarSuponse que foi creado en 675 trala morte de Khilderico II, se ben a súa cronoloxía é confusa antes do ano 877 sendo en ocasións considerado como un reino ou un ducado. Ese ano o Reino de Aquitania dividiuse en dous ducados, o de Gascuña e o de Aquitania (que posteriormente pasaría a denominarse de Güiena). Os dous se reunificaron en 1058 aínda que o nome de Güiena seguiuse usando ocasionalmente para identificar so ducado.
Tomou especial importancia en 1204, trala morte da duquesa Aliénor de Aquitania. Ao estar casada co rei Henrique II de Inglaterra, o vasto territorio do ducado (que superaba en extensión aos dominios directos do Rei) pasaron a engrosar as posesións inglesas en chan francés, o que sería decisivo no desenvolvemento da posterior Guerra dos Cen Anos.
Gobernantes de Aquitania
editarReis de Aquitania
editar# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Carlos I (Carlomagno) |
778 | 781 | O Grande | ||
2 | Lois I | 781 | 817 | O Piadoso | Recibiu o ducado do seu pai, en 781. | |
3 | Pipino I | 817 | 13 de decembro de 838 | |||
4 | Carlos II | 13 de decembro de 838 | 855 | O Calvo | Fillo de Lois I. | |
5 | Carlos III | 855 | 29 de setembro de 866 | O Neno | Fillo de Carlos, o Gordo, de Francia | |
6 | Lois II | 29 de setembro de 866 | 10 de abril de 879 | O Tatexo | ||
7 | Carlomano I | 10 de abril de 879 | 12 de decembro de 884 | |||
8 | Ranulfo | 12 de decembro de 884 | 5 de agosto de 890 |
Ata 882, o título estaba baixo a supremacía dos Reis de Francia.
Duques de Aquitania
editar# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Ranulfo I | 852 | 866 | Tamén Conde de Poitiers. |
Trono baleiro:866-887
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
2 | Ranulfo II | 887 | 5 de agosto de 890 | Tamén conde de Poitiers. | ||
3 | Ebalus | 5 de agosto de 890 | 893 | O Bastardo |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
4 | Guillerme I | 893 | 6 de xullo de 918 | O Piadoso | Tamén conde de Auvergne. | |
5 | Guillerme II | 6 de xullo de 918 | 12 de novembro de 926 | O Xove | Tamén conde de Auvergne | |
6 | Alfredo | 12 de novembro de 926 | 927 | Tamén conde de Auvergne |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
3 | Ebalus | 927 | 932 | O Bastardo | Gobernou por segunda vez. |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
7 | Raimundo I | 932 | 936 | Tamén conde de Tolosa e de Rouerge. | ||
8 | Raimundo II | 936 | 955 | Tamén conde de Tolosa e de Rouerge. |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
9 | Hugo | 955 | 956 | O Grande | Tamén Duque de Borgoña e Conde de París |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
10 | Guillerme III | 956 | 3 de abril de 963 | Cabeza de estopa | Tamén conde de Poitiers. | |
11 | Guillerme IV | 3 de abril de 963 | 3 de febreiro de 994 | O Brazo de Ferro | Tamén conde de Poitiers. | |
12 | Guillerme V | 3 de febreiro de 994 | 31 de xaneiro de 1030 | O Grande | Tamén conde de Poitiers. | |
13 | Guillerme VI | 31 de xaneiro de 1030 | Marzo de 1038 | O Gordo | Tamén conde de Poitiers. | |
14 | Odo | Marzo de 1038 | 10 de marzo de 1039 | Tamén conde de Poitiers e Duque de Gascuña . | ||
15 | Guillerme VII | 10 de marzo de 1039 | 1058 | Tamén conde de Poitiers. | ||
16 | Guillerme VIII | 1058 | 25 de setembro de 1086 | Tamén conde de Poitiers e Duque do Gascuña . | ||
17 | Guillerme IX | 25 de setembro de 1086 | 10 de febreiro de 1126 | O Trobador, O Xove | Tamén conde de Poitiers e Duque de Gascuña. | |
18 | Guillerme X | 10 de febreiro de 1126 | 9 de abril de 1137 | O Santo | Tamén conde de Poitiers e Duque de Gascuña. | |
19 | Aliénor | 9 de abril de 1137 | 1 de abril de 1204 | Tamén condesa de Poitiers e Duquesa da Gascuña. |
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
20 | Lois VII | 1137 | 1152 | O Xove | Tamén rei de Francia como Lois VII. Gobernou Aquitania xunto coa súa dona, Aliénor. |
Lois VII de Francia, casado con Aliénor, repudiouna e esta volveu casar con Henrique II, rei de Inglaterra. Así, o ducado pasou a ser dominio de Inglaterra.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
21 | Henrique I | 1152 | 6 de xullo de 1189 | O de Manto Curto | Gobernou Aquitania xunto coa súa dona Aliénor. Rei de Inglaterra como Henrique II. | |
22 | Ricardo I | 6 de xullo de 1189 | 6 de abril de 1199 | Corazón de León | Gobernou Aquitania xunto coa súa nai, Aliénor. | |
23 | Xoán I | 6 de abril de 1199 | 19 de outubro de 1216 | Xóan Sem Terra | ||
24 | Henrique II | 19 de outubro de 1216 | 16 de novembro de 1272 | Rei de Inglaterra como Henrique III. | ||
25 | Eduardo I | 20 de novembro de 1272 | 7 de xullo de 1307 | Pernas Longas | ||
26 | Eduardo II | 7 de xullo de 1307 | 20 de xaneiro de 1327 | Abdicou a prol do seu fillo. | ||
27 | Eduardo III | 25 de xaneiro de 1327 | 1362 | |||
28 | Eduardo IV | 1362 | 22 de xuño de 1377 | |||
29 | Ricardo II | 22 de xuño de 1377 | 1390 |
Ricardo II acabou por nomear ao seu tio, Xoán de Gaunt, o seu herdeiro en Aquitania, que pasou a ser herdada polos descendentes de Xoán.
# | Nome | Inicio do goberno | Fin do goberno | Alcume(s) | Notas | |
---|---|---|---|---|---|---|
30 | Xoán II | 1390 | 29 de setembro de 1399 | Tamén Duque de Lancaster. | ||
31 | Henrique III | 29 de setembro de 1399 | 31 de agosto de 1422 | Rei de Inglaterra como Henrique V. | ||
32 | Henrique IV | 31 de agosto de 1422 | 1449 | Rei de Inglaterra como Henrique VI. |