Drácula de Bram Stoker
Drácula de Bram Stoker (en inglés: Bram Stoker's Dracula) é un filme de horror e romance, estreada en 1992 e dirixida por Francis Ford Coppola. A historia baséase no libro Drácula de Bram Stoker. Actúan entre outros Gary Oldman, Keanu Reeves, Anthony Hopkins e Winona Ryder. Estreouse en galego na TVG o 10 de marzo de 2009.[4]
Drácula de Bram Stoker | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bram Stoker's Dracula |
Director | Francis Ford Coppola |
Produtor | Francis Ford Coppola Fred Fuchs |
Guión | James V. Hart Bram Stoker |
Intérpretes | Gary Oldman Winona Ryder Anthony Hopkins Keanu Reeves |
Música | Wojciech Kilar Annie Lennox |
Fotografía | Michael Ballhaus |
Montaxe | Anna Goursand Glen Scantlebury Nicholas C. Smith |
Distribuidora | Columbia Pictures Sony Pictures Entertainment |
Estrea | 13 de novembro de 1992 10 de marzo de 2009 (TVG) |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $40 000 000[1][2] |
Recadación | $215 862 692[3] |
Na rede | |
Como en moitas outras ocasións a película viu como resultado dun longuísimo proceso de preparación, e respondía a fins creativos de Coppola, non comerciais. O seu obxectivo principal era revitalizar o personaxe de Drácula adaptándoo ó gusto contemporáneo, o que Coppola procurou mediante dúas novidades: recuperar boa parte da novela de Bram Stoker, eliminando engadidos doutros filmes, e por outro lado presentar o lado humano e sentimental do protagonista, máis alá do morbo sexual suxerido en versións anteriores. Para iso, Coppola reconstrúe o pasado do conde Drácula "antes de" ser Drácula, e o presenta como un condenado, un maldito.
Ó contrario que noutras versións, Coppola ambienta a acción na época vitoriana, a de Bram Stoker, cando a súa novela foi publicada asentando o mito do vampiro fusionando personaxes e tradicións de orixe dispar. Coppola amosa o Londres anterior a 1900 dun xeito moi orixinal. Fronte á Romanía rural, oponse a cidade ilustrada con estética mestiza, entre europea e asiática. A ambientación do cabaleiro Drácula, no século XV, é moi elocuente, así como certas vestimentas de Drácula maior (como un quimono vermello de longa cola). Esta visión do protagonista choca coa tradicional, de aristócrata con chaqué.
A banda sonora foi composta por Wojciech Kilar, e o seu tema principal foi interpretado por Annie Lennox.
Foi a novena película con maior recadación en 1992 con máis de 200 millóns de dólares. Gañou 3 Premios Oscar en 1992 (deseño de vestiario, maquillaxe e edición de son).
Sinopse
editarNo ano 1890, o avogado Jonathan Harker viaxa a un castelo perdido de Transilvania, onde coñece ó Conde Drácula, que en 1462 perdeu ó seu amor Elisabeta durante a guerra contra os turcos, e por ese motivo renega de Deus e convértese nunha criatura maldita. O Conde, fascinado por unha fotografía de Mina Murray, a prometida de Harker, que lle lembra á súa Elisabeta, viaxa ata Londres "cruzando océanos de tempo" para coñecela. Xa en Inglaterra, intentará conquistar e seducir a Lucy, a mellor amiga de Mina.
Personaxes
editar- Gary Oldman como Conde Drácula / Vlad III o Empalador
- Winona Ryder como Mina Harker / Elisabeta
- Anthony Hopkins como Profesor Abraham Van Helsing / Sacerdote
- Keanu Reeves como Jonathan Harker
- Richard E. Grant como Dr. John Seward
- Cary Elwes como Sir Arthur Holmwood
- Billy Campbell como Quincey Morris
- Sadie Frost como Lucy Westenra
- Tom Waits como Renfield
- Monica Bellucci como esposa de Drácula
- Michaela Bercu como esposa de Drácula
- Florina Kendrick como esposa de Drácula
- Jay Robinson como Mr. Hawkins
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editar- ↑ Galbraith, Jane (1992-10-25). "A look inside Hollywood and the movies. : BITE THIS : Coming Soon From Coppola: More Hearts of Darkness". The Los Angeles Times. Consultado o 2010-11-22.
- ↑ Murphy, Ryan (1992-11-08). "How a Scribe and a Damsel Saved 'Dracula' from Cable". The Los Angeles Times. Consultado o 2010-11-22.
- ↑ Movie Dracula – Box Office Data, News, Cast Information Arquivado 19 de abril de 2009 en Wayback Machine. from The Numbers
- ↑ "Dracula de Bram Stoker na TVG". Diario Siglo XXI. 8 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.