Dornelas, Silleda
San Martiño de Dornelas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 144 habitantes (77 mulleres e 67 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 179 habitantes.
Dornelas | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Dornelas. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°45′20″N 8°20′16″O / 42.75552224, -8.33766789 |
Poboación | 141 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarXunto coa parroquia de Cira dependeu sempre da arquidiocese de Santiago de Compostela. Por Dornelas atravesa a vía da Prata cara a Santiago de Compostela.
Desta parroquia eran naturais os irmáns Adolfo e José María Calveiro Couto.
Patrimonio
editarA igrexa de San Martiño de Dornelas é románica. É singular a ábsida semicircular que se considera distinta do románico compostelán. Na súa construción traballaron canteiros formados no taller do mestre Mateu, que dirixía naquela época as obras da catedral.
Galería de imaxes
editar-
Vista Este da Igrexa de Dornelas
-
Fachada da igrexa de Dornelas.
-
Ábsida da igrexa de Dornelas.
-
Porta lateral da igrexa de Dornelas.
-
Cartel en Dornelas.
Lugares e parroquias
editarLugares de Dornelas
editarLugares da parroquia de Dornelas no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
Augacai | Bascuas | Dornelas | Marcón | O Portiño | Romanín | Rosedo | A Zanca |