División de Honra Prata de balonmán

A División de Honra Prata (ata 2008 División de Honra B) é a segunda categoría do balonmán no estado español e a primeira organizada pola Federación Española de Balonmano. Actualmente é disputada por 16 equipos. A partir da tempada 2008-09 modificouse o sistema de ascenso á Liga ASOBAL. Antes os dous primeiros equipos ao finalizar a liga (30 xornadas) ascendían directamente, mais agora ascende directamente o primeiro clasificado, xogándose a segunda praza de ascenso os equipos clasificados entre o 2º e o 5º posto nun play-off. Os 3 últimos clasificados descenden á Primeira Nacional automaticamente.

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra Prata de balonmán
Tipoasentamento Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Balonmán Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1994 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrfebm.net… Editar o valor en Wikidata

BM Cisne- Córdoba Balonmano na tempada 2019-20 no CGTD.

Sistema de competición

editar

Cada equipo da liga xoga contra cada un dos demais equipos dúas veces, unha na súa casa, e outra a domicilio ao longo das 30 xornadas das que consta a competición.

Cada vitoria suma dous puntos, mentres que o empate suma un punto e a derrota non suma ningún. Ao final da liga, o campión é:

  1. O equipo que teña máis puntos na clasificación.
  2. Se dous ou máis equipos teñen os mesmos puntos na clasificación, o campión é o equipo que conseguira mellores resultados.
  3. Se non hai un campión logo de aplicar a segunda norma, prestarase atención á diferenza de goles e de vitorias.

Equipos participantes 2011-12

editar

Equipos ascendidos por ano

editar
Ano Equipos
1995 Caja Bilbao UPV Barakaldo
1996 Pescanova Chapela
1997 Universidad de Oviedo-Naranco
1998 Barakaldo-UPV
1999 Valencia Airtel
2000 BM Altea
2001 Barakaldo-UPV
2002 Canal Alcobendas
Ano Equipos
2003 Octavio Pilotes Posada
2004 Alcobendas Toyota
2005 Algeciras BM
2006 BM Antequera
2007 Octavio Pilotes Posada e SD Teucro
2008 BM Alcobendas e Edenca C.E.
2009 Lábaro Toledo e Frigoríficos del Morrazo
2010 Alser Puerto Sagunto e Realitas Guadalajara
2011 Octavio Pilotes Posada e Obearagón Huesca

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar