Discurso
Discurso é un concepto utilizado en lingüística, teoría literaria e sociolingüística con significados específicos:
- En retórica, unha exposición sobre un tema determinado, realizada en público por un relator. Exemplos son os discursos dos políticos.
- En literatura, un xénero literario consistente nunha discusión erudita sobre un tema filosófico, político ou literario. É parecido ao tratado e un exemplo famoso é o Discurso sobre o Método de Descartes (1637).
- Discurso (narratoloxía): en narratoloxía é o proceso de contar unha historia elixindo o punto de vista, a ordenación temporal dos acontecementos e a duración dos mesmos. Unha historia pode dar pé a múltiplos discursos narrativos. Representa o plano da forma. Non debe confundirse con historia nin con texto. Tamén se lle chama relato.
- En estilística discurso pode ser sinónimo de estilo cando se distingue, por exemplo, entre estilo directo (ou discurso directo) e estilo indirecto (ou discurso indirecto) e as súas variantes.
- En lingüística, un discurso é un enunciado superior á oración, considerado do punto de vista das regras de encadeamento das secuencias de oracións (ver análise do discurso).
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |