Dima Slobodeniouk
Dmitri "Dima" Slobodeniouk, nado en Moscova en 1975, é un director de orquestra ruso residente en Finlandia. Dende 2013 é o director titular da Orquestra Sinfónica de Galicia, e dende 2016 da Sinfonia Lahti. O seu estilo caracterízase pola fusión das tradicións musicais da súa Rusia natal e Finlandia.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Moscova, Rusia |
Educación | Academia Sibelius (pt) |
Actividade | |
Ocupación | director de orquestra, violinista |
Instrumento | Violín |
Sitio web | dima-slobodeniouk.com… |
Traxectoria
editarDima Slobodeniouk naceu en Moscova (Rusia), entre 1980 e 1989 estudou violín na Escola Central de Música da súa cidade natal con Zinaida Gilels d J. Chugajev, proseguíndo os seus estudos no Conservatorio de Moscova dende 1989,[1] no de Middle Finlands, e na Sibelius-Akatemia de Helsinqui con Olga Parhomenko. Aos 16 anos trasladouse a Finlandia,[2][3][4] e en 1994 iniciou os seus estudos de dirección orquestral, participando nas clases de Atso Almila 1996 e 1998, continuando despois na Sibelius-Akatemia cos mestres Leif Segerstam, Jorma Panula e co propio Atso Almila. Tamén ten estudado con Ilja Musinin e Esa-Pekka Salonen.
Entre 2005 e 2008 foi director titular da Oulu Sinfonia, dirixindo concertos e producións operísticas como Les Contes d'Hoffmann, Don Giovanni ou Orfeo ed Euridice de Gluck. Na tempada 2009-10 debutou coa Orchestre de Paris, e ten dirixido tamén orquestras como a Orchestra della Svizzera Italiana de Lugano (Suíza), a Orchestre Philharmonique de Monte-Carlo (Francia), a City of Birmingham Symphony Orchestra e a Philharmonia Orchestra de Londres no Reino Unido, a Cincinnati Symphony Orchestra (Estados Unidos), a Oslo-Filharmonien e a Bergen Filharmoniske Orkester de Noruega, ,ou as reinvitacións da Orchestre de Paris, a Orquestra Filharmónica de Holanda, ou a Koninklijk Concertgebouworkest de Ámsterdan (Países Baixos).[5][6]
Ten obtido gran recoñecemento pola súa colaboración con compositores contemporáneos. Como froito desta colaboración con compositores contemporáneos, en 2009, sendo director artístico do Festival de Música 2009 Korsholm, presentou as obras de Sebastian Fagerlund nunha gravación realizada coa Göteborgs Symfoniker para o selo BIS. Tamén ten estreado obras de Miriam Tally, Olli Kortegangas, e ten dirixido a Stavanger Symfoniorkester con obras de Steve Reich.[5] En maio de 2010 volveu dirixir na Kungliga Operan de Estocolmo, dirixindo a ópera de Puccini Tosca, logo de ter debutado na ópera sueca con Ognenny angel de Prokofiev.
O 2 de novembro de 2012 debutou á fronte da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) cun concerto no Palacio da Ópera da Coruña. O 13 de febreiro de 2013 foi presentado polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira, como director titular da OSG, sucedendo no cargo a Víctor Pablo Pérez.[7][8] O nomeamento de Slobodeniouk pola orquestra galega supón un impulso á presenza da OSG no ámbito internacional, así como unha aposta pola renovación do repertorio e a captación de novos públicos.[9] O 4 de outubro de 2013 dirixiru o seu primeiro concerto coa orquestra coruñesa.
Dende setembro de 2016 compaxina os postos de director artístico na Orquestra Sinfónica de Galicia e na Sinfonia Lahti en Lahti, Finlandia.[10]
Notas
editar- ↑ Dima Slobodeniouk, nuevo director musical de la Orquesta Sinfónica de Galicia en ElDía.es
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ Dima Slobodeniouk: "El objetivo será darnos a conocer más por Europa" en La Opinión
- ↑ 5,0 5,1 Dima Slobodeniouk será el nuevo director musical de la Sinfónica de Galicia en El País
- ↑ Dima Slobodeniouk é o novo director da Orquestra Sinfónica de Galicia en La Voz de Galicia
- ↑ Dima Slobodeniouk es el nuevo director de la Sinfónica de Galicia en Faro de Vigo
- ↑ "Presentación de Slobodeniouk cono director de la OSG". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013.
- ↑ El director de orquesta de origen ruso Dima Slobodeniouk será el nuevo director musical de la Sinfónica de Galicia desde la temporada 2013-14 na web da OSG
- ↑ "Ylikapellimestari.Dima Slobodeniouk" (en finés). Sinfonia Lahti. Consultado o 2 de agosto de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dima Slobodeniouk |