Denver Broncos
Os Denver Broncos son un equipo profesional de fútbol americano con sede na cidade de Denver, Colorado. O equipo compite na AFC Oeste, unha das divisións da American Football Conference (AFC) da National Football League (NFL). Os Broncos comezaron a súa andaina no fútbol profesional en 1960 como membros fundadores da American Football League (AFL). Posteriormente, en 1970, pasaron a formar parte da NFL por mor da fusión das dúas grandes ligas estadounidenses da época: a AFL (da que eran membros) e a propia NFL. A franquía é propiedade do Fideicomiso Pat Bowlen. Desde o ano 2001 xogan os seus partidos como local no Sports Authority Field at Mile High, estadio con capacidade para 76.125 espectadores.
Denver Broncos | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1960 Sede en Denver, CO | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
American Football League (1960-1969)
National Football League (1970–presente) | |||
Uniforme actual | |||
Cores | Laranxa, azul mariño, branco | ||
Mascota | Thunder II (cabalo) Miles (disfrace) | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Fideicomiso Pat Bowlen | ||
Presidente | Joe Ellis | ||
Director xeral | John Elway | ||
Adestrador | Gary Kubiak | ||
Historia | |||
| |||
Alcume(s) | |||
| |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (3)
| |||
Conferencia (8)
| |||
División (15)
| |||
Estadios | |||
|
A defensa de 1977 gañouse o alcume de Orange Crush e é considerada unha das mellores de tódolos tempos. No 2009, cumpriu 50 anos de historia. Ao longo da súa historia, os Broncos protagonizaron algunhas das máis intensas rivalidades da NFL cos Oakland Raiders. Os San Diego Chargers, Kansas City Chiefs e Cleveland Browns tamén son rivais dos Broncos.
Xogadores
editarCadro actual
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |