David Hilliard
David Hilliard, nado o 15 de maio de 1942, foi un dos fundadores do Partido Pantera Negra, nos Estados Unidos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1942 (82 anos) Rockville, Estados Unidos de América (en) |
Actividade | |
Ocupación | educador, político |
Empregador | Universidade do Novo México |
Membro de | |
Premios | |
|
Traxectoria
editarOstentou cargos secundarios até a detención de Huey P. Newton en setembro de 1968, momento no que pasa a dirixir a organización. O propio Hilliard sería detido tamén en decembro de 1969 por ameazas contra o presidente Richard Nixon, tras declarar nunha reunión pública "mataremos a Nixon". O feito de serlle atopada unha arma valeulle unha pena de seis meses de prisión.
Máis tarde, en xullo de 1971 sería acusado e condenado a un ano de cárcere por dispararlle a un policía durante un enfrontamento armado dun grupo de membros dos Panteras Negras coas forzas da orde. Nese enfrontamento perdera a vida o pantera negra Bobby Hutton.
En 1993 creará a fundación Huey P. Newton, ao servizo dos intereses sociais da comunidade e coa finalidade de difundir a obra e legado do seu compañeiro. En 1994 publica This side of glory, a súa autobiografía.
Actualmente David Hilliard é profesor visitante da Universidade de Novo México.