Daroca (en galego antigo: Darouca[1]) é unha cidade aragonesa situada na comarca do Campo de Daroca, na provincia de Zaragoza. A súa poboación era de 2.274 habitantes en 2007. O seu concello ocupa unha área de 52,24 km², o que significaba unha densidade de poboación de 43,81 hab/km². A cidade dista 83 km da capital provincial, Zaragoza.

Modelo:Xeografía políticaDaroca
Imaxe

Localización
Mapa
 41°06′48″N 1°25′01″O / 41.1132, -1.417
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalDaroca city (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.957 (2023) Editar o valor en Wikidata (37,6 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie52,045736 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude797 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMiguel Garcia Cortes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50360 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE50094 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdaroca.es Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Está enclavada na conca de Calatayud, na depresión do río Jiloca, a 797 metros de altura sobre o nivel do mar.

Historia

editar

Calat-Darawqa, como a denominaron os musulmáns, foi reconquistada polo rei Afonso I de Aragón en 1121, que lle deu unha primeira carta foral no ano 1141. Ramón Berenguer IV deulle unha segunda carta foral en 1142. Mercé este foro, Daroca tornouse na capital da Comunidade de Daroca. En 1366 o rei Pedro IV outorgoulle o título de cidade.

Logo da morte de Carlos II, Daroca abrazou en 1706 a causa do pretendente austríaco, o arquiduque Carlos, en contra dos intereses de Francia, encarnados polo duque de Anjou, Filipe V. A cidade foi sometida polas tropas do Borbón, o que deu fin a seis anos de autonomía municipal.

Durante a Guerra de Independencia española, as tropas de Napoleón entraron en Daroca en xuño de 1808 e destruíron algunhas edificacións relixiosas, deixando unha gornición permanente. Daroca foi liberada en agosto de 1813. Na súa volta a España, o rei Fernando VII coñecerá o contido da Constitución de 1812 en Daroca.

No período das Guerras Carlistas foi praza pola que se interesaron os carlistas, que a ocuparon en 1834, 1837 e 1872. Porén as ocupacións foron breves xa que a cidade foi leal á monarquía constitucional.

A inauguración do ferrocarril Teruel-Calatayud non trouxo o necesario pulo para Daroca que se esperaba.

Sitios de interese

editar
 
Daroca: fonte dos vinte canos
  • Murallas medievais (con máis de 4 km de perímetro).
  • Portas da muralla.
  • Igrexa de San Miguel.
  • Igrexa de San Xoán.
  • Fonte dos vinte canos.
  • Pazo dos Luna, do século XV.
  • Ruejo del Milagro, unha moa de muíño (ruello en aragonés, castelanizado localmente en ruejo) que salvou Daroca nunha chea.

Celebracións

editar
  • Festival de Música Antiga (Xullo).
  1. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Darouca". Dicionario de dicionarios do galego medieval. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar