Daniel o fedello
Daniel o fedello (en inglés: Dennis the Menace) foi unha tira cómica orixinalmente creada, escrita e ilustrada por Hank Ketcham para King Features Syndicate.
Estreouse o 12 de marzo de 1951 en 16 xornais. Hoxe en día a tira cómica é escrita e debuxada polos asistentes achegados de Ketcham, Marcus Hamilton e Ron Ferdinand, e a King Features Syndicate distribúea aproximadamente a 1.000 xornais en 48 países en 19 linguas. A serie cómica publícase nun formato de chiste durante os días de semana e en formato de páxina completa de historieta os domingos.
A banda deseñada pasou á televisión nos anos oitenta coma serie de debuxos animados: Daniel o fedello, dobrada tamén ao galego pola Televisión de Galicia. Foi unha serie animada tan exitosa que foi adaptada polos diferentes medios entre eles a televisión en forma de personaxes reais e animados e en varios filmes, así coma tamén en presentacións teatrais e incluso entregas de vídeo. Foi sonado o filme de 1993: Daniel o fedello, tamén dobrado a galego.
Argumento
editarA serie baséase na vida dun cativo estadounidense que mora nunha típica zona residencial cos seus pais, o seu can. A trama xira arredor das falcatruadas que Daniel argalla e a súa convivencia cos seus amigos, familia e veciños, onde salienta o Señor Wilson, un home maior que sofre todas as trasnadas do fedello Daniel.
Personaxes
editar- Daniel Mitchell ou Dennis Mitchell: o protagonista. Disque este personaxe baseouse no propio fillo de Hank Ketcham, Dennis, cando tiña cinco anos.
- Henry Mitchell, o pai.
- Alice Mitchell, a nai.
- George Wilson: o señor Wilson, o veciño.
- Martha Wilson, a veciña e dona de George.
- Joey
- Gina
- Margareth ou Margot