Damon Albarn

músico británico

Damon Albarn, nado o 23 de marzo de 1968 en Whitechapel, (Tower Hamlets, Londres) é un cantante e compositor inglés coñecido principalmente por ser o vocalista da banda de britpop Blur.

Modelo:BiografíaDamon Albarn

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Whitechapel, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónGoldsmiths, Universidade de Londres
The Stanway School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, multiinstrumentista, cantautor, produtor musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo, indie rock, Britpop, worldbeat (pt) Traducir, hip hop alternativo (pt) Traducir, world music, música hip hop, Art rock e dub Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, melodica, voz, piano, violín, teclado electrónico, baixo, caixa de ritmos, sintetizador e ukelele Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoParlophone
Honest Jon's
Virgin Records
Food Records
EMI Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaJustine Frischmann (1991–1998) Editar o valor en Wikidata
PaiKeith Albarn Editar o valor en Wikidata
IrmánsJessica Albarn Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webdamonalbarnmusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0016332 Allocine: 26484 Allmovie: p230178
Facebook: Damonalbarnofficial Twitter: damonalbarn Instagram: damonalbarn Tumblr: damonalbarnmusic MySpace: damonalbarn Youtube: UCFRNTiK9a2Lc_HPmTQK-C7A BNE: XX1502205 Souncloud: damonalbarn Spotify: 0O98jlCaPzvsoei6U5jfEL iTunes: 42105591 Last fm: Damon Albarn Musicbrainz: 7d7a5fdd-0d04-4c36-8bee-906feeae239c Songkick: 205139 Discogs: 3882 Allmusic: mn0000668164 Deezer: 1682197 Genius: Damon-albarn Editar o valor en Wikidata

Participou das bandas Circus, Real Lives e The Aftermath. É o actual vocalista de Blur e o principal responsable da banda Gorillaz, un dos seus proxectos paralelos máis coñecidos. Tamén participou nos proxectos The Good, the Bad & the Queen, Monkey: Journey to the West e Mali Music.

Biografía

editar

Primeiros anos

editar

Albarn pasou a súa infancia en Leytonstone cos seus pais, Hazel e Keith, e a súa irmá Jessica. Durante uns meses a familia viviu en Turquía e cando volveu a Inglaterra mudáronse a Colchester, Essex, debido ao traballo do seu pai, que era mestre. Albarn entón asistíu ao Stanway Comprehensive School. El coñeceu alí ao futuro guitarrista de Blur Graham Coxon e atopou que lle gustaban as mesmas bandas, como The Jam, The Kinks ou The Human League.

Despois de rematar a secundaria, Albarn mudouse para Londres para asistir á East 15 Acting School, perdendo o contacto con Coxon. Deixou a escola despois dun ano porque non era un bo actor (a pesar de que actuou na película Face en 1997) e comezou a compoñer e a tocar música. Algunhas das cancións que compuxo nese tempo convertéronse en temas de Blur, como "Birthday", do seu álbum de debut Leisure.

En 1988 Albarn matriculouse na Goldsmiths College en New Cross, Londres. Alí volveu a atoparse con Coxon. Despois de gravar unha serie de demos xuntos, os dous formaron Circus, e Coxon presentoulle a Albarn a Alex James. Coa entrada posteriormente de Dave Rowntree, a banda comezou a tocar como Seymour. Máis adiante a banda asinaría coa Food Records e cambiaría o seu nome a Blur.

Albarn e Blur gañaron éxito comercial e da crítica co seu disco Parklife en 1994, e Albarn converteuse nun dos líderes do movemento britpop. Ese éxito foi compartido coa banda Oasis coa que tiñan unha grande rivalidade, alimentada polos medios de comunicación.

Á altura do ano 2006 Blur leva editados sete álbums, cinco dos cales chegaron ao número 1 no Reino Unido. Albarn escribía a maioría das letras das cancións editadas pola banda dende a súa formación. El dixo publicamente que agarda o regreso de Graham Coxon, que deixou a banda pouco antes de editar Think Tank, para producir máis material; porén, Coxon rexeitou volver, e Albarn anunciou en setembro 2005 que el vai tocar a guitarra no seguinte traballo de Blur.

Gorillaz

editar

Albarn formou a banda virtual de rock Gorillaz co creador de Tank Girl, Jamie Hewlett, en 1999. Cunha deliberadamente ambigua formación, o grupo leva editados dous álbums ata a data. A súa música ten colaboracións de Danger Mouse, Simon Tong (que tamén tocou a guitarra con Blur en directos), Miho Hatori, Sweetie Irie, De La Soul, Bootie Brown, MF Doom, Redman, Tina Weymouth, Roots Manuva, Neneh Cherry, Rosie Wilson, Martina Topley-Bird, Dennis Hopper, Ike Turner e Del The Funkee Homosapien entre outros.

Gorillaz e Demon Days (os dous discos da banda) funcionaron moi ben tanto en Estados Unidos como no Reino Unido, así como os seus sinxelos, "Clint Eastwood", "Feel Good Inc." ,"19-2000", "DARE", "Dirty Harry" e "Kids With Guns / El Mañana".

Carreira en solitario

editar

Albarn editou Mali Music en 2002, gravado en Malí durante unha viaxe que fixo para apoiar a Oxfam no ano 2000. Tamén visitou Nixeria para gravar co batería africano Tony Allen. Albarn dixo que lle gustaría producir un álbum de Blur en Bagdad porque lle "gusta o estilo musical iraquí".

Tamén editou Democrazy no 2003, unha colección de demos que gravou mentres estaba en hoteis durante a xira estadounidense do álbum de Blur Think Tank.

Albarn tamén apareceu noutras obras relacionadas. O seu tema "Closet Romantic" está na banda sonora de Trainspotting xunto cunha das primeiras gravacións de Blur, "Sing". O álbum de The Rentals de 1999 Seven More Minutes conta con Albarn na canción "Big Daddy C". Na edición de Fatboy Slim de 2004 Palookaville Albarn canta no tema "Put It Back Together".