Dachau é un concello bávaro nos arredores de Múnic, a unha distancia de 14 km, e perfectamente comunicado coa cidade o que fai que moitos muniqueses utilicen este núcleo de poboación a xeito de cidade dormitorio. A pesar de ter un castelo do século XVIII e ser fundada no século VIII é coñecida a nivel mundial polo Campo de concentración de Dachau onde morreron milleiros de persoas desde a súa apertura en 1933 e durante todo o período nazi.

Modelo:Xeografía políticaDachau
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°15′37″N 11°26′03″L / 48.2603, 11.4342
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera
RegierungsbezirkAlta Baviera
Rural district of Bavaria (en) TraducirDachau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Dachau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación48.337 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.382,64 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie34,96 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porAmper Editar o valor en Wikidata
Altitude480 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Oberbürgermeister (pt) Traducir Editar o valor en WikidataFlorian Hartmann (Politiker) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal85221 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico08131 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña091740115115 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán09174115 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webdachau.de Editar o valor en Wikidata

Na actualidade conta con arredor de 40.000 habitantes e é un destino turístico subsidiario de Múnic. O concello de Dachau ten en marcha diferentes actividades para que os turistas que visitan o campo de concentración visiten tamén o seu fermoso centro histórico e o castelo evitando que no mundo se coñeza o seu concello só polo campo de concentración e toda a carga negativa que esta implica.

No ano 2002 a cidade foi escenario do maior escándalo por fraude electoral en Alemaña. Dous membros do partido conservador CSU foron condenados por manipular de maneira masiva os comicios a favor do seu partido, tendo gañado o seu candidato a intendente por 1,2 por cento de diferenza. Un dos condenados recoñeceu no xuízo que manipulara as eleccións durante máis de 20 anos.[1] A pesar da fraude o candidato do CSU gañou a repetición das eleccións, que tiveron lugar no ano 2003.

  1. "Artigo". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2008. Consultado o 17 de outubro de 2010. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.