Década de 1110
Segundo milenio | |||||
Século XII | |||||
| |||||
|
1110
- Artigo principal: 1110.
- Xaneiro: o papa Pascual II declara nulo o matrimonio entre Urraca e Afonso I de Aragón[1].
- Febreiro: Pedro Froilaz pon fin ao preito dos arciprestados que enfrentaban á súa familia co bispo Xelmírez[2].
- Maio: Afonso I de Aragón, acompañado pola súa esposa a raíña Urraca, invade Galiza para rematar coa rebelión dos partidarios do infante Afonso Raimúndez.
- Afonso I de Aragón derrota os nobres galegos na Batalla de Monterroso, a cruel represión posterior provoca a súa primeira separación da raíña Urraca.
- Pedro Froilaz agocha o príncipe Afonso Raimúndez no mosteiro de Moraime en Muxía.
- Xuño: Os exércitos do rei de Aragón son expulsados de Galiza despois dunha campaña de tres meses. Na súa retirada tentan infrutuosamente sitiar Astorga[3].
- Afonso o Batallador retírase a Aragón para facer fronte a unha nova ofensiva almorábide[4].
- Urraca convoca o seu fillo á corte leonesa co obxecto de coroalo rei ao seu carón. Cando o nobres galegos chegan a León, Urraca esta camiño de Aragón reconciliada co seu esposo[1].
- Agosto: Afonso I e Urraca derrotan ao emir de Zaragoza Almostain na batalla de Valterra.
- Agosto: Pedro Froilaz entrevístase con Henrique de Borgoña e leva o infante Afonso Raimúndez á fortaleza do Castrelo do Miño, aproximandoo aos dominios do conde Henrique[5].
- Afonso I retén como prisioneira, encerrada no castelo de Castellar, á raíña Urraca e ocupa militarmente Castela e León. Expulsa das súas sés os bispos de Toledo, Burgos e León.
- Urraca escapa da prisión de Castellar coa axuda dos condes Gómez Núñez de Candespina e Pedro González de Lara.
- 26 de outubro: Batalla de Candespina. Afonso I de Aragón, en alianza con Henrique de Borgoña, derrota os condes casteláns partidarios de Urraca.
- Henrique de Borgoña descontento polo incumprimento do seu pacto con Afonso de Aragón alíase agora con Urraca e ambos sitian a Afonso no castelo de Peñafiel[6].
- Henrique de Borgoña rompe a alianza con Urraca a instancias da súa muller a condesa Tareixa[6].
- Urraca reconciliase por segunda vez co seu home o rei de Aragón. Levántase o cerco ao castelo de Peñafiel.
- Afonso I de Aragón retoma Palencia e Sahagun onde case captura á condesa Tareixa.
- O exército de Henrique de Borgoña cerca a Urraca e Afonso en Carrión. Os partidarios de Urraca obrígano a levantar o sitio.
Asia
1111
- Artigo principal: 1111.
- Xaneiro: A irmandade de cabaleiros galegos partidaria da raíña Urraca pon baixo asedio o príncipe Afonso Raimúndez e á súa aia Maior Guntroda na fortaleza de Castrelo do Miño[10].
- Xaneiro: Arias Pérez, líder dos partidarios de Urraca, captura mediante engano á condesa de Traba e o seu protexido Afonso Raimúndez. Xelmírez tamén e retido brevemente [11].
- Xaneiro: Pedro Froilaz e Xelmírez entrevístanse no río Tambre. Xelmírez achégase ao partido do infante Afonso. Envían legados para facer a paz con Urraca.[11]
- Xaneiro: Urraca, enemistada con Henrique de Borgoña e, novamente, co seu marido Afonso de Aragón, acepta compartir a coroa co seu fillo Afonso Raimúndez[11].
- Xaneiro: Arias Pérez libera o príncipe Afonso, á condesa Guntroda e os seus fillos. Pedro Froilaz e Xelmírez danlle garantias de renunciar á vinganza.
- 30 de xuño - Munia Froilaz, da casa de Traba, funda o Mosteiro de San Salvador de Pedroso en Narón.
- 17 de setembro: Pedro Froilaz e o bispo Xelmírez coroan rei de Galiza a Afonso Raimúndez na Catedral de Compostela[12].
- Outubro: Os burgueses de Lugo, partidarios de Afonso I de Aragón, entregan a cidade a Pedro Froilaz e Xelmírez[12].
- Outubro: Batalla de Viadangos: Após coroaren rei a Afonso VII en Compostela, os nobres galegos tentan coroalo tamén en León sendo interceptados e derrotados por Afonso I de Aragón na vila de Viadangos (Villadangos)[12].
- Outubro: Pedro Froilaz é capturado na batalla de Viadangos. Diego Xelmírez foxe co rei-neno Afonso e entrégallo á súa nai Urraca no castelo do Orcellón (na castela ourensá)[12]
Europa
- 13 de abril - Coroamento de Henrique V do Sacro Imperio Romano Xermánico
1112
- Artigo principal: 1112.
- Pedro Froilaz, tomado prisioneiro na batalla de Viadangos, recobra a súa liberdade. Ignórase se por fuga, intercambio ou após pagamento dun rescate[13].
- Febreiro: A raíña Urraca, trasládase a Galiza onde inicia unha campaña de doazóns (vendas) para garantir o apoio dos partidarios do seu fillo na guerra contra Afonso I de Aragón[14].
- 2 de marzo: Urraca doa ao bispo de Mondoñedo as vilas de Valadouro, Viveiro e Pedrosa, recibindo en agradecemento catorce marcos de prata[13].
- Marzo: Urraca doa á igrexa lucense todas as pertenzas reais nos termos de Lugo, recibindo do bispado cen marcos de prata[13].
- Abril: Urraca doa á igrexa compostelá todas as pertenzas da coroa na terra de Santiago. Recibe a cambio cen onzas de ouro e douscentos marcos de prata[15].
- 21 de abril: Urraca convoca cortes do reino en Compostela. Solicita aos bispos e condes galegos a súa axuda na guerra contra o seu home Afonso de Aragón[16].
- Abril: Urraca prende a Arias Pérez e aos seus cómplices. Obrigaos a devolver o castelo de Lobeira e confinaos "nas últimas praias de Galiza"[17].
- 28 de abril: Urraca doa á igrexa de Tui as vilas de Santa Mariña de Areas, Spiniceto e todas as propiedades reais na zona[13].
- Maio: Urraca fai unha extensa doazón de bens, por distintos puntos da xeografía galega, a Pedro Froilaz e a súa esposa Maior Guntroda[16].
- Maio: O exército galego inicia a marcha para recuperar os territorios conquistados por Afonso de Aragón. Xelmírez permanece en Galiza para manter a orde no país[16].
- Maio: Urraca amplía o couto do mosteiro de Samos recibindo por iso 36 marcos de prata[13].
- Maio: Afonso I solicita 300 coraceiros a Aragón para deter as forzas galegas en Astorga. Os reforzos son interceptados por partidarios casteláns de Urraca. Refuxiase en Carrión baixo asedio[18].
- 12 de maio: Morre Henrique de Borgoña a consecuencia das feridas recibidas no cerco de Astorga. A súa muller, a condesa Tereixa, faise cargo do goberno do condado portucalense[19].
- Os nobres Paio Gudestéiz e Rabino Núnez únense a Arias Pérez e declárandose partidarios de Afonso de Aragón conquistan as terras galegas entre o Miño e o Ulla[20].
- O exército de Diego Xelmírez reconquista o territorio perdido. Arias Pérez refuxiase nos montes, Rabino Núnez no castelo de Ponte Sampaio e Paio Gudestéiz no de Darbo[20].
- A raíña Urraca escribe a Xelmírez pedíndolle que reconquiste os castelos dos rebeldes. Xelmírez ataca o castelo de Ponte Sampaio por terra e por mar[21].
- Rabino Núnez e Paio Gudestéiz toman a soldo parte unha nave de cruzados procedentes das illas británicas que se dirixían a Palestina. A frota de Xelmírez captura o barco británico.[22]
- Xelmírez sitia por terra e mar os castelos de Darbo e Ponte Sampaio. Rabino Núnez e Paio Gudestéiz réndense e entregan as fortalezas[23].
- Decembro: O longo asedio de Carrión e a crecente inestabilidade nos seus reinos fan que Urraca e Afonso se reconcilien por terceira vez. Pactan un acordo de paz na vila de Peñafiel[24].
- Levantase o asedio de Carrión. Pedro Froilaz e o resto dos nobres galegos regresan a Galiza amolados polo desenlace pois foron eles quen cargaron co mais duro da campaña[24].
- Urraca parte co seu home cara a Aragón, onde este pretendía prendela e encerrala no castelo de Peralta[24].
Europa
- Marzo: Concilio de Letrán.
1113
- Artigo principal: 1113.
- Abril: Afonso incumpre os acordos de Peñafiel, ocupa as torres de León e outras fortalezas. Os nobres garantes do acordo devolven a Urraca os castelos que retiñan en nome do rei de Aragón[25].
- Urraca, en Aragón, gaña as vontades dos subditos de Afonso mediante presentes e afagos e regresa aos seus reinos onde recupera varias fortalezas. Afonso fai vir reforzos desde Francia[26].
- Maio: A raíña Urraca escribe pedindo axuda militar a Xelmírez. Este convoca os nobres galegos que se amosan reticentes debido ao desenlace da campaña do ano anterior[27].
- 30 de maio: O exército galego comandado por Pedro Froilaz parte finalmente cara á guerra contra Afonso de Aragón. A tardanza do exército amola á raíña Urraca[28].
- 25 de xuño: Os nobres galegos fan fronte as tropas de Afonso I, este recúa sen loitar abandonando o castelo de Burgos que capitula após 15 días de asedio[29].
- Xullo: Afonso I envia legados a Urraca con propostas de paz. A postura favorábel o acordo dos burgueses de Castela e León fai que a esta acepte. Xelmírez fala en contra na asemblea[30].
- Urraca pide aos nobres galegos que socorran a vila de Berlanga sitiada polos almorábides. Pedro Froilaz traslada parte das súas forzas para levantar o cerco[31].
- Agosto: O exército galego, trala cuarta reconciliación de Urraca e Afonso "o batallador", regresa á súa terra marchando coas mesmas precaucións que por pais inimigo[32].
- Pedro Froilaz e a súa familia fortalecen a súa alianza coa igrexa na defensa dos dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez[33].
- 6 de novembro: Pedro Froilaz, e outros membros do seu clan familiar, realizan unha copiosa doazón de bens á igrexa de Santiago[32].
- 14 de decembro: Pedro Froilaz doa á orde de Cluny o mosteiro e panteón familiar dos Froilaz-Traba: San Martiño de Xuvia[33].
Europa
- Pedro Abelardo abre unha escola en París
1114
- Artigo principal: 1114.
- Afonso I incumpre os acordos de paz a que chegara coa súa esposa a raíña Urraca. Reanúdase o conflito entre eles[34].
- Pedro Froilaz, a súa esposa Maior e os seus fillos Bermudo e Fernán, asinan unha alianza co bispo Xelmírez[35] co obxecto de entronizar a Afonso Raimúndez á marxe da súa nai Urraca[36].
- 17 de abril: O arcebispo de Toledo publica a bula papal que suspende nas súas funcións a Mauricio, arcebispo de Braga[37].
- Pedro Froilaz leva por primeira vez ao seu pupilo Afonso Raimúndez a Toledo, ás guerras da fronteira cos almorábides[38].
- Decembro: O papa anula os dereitos legatarios do arcebispo de Toledo sobre Braga e confirma o título de arcebispo a Mauricio[39].
Europa
- Ramón Berenguer III conquista Mallorca e Eivisa.
1115
- Artigo principal: 1115.
- 3 de xaneiro: Urraca doa a Xelmírez o mosteiro de San Salvador de Camanzo, diversas igrexas e outros bens pertencentes á coroa antes de regresar a Galiza[40].
- Agosto: Xelmírez obten unha dispensa papal pola cal non ten que acudir aos concilios convocados polo arcebispo de Toledo[41].
- 26 de novembro: Urraca fai unha nova doazón a Xelmírez e á igrexa Compostelá[42].
Galiza
- Piratas almorábides, ás ordes de Alí-ben- Mensón, asentados nas illas costeiras de Galiza, efectúan incursións contra o litoral, devastando, especialmente, as comarcas do Salnés e O Morrazo.
Europa
- Pedro Abelardo convértese en cóengo da Catedral de Notre-Dame de París.
- San Bernaldo funda o mosteiro de Claraval ou Clairvaux en Champaña.
- Saqueo de Mallorca por unha escuadra pisano-catalá a mando de Ramón Berenguer III.
- Fundación da República de Vicenza, Italia (durará até 1311).
Asia
- Comeza a reinar na China a dinastía Chin.
1116
- Artigo principal: 1116.
- Afonso o Batallador concede o dereito de celebrar feira a Belorado.
- Primavera: Urraca trata de prender a Diego Xelmírez para apoderarse do erario da igrexa compostelá e rachar a súa alianza coa casa de Traba. O bispo, advertido por Pedro Froilaz, resgárdase en Compostela[43].
- Iníciase a guerra entre os partidarios galegos da raíña Urraca e os do seu fillo Afonso. Fernán Pérez de Traba pon baixo asedio o Castelo de Lobeira[44].
- Pedro Froilaz e o seu pupilo Afonso Raimúndez regresan de Toledo. Afonso é ratificado como rei de Galiza e toma posesión do reino[45].
- Urraca marcha cos seus soldados polo camiño de Santiago. Os cidadáns de Compostela ábrenlle as portas da cidade e nomeana a súa "abadesa e señora"[46].
- O exército de Urraca marcha contra Gómez Núnez, conde de Toroño. No castelo de Sobroso é cercada polos exércitos de Pedro Froilaz e a súa irmá a condesa Tareixa[46].
- Outubro: A raíña Urraca vese obrigada a ceder ao seu fillo Afonso a autoridade nos reinos de Galiza e Toledo, mantendo ela o control dos restantes territorios[47].
1117
- Artigo principal: 1117.
- 22 de febreiro: incorporación do mosteiro de Pombeiro (hoxe no concello de Pantón, Lugo) á orde cisterciense.
- 1 de marzo: Urraca fixa os límites da diocese de Mondoñedo após o seu traslado á súa nova sé do Val de Brea.
- Xuño: Os cidadáns de Compostela rebélanse contra os seus señores. Prenden lume á Catedral de Santiago[48].
- Xelmírez e a raíña Urraca son asediados na Torre das Campás. Urraca é aldraxada, espida e golpeada, o bispo Xelmírez consegue fuxir disfrazado[48].
- Pedro Froilaz, o rei Afonso e outros nobres poñen cerco a Compostela. Os burgueses vense forzados a capitular devolvendo o poder ao bispo Xelmírez[48].
- 16 de novembro: Afonso VII é recibido como rei en Toledo a instancias do seu aio o conde Pedro Froilaz.
- Data rexistrada máis antiga do uso do compás ou agulla de marear, na China, para auxilio na navegación.
- Borivoj II de Bohemia convértese en Príncipe de Bohemia no canto de Vladislav I de Bohemia.
- Toma da Cerdaña por Ramón Berenguer III, conde de Barcelona.
1118
- Artigo principal: 1118.
- 29 de xullo: Urraca e Afonso Raimúndez devolven os irmáns Bermudo e Fernán ao mosteiro de Sobrado. Este cenobio fora incautado polo rei Fernando I aos seus antepasados no ano 1050.
- Decembro: Afonso o Batallador, rei de Aragón, conquista a cidade de Zaragoza.
- Aprobación por Pedro, bispo de Lugo, dun foro feito por Pedro Ascariquez e Odoario Guterrez.
- Nove cabaleiros de orixe francesa fundan a Orde do Temple en Xerusalén.
1119
- Artigo principal: 1119.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Falque Rey, Emma (ed.). Historia compostelana (1990 ed.). AKAL. pp. 155–156.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. 2. Concello de Narón. p. 100. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 08 de marzo de 2019.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 338.
- ↑ López Teixeira 2013. p. 64
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 344.
- ↑ 6,0 6,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 359.
- ↑ Castiñeiras, Manuel (2012). Las portadas del crucero de la catedral de Santiago (1101-1111). Alfonso VI y su legado. Actas del Congreso Internacional, Sahagún, 29 de octubre al 1 de noviembre de 2009 : IX Centenario de Alfonso VI (1109-2009) (Diputación de León). p. 217. ISBN 978-84-89410-22-0.
- ↑ Williams, John (2015). "¿España o Toulouse? Observaciones medio siglo después" (PDF). Quintana. Revista de Estudos do Departamento de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela ed.) (14): 284. ISSN 1579-7414.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 370. ISBN 978-84-8341-293-0.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. p. 157.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. p. 161.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelana (1994 ed.). AKAL. pp. 174–177.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 López Ferreiro 1885. cap. XIV
- ↑ López Teixeira 2013. p. 77
- ↑ Historia compostelá. Libro I. Cap. LXIX, LXX, LXXI.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 López Ferreiro 1900. pp. 371-376.
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap.LXXII
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXIII
- ↑ López Teixeira 2013. p. 83
- ↑ 20,0 20,1 Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXIV
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXV
- ↑ López Ferreiro 1900. pp. 383-386
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXVII
- ↑ 24,0 24,1 24,2 López Ferreiro 1900. pp. 377-379
- ↑ López Ferreiro 1885. p. 88
- ↑ López Ferreiro 1900. pp. 390-391
- ↑ López Teixeira 2013. p. 87
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXXIV
- ↑ Historia Compostelá. Libro 1. Cap. LXXXVII
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. LXXXIX
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. XC
- ↑ 32,0 32,1 López Ferreiro 1900. pp. 402-407
- ↑ 33,0 33,1 López Teixeira 2013. p. 93
- ↑ López Ferreiro 1885. Cap. XXII
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. C
- ↑ López Teixeira 2013. p. 96
- ↑ Historia Compostela. Libro I. Cap. XCIX
- ↑ López Ferreiro 1885. Cap. XXVI
- ↑ López Teixeira 2013. p. 97
- ↑ López Ferreiro 1900. pp. 409-410
- ↑ Historia Compostelá. Libro I. Cap. CV
- ↑ López Ferreiro 1900. pp. 413-415
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 413–415.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 448–453.
- ↑ Falque Rey, Emma (ed.). Historia Compostelá (1994 ed.). AKAL.
- ↑ 46,0 46,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 456–458.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 466–469.
- ↑ 48,0 48,1 48,2 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a. m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 472–495.