Curantes, A Estrada
San Miguel de Curantes é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña unha poboación de 204 habitantes (114 mulleres e 90 homes), distribuída en 12 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 305 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 448 persoas.
Curantes | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Curantes. | |
Concello | A Estrada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°41′54″N 8°22′51″O / 42.69843351, -8.38071394 |
Poboación | 160 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarO río Curantes, afluente do Liñares, forma un espazo natural onde se atopan dúas fervenzas denominadas “Picho da Fervenza” e “Poza de Maimón”. Estes saltos de auga foron aproveitados para a instalación de muíños. O val nas ladeiras do monte de San Sebastián foi declarado de Interese Paisaxístico.
Patrimonio
editar- Casa de Recarei.
- Cruceiro en Pousada.
- Muíño no picho de Curantes.
Hórreos
editar- Hórrea na casa de Xesús Reboredo en Curantes Vello.
- Hórrea da Pica en Curantes.
Festas
editarNa Carballeira de Pousada celébrase a Romaría Interxeracional dos Pereiriños, como homenaxe ao labor cultural e económico dos emigrantes que a principios do século XX crearon as Sociedades de Instrución para construír escolas en Galicia. A súa orixe remóntase a 1916 cando se fixo o primeiro certame escolar na carballeira co obxectivo de incentivar a asistencia dos nenos á escola; foi organizado polo Sindicato Agrario de Pardemarín, con fondos dos emigrantes de América.
Galería de imaxes
editar-
Busto de Ramón Verea.
Lugares e parroquias
editarLugares de Curantes
editarLugares da parroquia de Curantes no concello da Estrada (Pontevedra) | |
---|---|
Cortes | Curantes Novo | Curantes Vello | Esmorís | O Fieitoso | A Nogueira | A Pena Barreira | As Pereiras | O Porto | Pousada | San Martiño | Sinteiro |
Parroquias da Estrada
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabeza Quiles, Fernando (2019). Toponimia da Estrada (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-6-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.Cabeza Quiles&rft.btitle=Toponimia da Estrada&rft.date=2019&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-947823-6-7&rft.pub=RAG - Asociación Galega de Onomástica&rft_id=https://academia.gal/documents/10157/704901/Toponimia+A+Estrada.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">