Cruz Risco
María Cruz Martínez-Risco Fernández, coñecida como Cruz Risco, nada en Ourense o 3 de maio de 1943[1] e finada na mesma cidade o 24 de decembro de 1992, foi unha xornalista e cineasta galega.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1943 Ourense, España |
Morte | 24 de decembro de 1992 (49 anos) Ourense, España |
Educación | Escola Oficial de Xornalismo Centro Universitario de Vincennes |
Actividade | |
Ocupación | cineasta, xornalista |
Familia | |
Pai | Vicente Risco |
Irmáns | Antón Risco |
Traxectoria
editarFilla de Vicente Risco. Estudou na Escola Oficial de Xornalismo en Madrid. Iniciou a tese de licenciatura La Revista "NOS", exponente de la Cultura Gallega que dirixía Ramón Fernández-Pousa.[4] Traballou en La Voz de Asturias e Radio Nacional de España. En 1968 viaxou a Londres, onde traballou nun restaurante e fixo reportaxes sobre regatas. Pasou Cannes e instalouse en París sobre o ano 1972. Matriculouse no departamento de realización da escola de cine do Centro Universitario de Vincennes onde cursou a especialidade de dirección e fixo traballos de cinema directo. Traballou nun documental sobre as revoltas campesiñas contra a ampliación da base militar de Larzac (Occitania) e en Le musée fantôme, unha entrevista con Henri Langlois. En 1975 visitou Portugal e filmou a caída de Marcelo Caetano e o réxime salazarista e a estela da revolución dos Caraveis.
No verán de 1977 xunto con Begoña Zanguitu, Elizabeth Aguirre e Pilar del Caz (o Grupo 4), percorreron festas populares en Galicia para retratar os emigrantes retornados na película Por que marchamos, que se proxectou en 1978 en varias das aldeas onde foi rodado. Nos anos oitenta asentouse en España. Colaborou con Iñaki Núñez Rozados en Toque de Queda. Mudouse a Altea (Alacant) e rodou a curta Villa Los Angeles. Intentou filmar con Emilio Pérez Calviño en Galicia e escribiu con el o guión de Meiga, colaborou con Chano Piñeiro en Esperanza (1986) e abriu en Ourense un pub con varios amigos. Apareceu morta no seu apartamento de Ourense o 24 de decembro de 1992.
Notas
editar- ↑ "Currículo Viate [sic] de Cruz Martínez-Risco Fernández". Galiciana. 1986.
- ↑ Daniel Salgado (13 de novembro de 2024). "El cine perdido de la gallega Cruz Risco, pionera que grabó la emigración en París o la Revolución de los Claveles". eldiario.es (en castelán).
- ↑ Marcos Pérez Pena (17 de novembro de 2024). "Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada". Praza.gal.
- ↑ La Región, 2-3-1966, p. 2.