Cruz
Unha cruz (do latín crux) é unha figura xeométrica consistente en dúas liñas ou barras que se cruzan nun ángulo recto, de tal forma que unha delas (ou as dúas) queda dividida pola metade. É un dos símbolos máis antigos, e é un símbolo de moitas relixións.
Marcas e caracteres en forma de cruz
editar- O número 10 na numeración romana;
- O carácter chinés 十 para o número dez (véxase numeración chinesa).
- O obelus (÷);
- O signo máis ( ) e o signo de multiplicar (×).
- o símbolo de "nocivo" (x sobre fondo vermello).
Tipoloxías
editar- A cruz gammada ten os brazos torcidos. É un símbolo moi antigo, de representación esquemática do sol. Se os brazos xiran á esquerda trátase dunha sauvástica, e se o fan cara á dereita (como as agullas do reloxo) trátase dunha esvástica, símbolo adoptado polo Partido Nazi.
- O ankh exipcio.
- A cruz carolinxia, similar ás cruces celtas das illas Británicas, con catro triquetras.
- A cruz visigótica, de brazos abertos, como a Cruz de San Millán.
- A cruz grega, con catro brazos da mesma lonxitude. Unha variante é a cruz de Malta, con catro brazos con forma de frecha unidos polas puntas. Outra variante é a cruz de San Xurxo.
- A cruz de Santo André, como a grega pero rotada 45º.
- A cruz latina, co pé máis longo cós brazos. Unha variante é a cruz patriarcal, cruz da Lorena, ou Vera Crucis, con dous traveseiros horizontais, sendo o superior un pouco máis curto có inferior.
- A cruz de Caravaca é unha variante da anterior. Estritamente é un relicario do Lignum Crucis en forma de cruz de dupla traversa, na súa orixe de inspiración bizantina. Reprodúcese frecuentemente acompañada de dous anxos ós lados da cruz, e nos modelos máis populares incorpora unha variada iconografía na que se inclúen unha imaxe da Inmaculada Concepción, un Crucificado etc.
- A cruz da orde de Calatrava e da orde de Alcántara son vermellas, cos catro brazos iguais terminados en puntas de lis.
- A cruz de Santiago é vermella, e recorda vagamente a forma dunha espada.
- A cruz solar, cruz dentro dun círculo, é un símbolo común na Europa prehistórica, adoita asociarse co culto ao sol, e á árbore da vida. Atopamos unha cruz solar no cume do tellado da Capela da Corticela, na Catedral de Santiago de Compostela.
- A cruz celta, cruz (moitas veces grega), cun anel que a arrodea por detrás da intersección
- A cruz cristiá converteuse nun símbolo do cristianismo moderno, especialmente da rama católica.
- A Cruz Vermella é mundialmente coñecida.
- A cruz de Xerusalén, tamén denominada "cruz das Cruzadas", é unha cruz heráldica símbolo do cristianismo, sobre todo do oriental. Componse dunha cruz grega rodeada por outras catro cruces da mesma forma e de menor tamaño, chamadas crucetas, situadas en cada un dos cuadrantes delimitados polos seus brazos.[1]
-
Esvástica nun mosaico romano do século II
A cruz nas bandeiras
editarMoitas bandeiras e escudos teñen cruces, como as dos países escandinavos (Dinamarca, Islandia, Finlandia, Noruega e Suecia), o Reino Unido e os estados, provincias, dependencias e territorios da Union Jack, e estados como Burundi, Dominica, Eslovaquia, Xeorxia, Grecia, Xamaica, Malta, República Dominicana, Suíza ou Tonga.
Tamén aparece nas bandeiras de Alabama, Florida, Ulster, Inglaterra, Escocia, Madeira, Illas Feroe, Illas Åland, Martinica, Sardeña, Aragón, País Vasco, Asturias, Occitania, Savoia, Quebec, Ámsterdam, Barcelona, Londres, Montreal, Saint-Malo ou Vitoria.
Notas
editar- ↑ Wood Seymour, William. The Cross in Tradition, History and Art. Ed. G. P. Putnam's Sons. Nova York e Londres, 1898. Páxina 364 (en inglés)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cruz |
- Tipos de Cruces (en castelán)