Crónica Albeldense

A Crónica Albeldense (Codex Conciliorum Albeldensis seu Vigilanus) é un manuscrito medieval, ademais dunha crónica histórica que chega ata o ano 883, no tempo de Afonso III que se supón escrita polo eclesiástico Dulcinio, contén varios documentos históricos da época visigoda. Entre outros textos están os canons dos Concilios de Toledo, o Liber Iudiciorum, decretos de Papas, narracións históricas (como unha vida de Mahoma), un calendario etc. Os compiladores foron tres monxes do mosteiro de Albelda (A Rioxa), Vigila e dous colaboradores, que a completaron no ano 976, o manuscrito orixinal consérvase na biblioteca de El Escorial. A Albeldense contén a primeira mención e representación no Oeste da numeración árabe.

Folio 241 do manuscrito.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar