Cráter da Terra de Wilkes
A concentración de masa da Terra de Wilkes é un dos dous posíbeis sitios de impacto de meteoritos escondidos baixo a capa de xeo de Wilkes Land, na Antártida Oriental.
Tipo | Cráter de impacto | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Antártida | |||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 500 () km | |||
Descubrimento
editarA hipótese foi publicada nun artigo de Weihaupt en 1976.[1] Con anterioridade, na década de 1960, xa se especulara tamén coa posibilidade da formación de australitos[2] debido a un grande impacto.[3]
Foi informado por primeira vez nunha conferencia en maio de 2006 por un equipo de investigadores dirixido por Ralph von Frese e Laramie Potts da Universidade Estatal de Ohio.[4]
A anomalía da Terra de Wilkes foi detectada utilizando datos gravitacionais que suxiren a presenza dun mascon (concentración de masa)[5] de aproximadamente 300 km de diámetro. Esta anomalía podería ser o resultado dun impacto de grande enerxía, posibelmente responsábel da extinción masiva do Permiano-Triásico, hai aproximadamente 250 millóns de anos, eliminando ao redor do 90% da vida mariña e o 70% da vida terrestre, aínda que esta teoría segue sendo especulativa.[6]
Investigación
editarOs datos gravitacionais e magnéticos recollidos pola NASA e outras axencias científicas indican que a anomalía da Terra de Wilkes podería ser consistente coa estrutura dun grande cráter de impacto. Non obstante, debido á espesa capa de xeo que cobre a rexión, e mesmo ás condicións extremas da Antártida, as probas directas son difíciles de obter.[7]
Situación
editarAs súas coordenadas son 70°S 120°E.
Notas
editar- ↑ Weihaupt, John G. (1976-11-10). "The Wilkes Land Anomaly: Evidence for a possible hypervelocity impact crater". Journal of Geophysical Research (en inglés) 81 (32): 5651–5663. doi:10.1029/JB081i032p05651.
- ↑ Os australitos ou australites son un tipo de tectita, vidro natural formado polo impacto de meteoritos de orixe extraterrestre, atopados no Hemisferio sur, principalmente en Australia. Estes materiais, compostos principalmente por dióxido de silicio (cuarzo), presentan unha variedade de formas e tamaños e son formados a partir da fusión e solidificación do material terrestre durante o impacto.
- ↑ Schmidt, Richard A. (1962-10-19). "Australites and Antarctica". Science (en inglés) 138 (3538): 443–444. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.138.3538.443.
- ↑ von Frese, R. R.; Potts, L.; Wells, S.; Gaya-Piqué, L.; Golynsky, A. V.; Hernandez, O.; Kim, J.; Kim, H.; Hwang, J. (2006-05-01). "Permian-Triassic Mascon in Antarctica" 2007: T41A–08.
- ↑ Un mascon (abreviatura de "mass concentration") é unha rexión da litosfera onde hai unha concentración anormalmente alta de masa. Esta alta concentración de masa pode causar anomalías gravitacionais detectables desde o espazo. Os mascons foron inicialmente descubertos na Lúa, pero tamén se atoparon en outros corpos planetarios, incluíndo a Terra.
- ↑ Abe, Shige. "Did an Impact Trigger the Permian-Triassic Extinction?". astrobiology.nasa.gov; NASA Astrobiology (en inglés). Consultado o 2024-07-27.
- ↑ vonFrese, Ralph R. B.; Wells, Stuart B.; V, Potts Laramie; Gaya-Pique, Luis R.; Golynsky, Alexander V.; Hernandez, Orlando; Kim, Jeong Woo; Kim, Hyung Rae; Hwang, Jong Sun (2005-01-01). "GRACE Gravity Data Target Possible Mega-impact in North Central Wilkes Land, Antarctica" (en inglés).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Imaxes do cráter "Big Bang In Antarctica -- Killer Crater Found Under Ice (Arquivado)