Coturnix
Paspallases, codornas, codornices

Rango fósil: plioceno - actualidade [1]

Paspallás común Coturnix coturnix
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Perdicinae
Xénero: Coturnix
Garsault, 1764, ou
Bonnaterre, 1791
Especies
Véxase o texto

Coturnix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe varias especies coñecidas vulgarmente como paspallases, codornas ou codornices.[2]

Coturnix coromandelica.

Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, as perdices e os faisáns que, xunto coas especies de Coturnix forman un clado chamado Coturnicinae, dentro da subfamilia dos perdicinos.[3]

Características

editar

Os paspallases do xénero Coturnix, propios do Vello Mundo, viven en parellas ou en pequenos grupos sociais, e forman grupos máis grandes durante as migracións (aínda que non todas as especies migran). A maioría son capaces de faceren curtos voos ascendentes moi rápidos para escaparen dos perigos. A diferenza doutros xéneros relacionados, os paspallases do Vello Mundo non pousan nas árbores. Dedican gran parte do seu tempo en fregarse e buscar sementes e invertebrados no solo, dos que se alimentan.

Hábitat

editar

Os hábitats típicos son terreos con vexetación densa, como pasteiros, matogueira xunto a ríos e campos de cereais.

Depredadores

editar

Son predados sobre todo por pequenas aves de presa, como os falcóns.

Taxonomía

editar
 
Coturnix delegorguei.
 
Coturnix pectoralis.
 
Polos de 2 semanas de C. japonica.
 
Coturnix ypsilophora.

Descrición

editar

O xénero foi descrito en 1764 polo botánico e zoólogo francés François Alexandre Pierre de Garsault, ou en 1791 polo naturalista, tamén francés, Pierre Joseph Bonnaterre, segundo os autores.[4][5]

Etimoloxía

editar

O nome do xénero está tomado do latín clásico cōturnīx, -īcis, 'codorniz',[6] nome derivado do latín preclásico *quocturnix, relacionado coa onomatopea do grito desta ave.[Cómpre referencia]

Nomes vulgares galegos

editar

Ademais dos xa máis arriba mencionados, sancionados pola Real Academia Galega, en Galicia os paspallases tamén son coñecidos como cuturnís, paspallara, pazpallar e saltagrá.[7]

Especies

editar

O Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS),[5] e mais a UICN,[8] recoñecen oito especies do xénero Coturnix. Pero esta lista foi modificada actualmente pola clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC). (Véxase máis abaixo en "Controversia taxonómica"):

  • Coturnix adansonii J. Verreaux & E. Verreaux, 1851 – Paspallás azul ou paspallás azul africano.
  • Coturnix chinensis (Linnaeus, 1766) – Paspallás chinés, ou paspallás azul chinés.
  • Coturnix coromandelica (Gmelin, 1789) – Paspallás da chuvia.
  • Coturnix coturnix (Linnaeus, 1758) – Paspallás común.
  • Coturnix delegorguei Delegorgue, 1847 – Paspallás arlequín.
  • Coturnix japonica Temminck & Schlegel, 1849 – Paspallás xaponés.
  • Coturnix pectoralis Gould, 1837 – Paspallás pectoral.
  • Coturnix ypsilophora Bosc, 1792 – Paspallás prda, ou paspallás de Tasmania.

Especies extintas

editar

Ademais coñécense tamén dúas especies extntas:[9]

Controversia taxonómica

editar

Os expertos do IOC clasifican actualmaente a Coturnix adansonii dentro do xénero Excalfactoria, como Excalfactoria adansonii (Verreaux & Verreaux, 1851),[12] e outros autores en Synoicus, como Synoicus adansonia.[13]

Por outra parte, os expertos do IOC tamén clasifican a Coturnix chinensis no mesmo xénero Excalfactoria, como Excalfactoria chinensis (Linnaeus, 1766),[14] e outros autores no Synoicus, como Synoicus chinensis.[15]

Polo que o número de especies do xénero quedaría reducido a seis.

En Galicia

editar

En Galicia a única especie presente do xénero é Coturnix coturnix, onde foi común en tempos pasados, pero está en regresión.[16] Ocupa trigais, pasteiros, outros cultivos e lugares abertos, especialmente en chairas, como na Limia, a Terra Chá e a meseta de Mazaricos e mesmo en zonas de alta montaña, até os 1 500 m de altitude. Na actualidade o seu status en Galicia pode cualificarse de "pouco común ", xa que se esta a producir un lento peo progresivo descenso das súas poboacións desde hai varias décadas, situación que non debe ser atribuída á súa caza, xa que en Galicia esta especie non posúe o atractivo que ten noutros lugares de Europa, e mesmo da Península Ibérica, senón máis ben á destrución de numerosos niños cando a colleita de cereais e de herba para ensilar, así como —probabelmente— á moderna introdución de insecticidas e herbicidas na súa cadea trófica.[17]

Rexistro fósil

editar

Unha especie fósil do oligoceno tardío - mioceno tardío do suroeste de Europa e da Europa central foi descrita como Coturnix gallica. E outra, descrita como C. donnezani, estendeuse desde o plioceno temperán até o plistoceno temperán en Europa.

Na gastronomía

editar
 
Ovos de Coturnix japonica.

Desde tempos antigos os paspallases son obxecto de caza en todos os países onde habitan e, nos modernos, tamén se crían en granxas para aproveitar a súa carne e os seus pequenos oviños. Por exemplo, na Península Ibérica, desde a Idade Media, a especie do país, Coturnix coturnix, foi a protagonista de receitas de alta cociña. Este paspallás posúe unha carne moi delicada, fina, suave e tenra, en especial o espécimes salvaxes, xa que presenta texturas algo máis compactas e sabedeiras que as variedades de granxa, que usualmente son da especie Coturnix japonica,[18] que foi domesticada hai máis de 600 anos, e da que se obtiveron, por mutacións, multitude de variedades. Hoxe a súa cría é industrial, tanto para a carne como para os ovos. A femia comeza a poñer á idade de 40 días, e produce o seu propio peso en ovos en 10 días; pode poñeer máis de 200 ovos ao ano. O paspallás xaponés tamén se introduciu, para a caza, nos Estados Unidos e en Europa, o que ocasionou, neste último caso, non poucos problemas pola hibridación con Coturnix coturnix.[19]

  1. Coturnix Garsault 1764 na EOL.
  2. paspallás no Dicionario da RAG.
  3. Bao, X. K.; Liu, N. F.; Qu, J. Y. et al. (2010): "The phylogenetic position and speciation dynamics of the genus Perdix (Phasianidae, Galliformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 840–847.
  4. Genus taxon summary for Coturnix Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. AnimalBase.
  5. 5,0 5,1 Coturnix Bonnaterre, 1791 no ITIS.
  6. coturnix en Dictionary.com
  7. Penas Patiño 1995, p. 397.
  8. Coturnix na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 22 de xaneiro de 2019.
  9. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  10. Hume, Julián P.; Walters, Michae (2012). Jim Martin, ed. Extinct Birds. Y & AD Poyser. p. 42. 
  11. Coturnix novaezelandiae na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 19 de xaneiro de 2019.
  12. McGowan, Phil & Madge, Steve (2010): Pheasants, Partridges & Grouse: Including buttonquails, sandgrouse and allies. Bloomsbury. p. 244. ISBN 978-1-4081-3565-5.
  13. BirdLife International (2016): Synoicus adansonii na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 19 de xaneiro de 2019.
  14. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Pheasants, partridges, francolins". World Bird List Version 8.1. Unión Ornitolóxica Internacional. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  15. BirdLife International (2016): Synoicus chinensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 19 de xaneiro de 2019.
  16. Penas Patiño et al. 1991, p. 102.
  17. Penas Patiño 1995, pp. 397-298.
  18. Codorniz en Región de Murcia Digital.
  19. Hennache, A. & Ottaviani, M. 2011.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Hennache, A. & Ottaviani, M. (2011): Cailles, Perdrix et Francolins de l’Ancien Monde. Clères, Seine-Maritime: Éditions W.P.A. France. ISBN 978-2-9512-4673-7.
  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
  • Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
  • Penas Patiño, X. M. (1995): "Coturnix coturnix (Linn.) Paspallás". En: VV. AA. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves. Santiago de Compostela: SGHN / CCG. ISBN 84-8717-289-X.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar