Costanza de Aragón e de Anjou
Costanza de Aragón,[1] nada en Valencia o 4 de abril de 1300 e finada no Castelo de Garcimuñoz o 19 de outubro de 1327, foi unha infanta de Aragón.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1300 Valencia (Coroa de Aragón) |
Morte | 19 de outubro de 1327 (Gregoriano) (27 anos) Castillo de Garcimuñoz (Coroa de Castela) |
Lugar de sepultura | Castillo de Garcimuñoz |
Familia | |
Familia | Casa de Barcelona |
Cónxuxe | Don Juan Manuel (1312, 1312 (Gregoriano)–) |
Fillos | Costanza Manuel |
Pais | Xaime II de Aragón e Branca de Anjou |
Irmáns | Afonso IV de Aragón Sabela de Aragón e de Anjou Violante de Aragón e de Anjou María de Aragón e de Anjou Pedro IV de Ribagorza Branca de Aragón Ramón Berenguer I de Ampurias Xaime de Aragón e Anjou |
Traxectoria
editarEra a cuarta filla de Xaime o Xusto e Branca de Nápoles.[2] Por liña paterna era neta do conde-rei Pedro o Grande e de Costanza de Sicilia, e por liña materna de Carlos II de Nápoles e María de Hungría. Era a irmá máis nova do conde-rei Afonso o Benigno, así como dos condes Pedro IV de Ribagorza e Ramón Berenguer I de Empuries. O 5 de abril de 1312 casou en Xàtiva con Xoán Manuel de Castela, fillo do infante Xoán Manuel de Borgoña e Suabia. Desta unión naceron catro[3] fillos, a infante Costanza Manuel (~ 1320 - 1345) casada en 1325 co rei Afonso XI de Castela e en 1339 con Pedro I de Portugal; e a infanta Beatriz Manuel, morta moi nova.
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ Gran Enciclopedia Aragonesa, ed. (2000). "Constanza de Aragón" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2019.
- ↑ Museo Arqueológico José Maria Soler Villena (ed.). "Doña Constanza de Aragón: el triste destino de una mujer medieval" (en castelán).