Cooperativa
Unha cooperativa é unha asociación voluntaria de traballo cooperativo, por medio da cal un grupo de persoas pode obter, producir, comprar ou vender produtos e bens de consumo en condicións máis vantaxosas que pola comercialización común, liberándose da carga que supoñen os beneficios dos capitalistas e intermediarios, repartindo as ganancias que poida haber entre os seus socios.[1] Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada.[2]
Cooperativa | |
---|---|
Tipo | concepto xurídico, forma xurídica da empresa e modelo de negocio |
Persoas relacionadas | Robert Owen, Henry Duncan, Hermann Schulze-Delitzsch, Friedrich Wilhelm Raiffeisen e Alphonse Desjardins |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarLogo de varios precursores das idades moderna e contemporánea, as cooperativas actuais comezaron a tomar forma a mediados do século XIX, en resposta ás difíciles condicións laborais e económicas da Revolución Industrial.[3] En 1844 un grupo de traballadores do sector téxtil fundou en Rochdale (Inglaterra) a primeira cooperativa moderna, que vendía produtos a prezos xustos de mercado e repartía os beneficios entre os socios. Este modelo de cooperación estendeuse rapidamente a outros países e sectores. As cooperativas destacaron pola súa capacidade de promover a solidariedade, a axuda mutua e a igualdade económica. As cooperativas continúan xogando un papel moi importante no desenvolvemento social e económico, ofrecendo alternativas ao capitalismo tradicional e promovendo a participación democrática e a equidade.[3]
Cooperativas
editarEn Galiza
editarXa en 1887 existía o precedente galego das cooperativas nas sociedades de mariñeiros, e en 1907 creáronse as sociedades agrarias como organizacións portadoras dos valores solidarios e de axuda mutua.[Cómpre referencia] En 1915 os pósitos de pescadores funcionaban como auténticas cooperativas en múltiples aspectos: produción, comercialización, seguridade social e mesmo actividades formativas. O pensador, xurista, sociólogo e economista Joaquín Díaz de Rábago (1837-1898) que presidiu a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela ou a primeira sucursal do Banco de España e que foi Delegado Rexio da Escola de Artes e Oficios foi un dos impulsores deste movemento en Galiza.[4]
No comezo do século XXI hai en Galiza máis de mil cooperativas, sendo Vigo e a súa bisbarra a área onde se atopan máis. Entre os diferentes tipos de cooperativas destacan polo seu número as de traballo asociado e as agrarias.[5] A maior asociación galega multisectorial de cooperativas é espazocoop, formada en 2017 da fusión de outras entidades.[6]
Nas Nacións Unidas
editarAs Nacións Unidas declararon o ano 2012 como o Ano Internacional das Cooperativas.[7] O primeiro sábado de xullo celébrase o Día Internacional do Cooperativismo.[8][9] En 2016 a "idea e a práctica de mancomunar intereses colectivos en cooperativas" foi recoñecida e inscrita na Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO.[10]
Valores cooperativos
editar- Axuda mutua: é a acción dun grupo para a solución de problemas comúns.
- Esforzo propio: é a motivación, a forza de vontade dos membros co fin de acadar as metas previstas.
- Responsabilidade: nivel de desempeño no cumprimento das actividades para a consecución de metas, sentindo un compromiso moral cos asociados.
- Democracia: toma de decisións colectivas polos asociados (coa participación e o protagonismo) no que se refire á xestión da cooperativa.
- Igualdade: todos os asociados teñen iguais deberes e dereitos.
- Equidade: xusta distribución dos excedentes entre os membros da cooperativa.
- Solidariedade: apoiar, cooperar na solución dos problemas dos asociados, a familia e a comunidade. Tamén promove os valores éticos da honestidade, transparencia, responsabilidade social e compromiso cos demais.
Tipos de cooperativas
editarAínda que poden facerse distintas clasificacións das cooperativas, normalmente faise con relación ó obxecto que desempeñan. As máis salientables son as seguintes:
- Cooperativa de traballo asociado ou cooperativa de produción
- Cooperativa de consumidores e usuarios
- Cooperativa agraria ou agrícola
- Cooperativa de aforro e crédito
- Cooperativa de servizos
- Cooperativa de vivendas
- Cooperativa de transporte
- Cooperativa de turismo
- Cooperativa de ensinanza
Existen tamén algúns tipos máis específicos, como os de cooperativa de explotación comunitaria da terra, cooperativa de servizos públicos, cooperativa de electrificación rural ou cooperativa do mar.
Diferenzas entre empresa cooperativa e empresa capitalista
editarEmpresa capitalista | Empresa cooperativa |
---|---|
As persoas buscan obter ganancias e beneficiarse uns sobre os outros | As persoas buscan dar servizos e o beneficio común |
Coas ganancias benefíciase o propietario do capital | Coas ganancias benefíciase a prestación de servizos |
Principal obxectivo: agrandar as marxes ata facelas o máis proveitoso posible para o capital | Principal obxectivo: ofrecer servizos o máis próximos posibles a prezo de custo |
O beneficio acadado distribúese entre os accionistas | O excedente dispoñible devólvese aos socios en proporción ás súas actividades ou servizos |
O capital dirixe, a persoa non | A persoa dirixe, o capital non |
A persoa non ten nin voz nin voto | A persoa ten voz e voto |
O número de socios é limitado | O número de socios é ilimitado. Poden ser socios todas as persoas que o desexen, segundo os estatutos |
Os obxectivos son independentes do socio | Os obxectivos son dependentes das necesidades dos socios |
Administrada por un número reducido de persoas | Gobérnase coa participación de todos os socios |
Organízase internamente por medio da competencia | Organízase internamente por medio da axuda mutua |
Notas
editar- ↑ "cooperativa". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-11.
- ↑ "Sociedades cooperativas - Consellería de Emprego, Comercio e Emigración". conselleriaemprego.xunta.gal. Consultado o 2024-08-11.
- ↑ 3,0 3,1 Esteve, Eduardo (2019-10-15). "Historia de las cooperativas, sus objetivos y su razón de ser". uchceu.es (en castelán). Consultado o 2024-08-11.
- ↑ "Vida y obra de un santo varón: Joaquín Díaz de Rábago. Teórico e historiador del cooperativismo (1837-1898)". Estudios gallegos. CSIC. Consultado o 11 de agosto de 2024.
- ↑ Espazo Coop (2012). Espazo Coop, ed. "El Cooperativismo en Galicia" (PDF). Consultado o [data na que accediches ao documento].[Ligazón morta]
- ↑ dnl (2012-02-02). "Quen somos?". Espazo Coop. Consultado o 2023-12-14.
- ↑ "International Year of Cooperatives - 2012". www.un.org (en inglés). Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "04 de Julho – Dia Internacional do Cooperativismo". IDEAU Getúlio Vargas. Consultado o 2024-08-11.
- ↑ "Día Internacional de las Cooperativas. 2 de julio" (en castelán).
- ↑ "UNESCO - La idea y la práctica de mancomunar intereses colectivos en cooperativas". ich.unesco.org (en castelán). Consultado o 2024-08-11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cooperativa |
Ligazóns externas
editar- Cooperativismo, na web da Xunta de Galicia.