Conchita Badía
Concepció Badia i Millàs, máis coñecida como Conchita Badía, nada en Barcelona o 14 de novembro de 1897 e finada na mesma cidade o 2 de maio de 1975, foi unha soprano, profesora de canto, pianista e violinista.
(1939) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Concepció Badia i Millàs 14 de novembro de 1897 Barcelona, España |
Morte | 2 de maio de 1975 (77 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera, pedagoga, pianista |
Profesores | Enrique Granados, Pau Casals, Manuel de Falla e Antoni Colomé i Bosomba (en) |
Alumnos | Joaquín Nin-Culmell, Montserrat Caballé, Francesca Callao i Oliva, Guadalupe Campos (en) e Carlo Del Monte (pt) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Piano e voz |
Familia | |
Parentes | Mireia Domènech i Bonet, bisneta |
Premios | |
Traxectoria
editarPracticou varios xéneros, ópera, música de cámara, lieder e canción popular entre eles.
Foi discípula de Enrique Granados na súa academia de Barcelona e de Pau Casals. Durante os anos trinta participou en moitos recitais e concertos, en España, Londres, París e Viena.
Co gallo da Guerra civil española exiliouse coas súas fillas a París, logo a Río de Xaneiro e finalmente á Arxentina en 1937, onde se lles uniu o marido ó ano seguinte. Alí coincidiu con Manuel de Falla co que traballou e chegou a establecer unha grande amizade.
De volta a España, en 1946, foi profesora de canto tendo entre os seus alumnos no Conservatori Superior de Música del Liceu a Montserrat Caballé.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía
editar- Alavedra, Joan (1975). Conxita Badia, una vida d'artista. Colleció Memòries (en castelán) 18. Pòrtic.Alavedra&rft.btitle=Conxita Badia, una vida d'artista&rft.date=1975&rft.genre=book&rft.pub=Pòrtic&rft.series=Colleció Memòries&rft_id=http://books.google.es/books/about/Conxita_Badia.html?id=_Z7vygAACAAJ&redir_esc=y&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">