Nemigo
Este usuario retirouse da Wikipedia en galego. |
---|
Esta ligazón corresponde á páxina dun usuario que se retirou de Wikipedia por razóns persoais. |
Benvido(a) á Galipedia, Nemigo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:00, 25 de xuño de 2012 (UTC)
Ola, Nemigo. Estiven botándolles un ollo ás túas edicións e teño a sensación de que poderías contribuir positivamente á Galipedia se te animases a editar ti directamente os artigos, no canto de dar indicacións a outros usuarios de como melloralos. Se precisas axuda estou na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:00, 25 de xuño de 2012 (UTC)
- Estou a mirar o funcionamento da wikipedia. Levo anos empregándoa pero non quixen colaborar activamente por enxendros como Rianjo e polo que vexo hoxe na wikipedia en castellano seguen a negar o uso do galego, catalá e euskara. A toponimia da wikipedia mete medo e a prostitución que se está a facer da RAE pra seguir ca teima franquista. De tódolos xeitos antes de facer aportacións propias son partidario de ter un maior coñecemento no uso e funcionamento da wiki. Non vexo utilidade en facer unha aportación que pode ser rexeitada ou non aceptada por defectos de forma. --Nemigo GZ (discusión) 21:16, 25 de xuño de 2012 (UTC)
Pois cortando ovos apréndese a capar. Un par de comentarios para que vaias colléndolle o truco á Galipedia: primeiro, se queres comunicarte comigo déixame unha mensaxe na miña páxina de conversa, non na túa, é o modo de que me apareza a min un aviso de que teño mensaxes novas; e segundo, cada usuario non pode ter máis dunha conta aberta e en funcionamento, dígocho porque vexo que empregas indistintamente Nemigo e Nemigo GZ. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:23, 25 de xuño de 2012 (UTC)
- Eu só teño unha conta... será a sinatura diferente. Ise é un dos motivos polos que hai que informarse ben. Si a base de hostias se aprende -> http://es.wikipedia.org/wiki/Usuario_Discusión:Nemigo pero parvos xa quedamos poucos --Nemigo (discusión) 21:30, 25 de xuño de 2012 (UTC)
RE:
editarPor desgraza, o problema, como ves, non está fóra, está dentro.
Eu non pretendía cambiar a denominación dos artigos e ir en contra das votacións da comunidade da wikipedia española. Eu pretendía comezar a crear criterios para afrontar (eu ou outro e quizais dentro de anos) unha crítica dese tipo. Eu só pretendía que se recoñecese que o goberno español recoñece unicamente a toponimia que coincide coa presente na wikipedia galega ou, o que é o mesmo, a do Nomenclator.
Ese é o primeiro paso. Hai que gañar en moitas páxinas para instaurar iso.
Hoxe creo que perdín nunha páxina: Pensa que dei a ligazón á taberna como elemento de presión e Elvira e Estevoaei montaron unha discusión absurda.
Se algunha vez se che ocorre dicir algo tan simple como eu dixen: o único topónimo válido para o estado español é sanxenxo, sen pretender cambiar o nome da páxina, simplemente pretendendo que se acepte o texto, conta comigo para discutir, pero avísame, dáme un toque.
Hai que empezar con pequenas cousas, pero non hai que renderse: Temos razón e gañaremos antes ou despois. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 00:01, 29 de xuño de 2012 (UTC)
- Ista é a "resposta" http://es.wikipedia.org/wiki/Usuario_Discusión:Nemigo que me deron aos meus primeiros post tentando explicar que as posicións da wikipedia eran absurdas. Había un dicindo que de novo foi a "Puentedeume" e se chamaba así. Eu resposteille que menos mal que foi a Puentedeume e non a El Ferrol del Caudillo Borráronme ata a miña páxina. Espero que entre todos sexamos quen de facer algo pra trocar ista desfeita. Vai anos lembro que na páxina de Rianxo poñían Rianjo sen máis explicación. Hoxe teñen que adicar texto e máis texto pra acalar as protestas. Algo estamos a facer --Nemigo (conversa) 00:09, 29 de xuño de 2012 (UTC)
- Penso que debemos de crear un asociación anti wikipedia española e a favor da toponimia galega. Se estás de acordo, poñémonos a iso, pero polo correo; aquí hai moito retrógrado-- Lmbuga / Conversa comigo 00:22, 29 de xuño de 2012 (UTC)
- Penso que debemos de crear un asociación anti wikipedia española e a favor da toponimia galega. Se estás de acordo, poñémonos a iso, pero polo correo; aquí hai moito retrógrado-- Lmbuga / Conversa comigo 00:22, 29 de xuño de 2012 (UTC)
- Estaba a pensar nalgo diso... ¿Sería factible facer unha colleita de sinaturas dende a propia wiki galega? Acadar o apoio dos usuarios activos. Enviar un escrito a wikipedia en castellano pedindo o respesto á legalidade e que se empregue a toponimia galega. Algo directo e que teña repercusión nas wikipedias en catalán e euskara (que están na mesma situación) sería algo que chegue e se vexa fora da web nos medios en xeral, que se vexa o absurdo de basar na RAE a toponimia --Nemigo (conversa) 00:36, 29 de xuño de 2012 (UTC)
RE: Televés
editarSeguimos o tema na conversa do artigo. Paréceche? --Toliño Fala aquí comigo 16:46, 4 de xullo de 2012 (UTC)
Contido enciclopédico e neutralidade
editarOla, Nemigo. Revertín a túa edición no artigo da Coruña[1]. Ten en conta que cómpre achegar datos concretos, relevantes e referenciados, e que en todo momento debe existir unha neutralidade no ton. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:06, 5 de xullo de 2012 (UTC)
- Outra cousa: non podes borrar información da túa páxina de conversa, de aí que aproveitase tamén para recuperar a mensaxe de benvida que che deixara o usuario Xoacas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:09, 5 de xullo de 2012 (UTC)
- Alédome que o borraras. Ía incluir unha listaxe de bibliotecas (moito chollo ía dar iso) pero agora xa aforro ise chollo (pero pódelo facer ti se che parece boa idea) Non lle vexo utilidade á táboa de Xoacas (a mesma información xa está na páxina) saúdos --Nemigo (conversa) 11:06, 5 de xullo de 2012 (UTC)
Ponte do Pedrido
editarBoas Nemigo: Antes que nada benvido á Galipedia, espero que a túa presenza sexa proveitosa para o proxecto. Sobre o comentario que deixaches na miña conversa, agradézoche o dato, mais Estevo estaba a preguntar pola Ponte do Porco que, por certo, non está moi lonxe da do Pedrido. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 21:52, 7 de xullo de 2012 (UTC)
Corrector
editarBoa tarde, Nemigo. Dúas cousiñas quería comentarche: 1) insistir en que debes de devolver as mensaxes na páxina de conversa do usuario ao que te queiras dirixir, porque outramente non chega o aviso de nova mensaxe e hai o risco de que non lean/leamos o que escribes. Por exemplo, eu non lin até este momento o que me respondera hai uns días, porque o meteches na páxina de conversa de teu e non na de meu. 2) Reparei en que tes algúns erros de lingua moi localizados (nada importante) que son facilmente solucionables, e pasa por habilitar o corrector ortográfico que os máis de nós xa temos por defecto nas nosas contas. Mira, vai arriba, á esquina dereita, e verás que tes unha ligazón que pon As miñas preferencias; preme nela e unha vez aí escolle a lapela Trebellos. Cando entres, non tes máis que marcar a opción de habilitar o corrector e a partir dese momento cando vexas un artigo, se hai algunha palabra mal escrita, verás que aparece sinalada cunha cor de fondo e que pasando o rato por riba propón cal sería a correcta. Este trebello témolo dende hai uns poucos meses, e por suposto é mellorable, pero xa che digo eu que axuda moito a ver cando un teclea mal ou cando un ignora un determinado termo. Espero que che sexa de axuda. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:35, 9 de xullo de 2012 (UTC)
- Non sei de que mensaxe falas. Xa me responderon á información que pedira e tentei aclarar algunha dúbida (pequena) de outros usurios que non sempre é doado. Moi útil o do corrector ortográfico. Algo confusa parece a normativa empregada. O corrector probareino. A ver se é posible mellorar o contido. Saúdos --Nemigo 13:16, 9 de xullo de 2012 (UTC)
- Nemigo, refírome precisamente a mensaxes coma esta, que non vin até este momento, porque a deixaches aquí e non na miña páxina de conversa, que é onde debe ir. Outra cousa: a normativa é a que marcan RAG e ILG, se é a iso ao que te refires. Se tes dúbidas, pódela encontrar na rede. E un terceiro asunto: corrixinche algúns detalles de formato e lingua aquí. Bótalles unha ollada, e se quedas con dúbidas pregunta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:36, 10 de xullo de 2012 (UTC)
MUNCYT e datos das fotos
editarNemigo, parabéns polo artigo do MUNCYT. Tema novidoso e de moito interés.
Por outra banda. Fáltache meter os datos nunha foto que cargaches: Ficheiro:Televes Oroso centro loxístico.jpeg. Podes completalos? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 13:23, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Feito! Isas cousas sonche ben doadas --Nemigo 22:25, 11 de xullo de 2012 (UTC)
Topónimos casteláns
editarBoas, nemigo! Contéstoche na túa páxina de conversa para non estender excesivamente o debate na "Taberna". Creo que ou me expliquei mal ou non entendiches ao que me refería nas miñas intervencións. En ningún momento nego que o uso de Sangenjo, Panjón, Arteijo, etc. estean politizados. É obvio que foron impostos durante moitos anos e é obvio que se deturpou a nosa toponimia. O que eu pretendía dicir é que, se pedimos que a nós nos traten dunha forma en na Wikipedia española, deberíamos de dar exemplo. Non podemos pedir a outros o que nós nin sequera facemos.
Explícome. A min paréceme unha barbaridade que se poña como opción preferente na Wikipedia española Arteijo cando todos sabemos que a única forma oficial é Arteixo. Pois ben, a única forma oficial de Jaén é Jaén e, aínda así, nós aquí empregamos Xaén como forma preferente. O mesmo acontece con Girona, que é a forma oficial, e aquí empregamos Xirona. Non che parece igual de inxusto? Hai que recoñecer que aquí polo menos poñemos as dúas formas no título (na Wiki española nin sequera iso), pero a forma que sempre se emprega fóra do título non é a oficial, senón a galeguizada.
Por iso eu dicía que son partidario de empregar as formas oficiais de cada lugar (Arteixo, Jaén, Girona, etc.). Penso que sería bo facelo para demostrar que os nosos argumentos en favor do uso da toponimia galega na Wikipedia española son consistentes. Se non, se nós seguimos a escribir Xaén sen ser forma oficial, con que cara lle imos pedir aos da Wiki castelá que escriban Arteixo porque é "a única forma oficial"? Ata que nós cundamos co exemplo, non podemos pedirlles a outros que o fagan. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 21:44, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Persoalmente son partidario de empregar as formas oficiais. Jerez de la Frontera, Buenos Aires, New York e ata London Ao mesmo tempo paréceme irrelevante non facelo. Penso que a globalización tenderá a iso. Nós non somos ninguén e a nosa posición non condiciona á xente que vive neses lugares. Dende a wikipedia en galego non se lle di a ninguén como se chama un lugar. Dende a wikipediaES si o fan, o tentan xustificar e ata poñen á RAE como xustificación. --Nemigo 22:24, 11 de xullo de 2012 (UTC)
- Alégrome de que concordemos no do uso das formas oficiais de cada sitio, paréceme o máis coherente (cando menos naquelas que sexa "pronunciables"). Non sei das intencións que teñen na Wikipedia española, pero dubido que teñan moita influencia na sociedade porque, por sorte, cada vez máis se pode ver nos medios de comunicación como se usan as formas propias galegas. Quizais a única problemática sexa A Coruña, cousa lóxica tendo en conta que o propio alcalde facía campaña en favor da forma castelá, pero os topónimos das vilas pequenas parecen respectarse cada vez máis nos medios. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 22:44, 11 de xullo de 2012 (UTC)
Galicia/Galiza
editarNemigo, en Concentración parcelaria empregas as dúas formas. As dúas son admitidas na Galipedia, o que non se pode é mesturalas nun artigo. Tes que escoller, ou unha ou a outra.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 22:24, 12 de xullo de 2012 (UTC)
- Son o autor do artigo inicial nada máis. O artigo está liberado, calquera pode engadir ou modificar información. Saúdos --Nemigo 22:59, 12 de xullo de 2012 (UTC)
- Certo. Non te discuto iso.
- Na Galipedia respectamos a opción do autor inicial. O problema é que na primeira edición empregaches tanto "Galicia" como "Galiza", por iso che dicía que escolleras unha para aplicala a todo o artigo. . HombreDHojalata.conversa 08:03, 13 de xullo de 2012 (UTC)
Estilos
editarVexo que inclúes en reiteradas ocasións o código <br />
para facer o salto de liña nos artigos. Non se fai así. Para creares un novo parágrafo basta con darlle dúas veces á tecla Intro. O código sería este:
Parágrafo 1. Parágrafo 2.
Ademais, nas conversas tampouco é necesario xa que ao inicio das liñas se fai uso dos dous puntos (:
) para darlle o nivel axeitado de sangría á resposta. Tampouco nas votacións, que van co cancelo (#
), nin nas listas, que levan asterisco (*
).
E para as ligazóns internas é innecesario o uso das barras baixas e tampouco é necesario deixar os espazos antes e despois da barra vertical (|
). Por exemplo, da [[A_Coruña | Coruña]]
mellor é da [[A Coruña|Coruña]]
.
Tes máis información sobre todo isto na guía de edición. Espero que estes consellos sirvan para aprender. Agora, a traballar nos artigos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:06, 16 de xullo de 2012 (UTC)
- Aprender e mellorar: Boga, boga mariñeiro... Grazas pola información --Nemigo 21:51, 16 de xullo de 2012 (UTC)
RE: Yolanda Castaño
editarPois entón cómpre atribuír a ela esas verbas, senón parece que a redacción é inexacta. --Toliño Fala aquí comigo 21:04, 16 de xullo de 2012 (UTC)
- Fixen o recoñecemento das palabras á autora (mediante unha cita textual). Coido que xa está ben. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 21:19, 16 de xullo de 2012 (UTC)
Uso correcto da páxina de usuario
editarOla Nemigo.
Prégoche non empregues a túa páxina de usuario para facer reivindicacións. Menos relativas a outros proxectos. E menos en un ton que alguén poida considerar ofensivo.
Tes máis información de que é e como facer un uso axeitado da páxina de usuario en Wikipedia:Páxina de usuario. Recoméndoche encarecidamente que o leas.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 14:50, 18 de xullo de 2012 (UTC)
- A min que alguén se ofenda ou diga que lle ofende non me parece ofensivo. Máis tendo en conta que se está a dar información certa. Estase a dicir o que pasa na wikipedia (que ti sabes perfectamente) bórranse post de xente a prol de respetar a toponimia en galego e dáselle pulo a quen di estar a favor de formas incorrectas. Se hai algo que che molesta a ti. Quítalo ti mesmo e dilo así. Se isa é a túa forma de actuar e da wikipedia. Eu non vou quitar nada e moito menos ás agachadas como fai algún becario incapaz de explicar nada do que fai. Algo raro hai cando non queren que se saiba. --Nemigo 15:14, 18 de xullo de 2012 (UTC)
- Nemigo. Liches con calma a política oficial aprobada pola comunidade que che recomendei? --. HombreDHojalata.conversa 15:34, 18 de xullo de 2012 (UTC)
Aguas de Cabreiroá
editarOla, Nemigo. Utilicei este post como referencia no artigo de Aguas de Cabreiroá para informar de que parte do material usado no balneario fora incautado a Carlos Reino. Esa información é dada de forma diáfana, sen presuncións de ningún tipo, e considero que é oportuna porque forma parte da historia do balneario, e por tanto da historia da empresa Aguas de Cabreiroá.
Dúas cousas:
- Por favor, como xa che dixo o usuario HombreDHojalata, adapta a túa páxina de usuario seguindo os criterios aprobados pola comunidade de usuarios e usuarias da Galipedia.
- Por favor, cando che deixen unha mensaxe na túa páxina de conversa, non respondas na túa propia páxina, senón na da persoa que se dirixiu a ti, porque se non, esa persoa non é informada de que lle respondiches.
Un saúdo, e a seguir. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:28, 22 de xullo de 2012 (UTC)
- -No post do que debatimos indícase que noutro post anterior se fala xa do doutor. E neste segundo post, dise que os datos (incluído que o seu material foi usado no hospital de Cabreiroá) están tomados do libro Médicos ouresanos represaliados en la Guerra Civil y la posguerra (2010, Ed. Fundación Dez de Marzo/Concello de Ourense).
-Que haxa unha corrección dun dato nun post anterior non resta credibilidade ao mesmo. Toda investigación científica histórica ten un proceso, e uns datos hoxe dados por supostos poden ser revisados mañá, como ocorre con frecuencia nas escavacións arqueolóxicas ou nos estudos sobre épocas anteriores, nas que ao revisar a bibliografía aparecen novos datos.
-Que en toda Galiza fose requisado material non significa que un caso concreto non sexa enciclopédico. En todas as parroquias de Galiza hai unha igrexa, pero aínda así no artigo de Cabreiroá dáse a información concreta do templo desa parroquia, ao igual que no artigo sobre a empresa Augas de Cabreiroá se fala das circunstancias da empresa durante a Guerra Civil. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:26, 23 de xullo de 2012 (UTC)- A referencia que cito é á que teño acceso, pois non consultei o libro e por tanto non o podo citar.
Contradiste ao dicir que unha empresa centenaria nada ten que ver co acontecido alí nos tempos da Guerra Civil. Entón non é relevante a O sucedido en 1936 e 1937 tivo influencia nunha empresa creada en 1906, pois desde 1907 a historia da empresa estivo unida á historia do balneario, e por tanto os feitos acontecidos teñen relevancia enciclopédica nun artigo sobre esa empresa. Outros exemplos similares son a represión a Fernando Calvet (mencionada no artigo de Zeltia) ou a incautación do periódico El Pueblo Gallego. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:58, 23 de xullo de 2012 (UTC)
- A referencia que cito é á que teño acceso, pois non consultei o libro e por tanto non o podo citar.
Antigüidade mínima para votar
editarNemigo, risquei votos teus por non cumprires a antigüidade mínima para poder facelo.
Tes máis información en WP:VO. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 23:31, 22 de xullo de 2012 (UTC)
- Concordo Non sabía que había que ter unha certa sona para votar. --Nemigo 23:37, 22 de xullo de 2012 (UTC)
La Coruña
editarLa Coruña é empregado como topónimo por RAE, Wikipedia en castelán e Carlos Negreira (actual alcalde do PP) que solicita a cooficialidade de La Coruña. --Nemigo 12:53, 26 de xullo de 2012 (UTC)
RE: Táboas
editarPrecisamente porque moitas veces recorren a min para aquelar as táboas fixen esa modificación. Non entendo o problema que me comentas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:23, 26 de xullo de 2012 (UTC)
- Por certo, veño de facer outra modificación para adecuar a táboa ás que temos normalmente na Galipedia. Na outra non se apreciaba ben a referencia que contén. --Toliño Fala aquí comigo 17:33, 26 de xullo de 2012 (UTC)
- Imos ver: antes había tamén unha única táboa, pois ía todo entre o código
{|
e mais|}
. E os números xustifícanse á esquerda, o único que vai centrado é o título da táboa e mais o da columna. Agora si son dúas táboas. Está ben así? --Toliño Fala aquí comigo 12:25, 27 de xullo de 2012 (UTC)
- Imos ver: antes había tamén unha única táboa, pois ía todo entre o código
Moderación
editarOla, Nemigo. Levo un pedazo revisando as edicións dos últimos días e chamoume moito a atención o ton hostil co que te dirixes a algúns usuarios. Prégoche que o modifiques, porque non lle fai ningún ben a ninguen. Refírome, por exemplo, a algunhas saídas de ton que leo na túa páxina de conversa con HombreDHojalata e tamén cos usuarios Toliño[2] e Estevoaei[3]. É fundamental que leas a guía de edición e que prestes atención ao que a Wikipedia non é. Nin os artigos -nin as súas páxinas de conversa- debn ser usados como foros, de modo que por favor non teimes en explicar que fan ou deixan de facer en es.wiki coa toponimia oficial de Galicia. En fin, sei que corro o risco de que esta mensaxe che pareza mal, pero véxoa necesaria en tanto que es un bo editor e cunha miga máis de moderación podes devir un editor clave. Se tes calquera dúbida ou comentario, aquí estamos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:45, 26 de xullo de 2012 (UTC)
Imaxes
editarOla, Nemigo. Na imaxe Tipos de carteis TECOR Galiza corrixe o dato de "Pazos de Borden", que debe de ser Pazos de Borbén. E por favor, cando cargues imaxes categorízaas (segundo o concello e parroquia a que pertenzan, segundo o que apareza na imaxe...), e procura respectar a ortografía ao escribir a información (uso de maiúsculas...). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:59, 9 de agosto de 2012 (UTC)
Lurdes, Curtis
editarRevertín a túa edición na toponimia de Santa María de Lurdes, Curtis. A referencia é o Nomenclátor oficial. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:33, 19 de novembro de 2012 (UTC)
- -a) Como ben saberás, A Wikipedia non é unha fonte primaria; as referencias que indicas da wikipedia en castelán non son válidas; menos aínda en cuestión de toponimia cando un dos artigos que indicas di que "Curtis limita al norte con Oza de los Ríos", sen achegar referencia de ningún tipo para "Lourdes" dentro do propio artigo.
-b) Como o galego é unha lingua moi rica, dentro do Nomenclátor hai diferentes variantes de nomes: como podes mirar no artigo Hadrián, temos Santo Adrián, Santo Adrao, Santradán (Cobres, Vilaboa)...
Do mesmo modo, en Galiza hai unha parroquia baixo a advocación da Nosa Señora de Lurdes (Mondariz - Balneario e outra baixo a advocación da Nosa Señora de Lurdes (A Manchica, A Merca), amais doutra baixo a advocación de Santa María que xa leva incluído no seu topónimo a variante Lurdes (Santa María de Lurdes, Curtis).
-c) Unha parroquia pode ter unha igrexa baixo unha advocación, a pesar de que no seu topónimo leve outra variante: no caso mencionado de Cobres, Vilaboa, a igrexa de Santo Adrán está no lugar de Santradán. Para isto quizais che sirva como referencia a propia web do concello de Curtis.
-d) Faime moita graza que extraias a conclusión de que o Nomenclátor está errado definitivamente porque "aparece Nosa señora de Lurdes en Boqueixón, e na wikipedia en galego pon Nosa Señora de LOURDES -> Lestedo,_Boqueixón". Non sei en que lugar do Nomenclátor atopaches mención a Lurdes dentro do concello de Boqueixón, pois a parroquia de Lestedo está baixo a advocación de Santa María, como ben se indica no propio artigo da Galipedia. En calquera caso, non pensaches que quizais é a Galipedia a que está errada?
-e) Noutra orde de cousas, cando edites coa IP en vez de co nome de usuario procura indicar a orixe da información no resumo da edición, non abonda con que indiques "edición inicial" e cousas así.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:32, 19 de novembro de 2012 (UTC)
Participación activa
editarBoas, puxen unha ligazón na páxina da proposta de participación activa a unha presentación de introdución á Galipedia, a ver se che é útil. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2012 ás 11:57 (UTC)
Francobordo
editarPode que estea trabucado pero no artigo francobordo di : O francobordo defínese como unha reserva de flotabilidade. O CALADO DO BUQUE MÁIS O FRANCOBORDO É O PUNTAL. Este valor de puntal é inamovible independentemente da carga que leve o buque. A máis calado, menos francobordo e viceversa. Se podes aclararme o termo agradeceríacho. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 11:30 (UTC)
- Gracias pola aclaración. Entón o dato de puntal na páxina de Titanic ¿habería que restarle a altura das chemineas non si? --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2012 ás 15:54 (UTC)
Re: galipedia 10
editarBoas Nemigo, xa vira na páxina das actividades do 10 aniversario que temos un local en Narón. Eu non teño inconveniente en ir alí, o que pasa é que tiña pensado facer o das charlas máis adiante, en febreiro e marzo. De feito aínda non preparei o obradoiro. Tiña in mente facer un en Ferrol (dixéronme que un local axeitado é o do Colexio de arquitectos na rúa Real) e outro en Pontedeume (na biblioteca municipal); amais de facer algo no meu instituto cos alumnos (quizais unha charla vaia mellor co obradoiro, non o sei). Desde logo apúntome tamén a ir a Narón pero xa che digo, para o mes que ven. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de xaneiro de 2013 ás 17:11 (UTC)
- OK, para min o mellor día, e penso que para os posíbeis participantes, é o venres á tardiña, a iso das 7. Vendo os venres de febreiro, e tendo en conta o antroido, poderiamos facer o de Narón o día 1. Saltando o venres de antroido, o seguinte sería o día 15, que se podería facer en Ferrol na aula que propós (a do Colexio de Arquitectos díxeno por un comentario dun colega ferrolán pero aínda non contactara con eles); se vives en Ferrol agradeceríache que contactases ti co local e así me aforras unha viaxe. Deste xeito, quedaríame o día 22 para facer o de Pontedeume e, antes do aniversario, teriamos o día 1 de marzo para algún outro que poidera xurdir. Xa me contarás e grazas por lembrarme a cousa, vendo o calendario non quedaba tanto tempo como pensaba. --Xosé Antonio (fálame sempre) 9 de xaneiro de 2013 ás 18:06 (UTC)
- Unha hora está ben. Eu irei un pouco antes para preparar as cousas. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 10 de xaneiro de 2013 ás 21:58 (UTC)
Reposta
editarTes unha resposta aquí. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 23 de xaneiro de 2013 ás 11:22 (UTC)
RE: correo electrónico no modelo concello
editarXa lle pedín a Usuario:Toliño que o modifique. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 30 de xaneiro de 2013 ás 08:07 (UTC)
RE: Cangas
editarEnviáchesme ti o correo electrónico sobre Cangas? E non entendo a que te refires. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 9 de febreiro de 2013 ás 21:09 (UTC)
Commons e outros
editarOla, Nemigo. Un par de cousa: ten en conta que ao cargares imaxes en Commons é bo que procures categorizalas e incluír as coordenadas. Ademais, é importante que respectes a ortografía, usando maiúsculas cando é necesario. Polo demais, aproveito para comentarche que a palabra "hacia" non existe en galego. Na nosa lingua dise cara a. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 25 de febreiro de 2013 ás 18:57 (UTC)
¡¡ A V I S O !! |
NON SE REPONDERÁ NINGÚN ESCRITO POSTEADO AQUÍ! |
Ante a insistencia en postear opinións non pedidas e valoracións sen referenciar: se queres poñerte en contacto comigo e ter resposta concreta envía unha mensaxe de correo eléctrónico (á esquerda, onde pon caixa de ferramentas) Deste xeito tamén evitaranse discusións sen senso e presuntas "argumentacións" tipo wiki ES (toponímicas). Está demostrado que o persoal é máis receptivo en conversas en privado que en poleiros onde facer o galo e colgar medallas. |
--Nemigo 27 de febreiro de 2013 ás 11:31 (UTC) |
Información
editarOla, Nemigo. As normas son iguais para todos, e os usuarios debemos atender o que se nos di na nosa páxina de conversa. Ignoralo á mantenta é perxudicial e contradí as normas. Leas e veralo. Así que este aviso sobra. Retírao, por favor. Aproveito tamén para che recriminar o teu comportamento sarcástico, por exemplo no uso que fas do cadros no resumo de edición, e na falta de tacto que mostras con demasiada frecuencia en non poucos fíos abertos na taberna. Así mesmo, non acabo de comprender porque editas como IP pero comentas como usuario rexistrado. Medita se non che convén cambiar de proceder. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 7 de marzo de 2013 ás 13:13 (UTC)
Normas de conduta
editarOla, Nemigo. O aviso que tes nesta páxina de conversa non semella moi compatíbel coas normas da Galipedia. Debes retiralo. Ao respecto disto e das túas actuacións rógoche por favor que botes un ollo a Wikipedia:Normas de conduta. Saúdos. --Xas (conversa) 9 de marzo de 2013 ás 22:55 (UTC)
- Ola, Nemigo. Debes facer o que che comentei eu aí atrás e vexo que agora tamén o usuario Xas, é dicir, retirar ese aviso incompatible coas normas desta páxina de conversa. Polo demais, quéroche informar de varios puntos, habida conta de que estás a mostrar unha actitude tremendamente irrespectuosa e dende logo non tolerable a medio prazo. De maneira que, por favor, le a fondo as Wikipedia:Normas de conduta, así como tamén Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A_Wikipedia_non_.C3.A9_un_campo_de_batallas e Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A_Wikipedia_non_.C3.A9_un_blogue_ou_rede_social. Conscientemente, estás a facer un uso erróneo dos cadros para o resumo de edición, non mantes un mínimo de educación na túa maneira de te dirixires ao resto de usuarios (na última interpelación a min, sen ir máis lonxe), fas campañas (cousa que de ningunha maneira está permitida aquí!, por boa que sexa a causa -contra a toponimia deturpada ou calquera outra-), usas o sarcamo no canto da calma e o repescto e mesmo un administrador tivo que borrar a túa páxina de usuario por todos estes motivos; e aínda por riba, exprésaste de forma indirecta dando a entender que na Wikipedia reina unha especia de depotismo. Que saibas que isto non vai ser tolerado. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11 de marzo de 2013 ás 01:09 (UTC)
- Ola, Nemigo. Vexo que segues nas mesmas [4]. Debes cambiar xa de conduta e de ton. Non é agradable para ninguén ter que bloquear outro usuario, pero está ben claro que o teu comportamento resulta perxudicial para a comunidade e que así non pode seguir. Onde ti ves ogros, eu vexo unha paciencia desorbitada, que non obstante está a piques de ser rebordada. Por favor, recapacita. Isto é, edita e conversa dunha maneira construtiva. E responde esta mensaxe para eu saber que te atés ás normas e volves ao rego de manter o contacto co resto de usuarios a través das páxinas de conversa coma esta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de marzo de 2013 ás 17:36 (UTC)
- Nemigo ti dis que te censuran, pero ti censúrasnos a todos prohibíndonos utilizar a túa páxina de conversa. Así que sé máis coherente. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19 de marzo de 2013 ás 19:03 (UTC)
- Ola, Nemigo. Vexo que segues nas mesmas [4]. Debes cambiar xa de conduta e de ton. Non é agradable para ninguén ter que bloquear outro usuario, pero está ben claro que o teu comportamento resulta perxudicial para a comunidade e que así non pode seguir. Onde ti ves ogros, eu vexo unha paciencia desorbitada, que non obstante está a piques de ser rebordada. Por favor, recapacita. Isto é, edita e conversa dunha maneira construtiva. E responde esta mensaxe para eu saber que te atés ás normas e volves ao rego de manter o contacto co resto de usuarios a través das páxinas de conversa coma esta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14 de marzo de 2013 ás 17:36 (UTC)
Resposta
editarNon entendo por qué perdiches o traballo de 3 días en Philips, simplemente corrixín dous tiles. E si que creo que prohibes que a xente publique na túa páxina de conversa, porque indicando que non responderás a nada publicado aquí, estás obrigando a que che enviemos un correo electrónico. E si que ten sentido que diga que prohibiches usar esta páxina, porque ti prohibíchelo, pero eu fixen caso omiso. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19 de marzo de 2013 ás 21:03 (UTC)
Proposta
editarBoas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:10 (UTC)
proposta de borrado
editar¿Por que marcaches para borrar o artigo Pedagoxía Waldorf? Axudaría a tomar unha decisión que o razonases. Pedro --Lameiro (conversa) 18 de maio de 2013 ás 20:42 (UTC)
Latest tech news from the Wikimedia technical community. Please inform other users about these changes.
- Recent software changes
- (Not all changes will affect you.)
- The Translate extension and Universal Language Selector were enabled on Wikimedia Commons on May 20. Commons users can now easily change languages, and translate pages with a friendly interface. [5]
- The Notifications feature, active on the English Wikipedia, now supports local blacklists and whitelists. It is possible to hide users (for example certain bots) from all notifications on the wiki. Also, e-mail notifications are now grouped. [6] [7]
- The first stable release of MediaWiki 1.21 for sites outside Wikimedia was published on May 25. [8]
- The tool storing information about languages (CLDR) was updated to the latest version (23.1). [9]
- Due to a software issue, users couldn't enable or disable Gadgets. The issue is now fixed.
- Future software changes
- MediaWiki will stop supporting XHTML 1.0 and HTML versions lower than version 5. HTML5 will now be the default language for pages created by the software. [10] [11]
- The software will check if all uploaded files are secure and match their type. [12]
- The Wikimedia Commons Android app will come out of the beta phase on its next release. [13]
- Account creation by manual log-in will now be recorded in the account creation log (bug 42434). [14]
- Links to file description pages will again be accessible directly from within videos (bug 43747). [15]
- The software behind recent changes patrolling was re-written; the change fixes issues related to patrolling new pages, among other things. [16]
- During a meeting, developers agreed on rules about making big changes to the software. [17]
- There is now a category to list pages with invalid music code. [18]
Tech news prepared by tech ambassadors and posted by Global message delivery • Contribute • Translate • Get help • Give feedback • Unsubscribe.
Latest tech news from the Wikimedia technical community. Please inform other users about these changes.
- Recent software changes
- (Not all changes will affect you.)
- The latest version of MediaWiki (1.22/wmf5) was added to non-Wikipedia wikis on May 29. It will be enabled on the English Wikipedia on June 3, and on all other Wikipedias on June 5. [19]
- The Tamil Wikipedia shared a Lua module they created to automate their Main Page. [20]
- There is now a test wiki to test new features in right-to-left languages. [21]
- The Thanks feature was added to the English Wikipedia; users can now thank others for individual edits. [22]
- The new interface for account creation and log-in is now the default on 30 wikis, including the English Wikipedia, Commons, Meta, and Wikidata. The feature will be added to all wikis after June 5. Users can return to the old look by adding ?useNew=0 to the web address. [23]
- Videos are now played in pop-up windows if their size on the page is smaller than 200 pixels (800 pixels on the English Wikipedia). [24]
- Opening your talk page now marks notifications as read, for wikis using the Notifications feature. (bug 47912) [25].
- All autoconfirmed users can now reset transcoding of video files; previously only administrators could do this. [26]
- The Nearby feature allows people who use mobile devices to see Wikipedia articles about objects and places around them. [27]
- Future software changes
- The PostEdit feature is now part of MediaWiki, and will work on all wikis. (bug 48726) [28]
- The Narayam and WebFonts extensions will be replaced by the Universal Language Selector extension. [29]
- MediaWiki will now be updated every week, starting on June 6. Thanks to this, bugs will be fixed and features will be added faster than they are now. [30]
Tech news prepared by tech ambassadors and posted by Global message delivery • Contribute • Translate • Get help • Give feedback • Subscribe or unsubscribe.
Prestige
editarBoas Nemigo!! Vin o teu comentario na votación do Prestige e agradézoche as achegas para que o artigo mellore (tanto as relacionadas coa terminoloxía naval como calquera outra que podas atopar e que mellore se cadra aínda máis o artigo). Pediríache por favor que corrixiras os erros que atoparas de terminoloxía naval, xa que eu non teño nin a máis remota idea do tema e non quero arriscarme a deixalo peor do que está. Grazas outra vez polo interese na mellora do artigo, un saúdo!!! Piquito (conversa) 17 de xuño de 2013 ás 17:06 (UTC)
Na parte esquerda da foto hai unha franxa branca. A ver se podes subir unha nova versión recortada sen ela. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 27 de xullo de 2013 ás 11:53 (UTC)
Apercibimento de bloqueo por guerra de edicións
editarOla usuario Nemigo.
Quedas apercibido de bloqueo por entrar en guerra de edicións, cousa non permitida polas políticas aprobadas por esta comunidade, no artigo Che Guevara.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 24 de agosto de 2013 ás 19:23 (UTC)
RE:Curtis
editarBoas Nemigo, sobre os correos que me mandaches:
- cambiei o pé da imaxe da casa do concello porque tal e como estaba era confuso, quizais para os que coñecen algo o concello podería chegar pero para o resto dos usuarios posiblemente non, por iso simplifiquei o título. Tal e como está agora tampouco me gusta moito eu propoño cambialo por Casa do concello de Curtis no lugar de Teixeiro, a ver que che parece.
- o do logo tampouco o entendo eu, que o concello faga un logo non quere dicir que deixe de usar o escudo, o escudo do concello é ese e ademais é o seu escudo oficial como podes ver aquí. Trasladei o texto do logo, non o borrei, ó apartado de política que é máis axeitado que o de Historia do topónimo. Agora no apartado Historia tampouco me convence, penso que o seu é poñelo no apartado de política xa que non lle vexo demasiada relevancia histórica. Reconsidera este cambio.
- o do cómpre referencia é pola a frase Os veciños percorreron o pobo modificando os carteis colocando sobre o texto Lourdes o nome de Curtis. Mirei no artigo de La Opinión que era a única referencia que había e esa información non se atopa alí, e a imaxe que hai ó lado só mostra un cartel cunha pegatina, non se ve ós veciños poñéndoa nin se ve como percorreron o pobo co cal tampouco vale de referencia. Na imaxe vexo a pegatina que pon Curtis, o que non vexo é o que pon debaixo, pode poñer Lourdes ou pode poñer outra cousa, tampouco vale de referencia para esa información. Pola contra a ligazón que me mandaches por correo si é unha boa referencia para ese texto, agora hai que achegala a esa parte indicando o libro. Se me dis cal é dos libros da bibliografía xa lla poño eu.
- sobre o nome da parroquia de Lurdes xa sabes que non se pode cambiar xa que é o nome que ten no Nomenclátor da Xunta, de feito hai que amañar iso no artigo. O que si se pode facer é explicar no artigo da parroquia de Lurdes que ese é o nome oficial no Nomenclátor e que no concello úsase o nome de Lourdes, achegando as referencias das dúas cousas por suposto. A estas horas xa non me da tempo de facer estes cambios, quedan para mañá, se teño un momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2013 ás 01:06 (UTC)
- Para quitar a marca de cómpre referencia na frase que che comentei arriba precisaría coñecer o título do libro do que me mandaches a ligazón para poñer a referencia, se mo indicas xa fago eu ese cambio.
- Sobre o tema da parroquia de Lurdes/Lourdes fixen algúns cambios no artigo coas súas referencias, indiquei que o nome da parroquia civil é Lurdes e que o nome da parroquia eclesiástica é Lourdes, vou explicar tamén o mesmo conto no artigo da parroquia, pero iso xa será mañá. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2013 ás 01:15 (UTC)
Sobre o nome do concello... O nome, non ven dado pola localidade do mesmo, senon que pola histórica parroquia de Santa Eulalia de Curtis, da cal é capital a entidade poboacional, Santaia. Dita parroquia foi unha mesma entidade parroquial, coa parroquia do concello de Vilasantar, San Vicenzo de Curtis, a cal ainda ten no seu nome referencia do mesmo. Despois sobre a posible orixe do nome de Curtis, hai duas teorías bastante extendidas, unha é a de que o oficio de curtidor foi moi popular na idade media en dita parroquia, pola gran existencia de pozos interiores en casas das parroquias e a máis creible, di que o campamento militar da aldea da "Ciadella" (Cohors I Celtiberorum), ou como queren facerlle chamar agora Ciudadela, no concello de Sobrado dos Monxes, foi a orixe de dito nome. Dita aldea queda da aldea de Santaia a escasos 2 kilometros. O nome de Curtis, pobo, ven dado a que o mesmo se lle comezou a chamar A Estación de Curtis, por ser a maior de dito concello. Co paso do tempo a aldea de Budeos, núcleo orixinal do pobo de Curtis, adquiriu por uso popular o nome de Curtis-Estación, ata que co paso do tempo o longo do século XX, se lle acabou chamando simplemente como é coñecido na actualidade, CURTIS. Ditas informacións están contrastadas na historia do concello de Curtis, editado polo mesmo concello e por parrocos que pasaron pola parroquia de Santa Eulalia de Curtis, como foi Don Sergio Vázquez Rouco. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/12/23/2275621.shtml --Ceivar (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 19:26 (UTC)
Logos
editarBoas, por fin puiden responder ó teu comentario sobre o tema dos logos na taberna. Se hai algún detalle que queiras comentar podemos seguir alí a conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2013 ás 14:54 (UTC)
Proposta nova
editarBoas Nemigo! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:01 (UTC)
Opinión
editarBoas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)
borrados
editarBo día; borrei UUsuario Discusión:Jcfidy porque o lugar correcto para deixar mensaxes é Conversa usuario:Jcfidy. Non sei quen é Jcfidy nin sei quen é GolDOkiro nin teño tempo para discusións inútiles en páxinas de conversa da wikipedia en lingua castelá. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xullo de 2015 ás 08:51 (UTC)
RE:Wellcome
editarDesfíxen as edicións da IP 203.162.69.22 nese artigo por tres veces, polo que se aplicou un bloqueo temporal ao artigo seguindo o indicado en WP:R3R. A imaxe retirouse esas tres veces por:
- WP:NON#COLECCIÓN -> A imaxe engadíuse sen ningún texto enciclopédico significativo que a acompañe.
- O artigo é un Artigo de calidade, polo que os cambios significativos nel deberían facerse baixo consenso.
- O tamaño da imaxe tal e como se engadíu provoca unha distracción do texto do artigo, diminuíndo a calidade do mesmo.
Descoñezo a situación actual de tódolos artigos dos concellos galegos, se posúen o mesmo tipo de mapas e en que condicións están engadidos. Se queres unha resposta concreta sobre algún deles podes indicarme os títulos e poderei dar unha opinión sobre eles. ☣Banjo tell me 29 de outubro de 2015 ás 10:49 (UTC)
- A imaxe debería ter o seu propio parágrafo ou sección de texto no que se indiquen número de parroquias, distribución, historia etc. e acompañar a ese texto. Da mesma forma que en Lugares de Lugo acompaña a lista de parroquias e lugares, mais neste caso en forma de redacción, e tratándose dun artigo de calidade, máis detallado e referenciado. Pódeo engadir ou suxerir calquera, non só eu.
- A imaxe por si soa non é relevante no contexto do artigo, pódese consultar en Lugares de Lugo. Ao engadir o texto que mencionei anteriormente a imaxe tórnase relevante, xa que adquire un contexto.
- O texto adáptase automáticamente, pero nunha pantalla media (15" portatiles - 17" sobremesa) ocupa demasiado espazo en relación co texto.
☣Banjo tell me 29 de outubro de 2015 ás 14:14 (UTC)
FIN DE COLABORACIÓN EN GALIPEDIA
editarEn protesta pola retirada do mapa sobre lugo e os seus barrios-parroquias sen máis explicación que mandar a un á zona de probas (sic) e pechar a edición da páxina dase por rematada calquera colaboración con galipedia. Non se volverá editar nada (xa non se facía con este nick), non se volverán crear contidos gráficos nin de ningún tipo. Estos admin que se adican a quitar os contidos sen amosar o máis mínimo respeto polas achegas dos demáis parecen estar máis que cualificados para levar galipedia. Se son eles quen decide o que se pon ou non se porá mellor que o fagan eles todo. Non pensará ninguén que imos estar horas xuntando información para ter como resposta o borrado da mesma e unhas "explicacións" de patio de colexio?
- Leo que o usuario Banjo xa explicou as razóns da reversión. Se tes algunha outra dúbida, convídote a preguntar. Lamento que, por enésima vez, creas que "estos [sic] admin" te prexudican, como lamento que de novo a túa conta tivese que ser bloqueada. Persoalmente, agardo poder verte por aquí nun futuro, se ben con outro talante e outro modo de resolver os problemas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 29 de outubro de 2015 ás 17:36 (UTC)
ortografía
editarÉche tan complicado poñer m² en vez de m2? Éche tan complicado aprender que na escrita a contracción de con a = coa? --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xaneiro de 2018 ás 22:50 (UTC)
Parque empresarial de Santa Marta
editarOla; igual che apetece crear o artigo do parque empresarial de Santa Marta, en Vilar de Santos. Hai información aquí. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de marzo de 2018 ás 15:42 (UTC)