Cantigasdaterra
Benvido(a) á Galipedia, Cantigasdaterra!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 12:54, 2 setembro 2009 (UTC)
Reformas en Cántigas da Terra
editarAquí os artigos non pertencen a ninguén. Espero que o comprendas. O artigo vén de ser reformado e adapatado ao formato wikipedia. Olla para a páxina de conversa do artigo e entenderás máis. Un saúdo ea seguir choiando. E non dubides en te pores en contacto conmigo ou con calquera outro galipedista se segues con dúbidas. --Atobar (conversa comigo) 13:15, 2 setembro 2009 (UTC)
Editar no propio artigo
editarOla Cantigasdaterra! Na wikipedia non está permitido que se edite en artigos que traten sobre un mesmo, xa que viola o punto de vista neutral, ademais de que pode afectar ó principio de que a wikipedia non é unha fonte primaria. Ademais nas primeiras edicións realizadas, o texto contiña dereitos de autor ó ser unha copia da web da asociación, o cal tampouco non está permitido. Agardo comprendas que estes son uns principios nos que asenta a wikipedia. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 16:18, 2 setembro 2009 (UTC)