213.0.89.6
Benvid@ á Galipedia. Se queres facer probas tes a: Wikipedia:Zona de probas.
Benvida
editarUn saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 11:59, 11 de novembro de 2011 (UTC)
Benvido(a) 213.0.89.6 á Galipedia | |||
Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes. Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Wikipedia:Como rexistrarse. Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo. Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida. Se tes dúbidas, podes consultar: Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios. |
Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 11 de maio de 2013 ás 21:59 (UTC)
Asina as túas mensaxes
editarAsina as mensaxes nas páxinas de conversa
editarOla 213.0.89.6. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Un saúdo e a seguir! --JaviP96 19 de maio de 2013 ás 09:38 (UTC)
Modelo:Compositor
editarGrazas polas melloras que fixeches no modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2013 ás 01:00 (UTC)
Axudas ortográficas
editarOla 213.0.89.6. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Contador eléctrico".
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 24 de maio de 2013 ás 21:34 (UTC)
Formato
editarOla ip 213.0.89.6, cando crees un artigo non deixes unha liña en branco antes de comezar o texto, e mira que as categorías que poñas non sexan redundantes, por exemplo no artigo Casa Museo Rosalía de Castro sobra a categoría Museos de Galicia, xa que esta xa está incluída na categoría Museos da provincia da Coruña. Saúdos. --JaviP96 1 de xuño de 2013 ás 16:45 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
editarOla 213.0.89.6.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.
Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría. E ti non o reflectiches no artigo "Raspberry Pi".
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Toliño Fala aquí comigo 6 de xuño de 2013 ás 16:05 (UTC)
Inditex e citas
editarBoas! Vexo que na sección "Beneficios" do artigo "Inditex" hai dúas táboas con datos sobre tendas de Inditex en todo o mundo. Non entendo o motivo que leva ás diferenzas nos datos totais no número de tendas (5.044 nun caso e 5.620 noutro). Ademais, faise referencia á tenda número 6.000, cousa que non é posible se o número de tendas é algún dos que citei antes. Se mo podes aclarar estaría agradecido.
Por certo, xa levo tempo advertindo que empregas un formato un tanto estraño para as referencias, sobre todo para as de novas de xornais. Fas algo así como:
[http://elpais.com/diario/2007/10/15/economia/1192399211_850215.html La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega. [[El País]]] {{es}}.
Cando debería ser algo así:
[http://elpais.com/diario/2007/10/15/economia/1192399211_850215.html "La cuadrilla de lujo de Amancio Ortega"], ''[[El País]]'' {{es}}.
Non é só que quede mellor visualmente, senón que é un formato estándar. Unha boa idea é facer uso dos modelos para citas. O mellor método é usar a opción "Citar" que hai na barra que hai na parte superior da caixa de edición. Logo seleccionas o modelo máis axeitado e completas os campos correspondentes. Deixo unhas capturas para que o vexas mellor (preme nelas para velas máis grandes):
Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de xuño de 2013 ás 10:28 (UTC)
Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, emprégase o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor, cree unha conta ou acceda ao sistema para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos. |