Conversa:País Vasco
Son Percebe
editarCorrixo Qm por Km, xa que "Km" é Kilometers, do Sistema Internacional.
E non vexo normal poñer que o pa´´is vasco tamén é navarra e un anaco de francia, hay que adaptarse ó oficial
¿Por qué non lle chamamos a este artigo Heuskal Herria e rediriximos País Vasco? Que chamemos País Vasco a este artigo pode causar moitas confusións. Outro nome que se lle pode dar podería ser Vasconia, que é outro nome que se lle da a este sitio. --O Tin 17:50, 25 maio 2006 (UTC)
Porque Euskal Herria é en éuscaro, en galego dise País Vasco. No artigo aclárase a confusión posible entre a Comunidade Autónoma e o territorio histórico composto polas sete provincias. --Porto 19:04, 25 maio 2006 (UTC)
¿Que tempos históricos? queda no aire. E é moi confuso que esta entrada non sexa a da Comunidade Autónoma.--Adalbertofrenesi 15:48, 13 xuño 2006 (UTC)
País Basco!
editarEstou tentando homologar os topónimos non galegos en galego e por suposto, aínda que triunfe a forma española con V en galego é con B. Suxiro que se mude, senón teremos sempre un corpus anarquista e dispar. Hai que crear un corpus propio e respetalo. Por certo, en basco non existe a letra V.
- Nos meus dicionarios é con v (Cumio, GDXerais) --Lmbuga Commons - Galipedia 18:23, 8 setembro 2006 (UTC)
Pois que eu saiba é País Basco con "B", de que ano son os teus diccionarios? Se miramo-la forma portuguesa, é con B tamén. Ao igual que é Biscaia con B.
No meu tamén aparece con B, iso de V é un castelanismo Sylvanorash 19:10, 2 maio 2007 (UTC)
O que eu penso e que se por exemplo, buscamos vietnam (http://gl.wikipedia.org/wiki/Vietnam), aparecenos o nome en galego e no idioma orixinal, pero se buscamos Pais Vasco, http://gl.wikipedia.org/wiki/Comunidade_Autónoma_Vasca, soamente aparece en galego. Penso que o seu nome deberia de ser :
Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa
QUE VERGOÑA!
editarIsto é grave. Falar dun termo non recoñecido oficialmente nin maioritariamente tanto no País Vasco, o suposto "Euskal Herria" completo, nin en España como se fose o principal é unha vergonza. Pais Vasco (que creo que en galego debería ser País Basco, ainda que non modifiquei iso por duvidas e respeto para quen escribiu aquilo) debe levar ao artigo da Comunidade Autónoma vasca. Lembrade! Por favor, lembrade que non estamos para facer política nin cambiar o mundo ou a interpretación del ao noso gusto!
Corrixín o texto do artigo para que non sexa tan ridículo e a galipedia non fique tn claramente como instrumento propagandísticos. Aqueles que apoien ao independentismo "panvasquista" por favor, respeto a súa opinión, pero que non a fagan pasar por única, oficial ou maioritaria! Xermánico 18:54, 30 decembro 2007 (UTC) ---
- Coido que a solución é separar en 2 artigos, un para "País Vasco" e outro para "Euskal Herria". No do País Vasco, independentemente das miñas/nosas/vosas preferencias/gustos, entendo que debemos poñer os limites, poboacion, etc da Comunidade Autónoma Vasca para respectar un PV ou-N.---- Maañón00 (o que ho?) 18:46, 30 decembro 2007 (UTC)
- Xa os separei, que alguen que coñeza o tema os edite ou ben revirta se non for axeitada a separacion que fixen.---- Maañón00 (o que ho?) 18:55, 30 decembro 2007 (UTC)
- Moitísimas gracias. Como podemos facer (é que eu non controlo ben o mecanismo) para dirixir Paix Vasco cara o artigo da Comunidade autónoma vasca?Xermánico 19:06, 30 decembro 2007 (UTC)
- Xa os separei, que alguen que coñeza o tema os edite ou ben revirta se non for axeitada a separacion que fixen.---- Maañón00 (o que ho?) 18:55, 30 decembro 2007 (UTC)
- Ola, antes de facer todo eso coido que habería que discutirse. Na miña opinión non debería separarse en dous artigos, xa que País Vasco e Euskal Herria é o mesmo (un tradución da outra). A comunidade Autónoma Vasca é outra cousa distinta. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:15, 30 decembro 2007 (UTC)
- Na miña opinión a solución é utilizar a dupla de nomes (País Vasco - Euskal Herria), movendo a este título dende o actual artigo País Vasco. Así este último quedaría como redirección, facéndose o mesmo con Euskal Herria. AlberteSi, digame? 19:20, 30 decembro 2007 (UTC)
- Pais Vasco, Euskadi e Euska Herria falan supostamente do mesmo termo, pero debido a interpretacións sociais e políticas os termos Euskadi, Comunidade autonoma Vasca e Pais Vasco refírense ás tres provincias da comunidade autónoma. Euskal Herria, dado o seu uso habitual ten que explicar a polémica do territorio. Oficialmente O País vasco é a Comunidade autónoma Vasca. Se queres falar do territorio vasco podese falar de Euskal Herria ou Vascongadas.Xermánico 19:27, 30 decembro 2007 (UTC)
Persoalmente, síntome ofendido. O traballo que fixen durante unha hora para que o artigo polo menos representase todos os puntos de vista foi revertido cruelmente. O artigo anterior expresaba as dúas visións: a oficial e a demanda do nacionalismo. Agora só representa esta última que nin tan seuqera é maioritaria.Xermánico 19:30, 30 decembro 2007 (UTC)
- Propoño, como forma de consenso, que País Vasco sexa posto como homónimo a 2 paxinas:
- País Vasco (territorios históricos), onde se inclua o que agora tén País Vasco, e que se poña Euskal Herria como redireccion
- País Vasco (comunidade autónoma): como redireccion á comunidade autonoma do pais vasco.
Saúdos.---- Maañón00 (o que ho?) 19:39, 30 decembro 2007 (UTC)
Completamente dacordo con iso. Tamén o pensara, pero son demasiado torpe para facelo (comecei hai pouco na wikipedia). Xermánico 19:42, 30 decembro 2007 (UTC)
- De acordo. Entón teríamos a páxina País Vasco de homónimo, levando a Comunidade Autónoma Vasca (Euskadi) e a Euskal Herria (sen o de Vascongadas), que levaría o texto que hai agora mesmo en País Vasco. Fágoo así? AlberteSi, digame? 19:46, 30 decembro 2007 (UTC)
- Faino así. O de vascongadas ou Vasconia pode aparecer tamén (ainda que son términos que hai xente que considera despectivos por causa do uso deles do franquismo e outras formas de nacionalismo español). Se non queres polos, non os poñas, iso poderá ser discutido máis adiante e con máis calma.Xermánico 19:51, 30 decembro 2007 (UTC)
- Perfecto! De momento fica así. Xa discutiremos asuntos menores menos polémicos outro día.
Sobre os termos...
editarSíntoo non estar de acordo co contido da desambiguación. Ó meu ver a cousa debería ir:
- País Vasco - Euskal Herria, con redireccións dende País Vasco e Euskal Herria
- Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomi Erkidegoa, con redireccións dende...
- Mover esta páxina a País Vasco (desambiguación)
Agardo os vosos comentarios. --Norrin_strange (Talk) 22:05, 30 decembro 2007 (UTC)
- Creo que ter unha páxina País Vasco (homónimos) cando País Vasco é unha redireción non é de moita utilidade, a non ser que o termo País Vasco sexa exclusivo dun só significado.
- Penso que o problema está en que ou País Vasco é un nome oficial, e entón non habería dúbidas, ou senón pode ser utilizado para falar da realidade política actual, da realidade política territorial que se poida pretender e a realidade cultural dunha comunidade, e calquera deses usos se son exclusivistas rompen o PVN. Concordo en que se adopte Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomi Erkidegoa, pero teño moitas dúbidas coa redireción País Vasco e que sexa sinónimo de Euskal Herria únicamente. Lansbricae (Ti dirás) 23:01, 30 decembro 2007 (UTC)
- Pois entón, deixar País Vasco de homónimos e crear País Vasco - Euskal Herria e Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomi Erkidegoa. --Norrin_strange (Talk) 23:04, 30 decembro 2007 (UTC)
- COncordo coa dupla de nomes para Comunidade Autónoma Vasca (tamén de paso para a Valenciá). No de País Vasco - Euskal Herria xa non sei, porque Euskal Herria emprégase na fala e na escrita e País Vasco presenta problemillas. Sinto ter feito isto tan así, entrei no tema e vinme na posición de que se facía unha cousa ía ser criticado e se facía outra tamén. Sinto, metín a gadoupa, así que a partires de agora afástome un tanto do tema. Saúdos. AlberteSi, digame? 23:42, 30 decembro 2007 (UTC)
- Non pasa nada, e a túa axuda é benvida. De todos xeitos, se pensas que metiches a pata, ó mellor que podes facer para reparalo é seguir no tema. Un saúdo. Por certo, o de problemillas do País Vasco soluciónase coa desambiguación, non si? --Norrin_strange (Talk) 06:30, 31 decembro 2007 (UTC)
- Ao meu ver o mellor é facer deambiguación co nome País Vasco. O de homónimos soluciona momentáneamente, pero é mellor desambiguación. A interpretación de país Vasco como Euskal Herria e non como a comunidade autónoma actual sería de lonxe un erro, non por non estar dacordo con esta posición, senón porque non é a única e non é a maioritaria xa non na Wikipedia, se non no propio país vasco, Navarra, resto de España e internacionalmente. Nunha desambiguación pódese falar da comunidade autónoma vasca, de Euskal Herria como termo cultural e reivindicativo e mesmo tamén do País Vasco Francés. Lembrade que para alguén de ideoloxía nacionalista entrar e ver País Vasco só como a Comunidade autónoma pode parecerlle impreciso, pero se aparece unido exclusivamente ó termo euskal herria e o ve unha persoa non nacionalista vese como algo aberrantemente parcial e (no caso da maioría dos Navarros) como un insulto a súa oficialidade e, se cadra ainda máis importante, á súa sensibilidade. Non se debe conquistar vía wikipedia o que está en discusión na sociedade. Xermánico! 11:36, 31 decembro 2007 (UTC)
- Discrepo no de internacionalmente:
Catalán: País Basc, Afrikaans: Baskeland, Irlandés: An Tír Bhascach, Francés: Pays basque, Alemán: Baskenland, Neerlandés: Baskenland, Manxés: Yn Çheer Bascagh, Portugués: País Basco... enfin. Supoño que non fará falta que che esplique ningún dos termos agás o irlandés e o manxés. En irlandés, An significa Oe Tír significa País. En manxés, yn significa o e çheer significa país. Que cousas non? Vai resultar que internacionalmente cando falan de País Vasco SI QUE refírense a Euskal Herria. --Norrin_strange (Talk) 12:24, 31 decembro 2007 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 4 ligazóns externas en País Vasco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20081207211317/http://www.turismoa.euskadi.net/s11-15799/es/contenidos/informacion/s11_acerca_euskadi/es_s11/radiografiafisica.html á ligazón http://www.turismoa.euskadi.net/s11-15799/es/contenidos/informacion/s11_acerca_euskadi/es_s11/radiografiafisica.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20081207211323/http://www.turismoa.euskadi.net/s11-15812/es/contenidos/informacion/s11_acerca_euskadi/es_s11/radiografiaeconomica.html á ligazón http://www.turismoa.euskadi.net/s11-15812/es/contenidos/informacion/s11_acerca_euskadi/es_s11/radiografiaeconomica.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080906122744/http://www.osoa.net/Articles/Desaparicion_del_Euskara_por_el_este_y_norte..pdf á ligazón http://www.osoa.net/Articles/Desaparicion_del_Euskara_por_el_este_y_norte..pdf
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080114054431/http://www.laregioninternacional.com/noticia/3818/aeropuertos/vascos/centros_paises.php á ligazón http://www.laregioninternacional.com/noticia/3818/aeropuertos/vascos/centros_paises.php
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 01:36 (UTC)