Consello Nórdico

organización de cooperación entre os cinco países nórdicos

O Consello Nórdico (Nordiska rådet) é unha organización interparlamentaria de cooperación entre o cinco países nórdicos: Islandia, Dinamarca, Suecia, Finlandia e Noruega, coas rexións autónomas das Illas Feroe, Groenlandia e Åland. Constitúeno 87 deputados dos parlamentos nacionais destes países. Dinamarca, Noruega, Finlandia e Suecia contan con vinte membros cada un e Islandia con sete.

Modelo:Xeografía políticaConsello Nórdico
Nordic Council (en) Editar o valor en Wikidata

Localización
Mapa
 55°41′N 12°35′L / 55.68, 12.58
Poboación
Lingua oficiallingua dinamarquesa
lingua norueguesa
lingua sueca
lingua finesa
lingua islandesa Editar o valor en Wikidata
Creación16 de marzo de 1952 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoJorodd Asphjell Editar o valor en Wikidata
MoedaCoroa dinamarquesa Editar o valor en Wikidata

Sitio webnorden.org… Editar o valor en Wikidata
Facebook: nordensk Twitter: nordensk LinkedIn: the-nordic-council-of-ministers-and-the-nordic-council Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O Consello estableceuse en 1952. Segundo o Acordo de Helsinqui de 1962, existe para preservar e desenvolver a cooperación entre os estados membros en asuntos xurídicos, culturais, sociais, financeiros, de transportes e da protección do medio ambiente. Máis tarde agregáronselle asuntos de política exterior e de seguridade. Desde 1971, existe tamén o Consello de Ministros Nórdicos, organización inter-gobernamental distinta ao Consello Nórdico. Actualmente o Consello Nórdico foi opacado pola Unión Europea, xa que moitas das súas funcións coinciden. Hoxe en día é máis que nada un organismo de fomento cultural.

Bandeira do Consello Nórdico

editar

A bandeira do Consello Nórdico representa o cisne branco con oito ás sobre un círculo azul que á súa vez se atopa sobre un fondo branco. A bandeira foi adoptada en novembro de 1984. O símbolo representa ao cinco países do consello (Dinamarca, Finlandia, Islandia, Noruega e Suecia) máis as rexións autónomas das Illas Feroe, Groenlandia e Åland.

Idiomas do consello nórdico

editar

Durante algúns anos os idiomas oficiais do consello nórdico foron o danés, o sueco e o noruegués, debido á súa facilidade de intercomunicación e a que algún deles era oficial ou cooficial en todas as rexións nórdicas de fala xermana. No entanto, a situación de oficialidade variou lixeiramente e incorporáronse tamén como linguas de traballo o finés e o islandés e vai collendo forza o inglés como lingua franca e de traballo no consello, desprazando o danés, o sueco e mais o noruegués da función vehicular que desempeñaran.

O feroés é a única lingua "maioritaria" viva escandinava que non ten ningún rango de oficialidade no consello nórdico.

Membros

editar

Membros do Consello:

Ademais, os países bálticos de Estonia, Letonia e Lituania expresaron o seu desexo de incorporarse como membros ao Consello. Este abriu oficinas de información no tres países en 1991.

Secretarios xerais

editar
Consello Nórdico de Ministros:

Fundación
Presidente
Secretario Xeral (Secretariado)


1971
Cristina Husmark Pehrsson
Halldór Ásgrímsson

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar