Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "[[Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza]]" ([[Conversa :Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza|conversa]]). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais competencias a xustiza, o deporte, a administración local, as relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias, interior, relacións exteriores e relacións coa Unión Europea.[1] O actual conselleiro é Diego Calvo Pouso.
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes |
---|
Historia
editarA consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta.
En 1983 (por uns meses) e despois dende 1983 ata 1990 absorbe ademais as competencias da Consellería de Xustiza e Interior. Durante a maior parte da súa existencia, agás entre 1990 e 1993, e 2005 e 2009 a consellería integra tamén a área de Relacións Institucionais (véxase tamén Consellería de Relacións Institucionais). A consellería de Presidencia, Administración Pública e Turismo desapareceu durante a reorganización de 2018.[2] As competencias en xustiza e presidencia pasaron á Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a competencia en administracións públicas pasou á Consellería de Facenda e Administración Pública.
Conselleiros
editar- Xosé Luís Barreiro Rivas (1982-1983). Primeiro como conselleiro de Presidencia e en 1983 como conselleiro de Presidencia e Xustiza. Ese mesmo ano volve ser unicamente conselleiro de Presidencia, pero co engadido de ocupar a vicepresidencia de asuntos políticos.
- Manuel Anxo Villanueva Cendón (1986-1987)
- Pablo González Mariñas (1987-1989)
- Dositeo Rodríguez (1989-1999). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública.
- Jaime Pita (1999-2005). Conselleiro de Presidencia e Administración Pública, e a partir de 2001, conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
- José Luis Méndez Romeu (2005-2009). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Alfonso Rueda (2009-2022). Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Turismo.
- Diego Calvo Pouso (2022-)
Estrutura interna
editarSecretarías e direccións xerais
editarAdemais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Presidencia conta coas seguintes direccións xerais:[1]
- Secretaría Xeral Técnica.
- Secretaría Xeral para o Deporte.
- Dirección Xeral de Xustiza.
- Dirección Xeral de Administración Local.
- Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias.
- Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
- Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
Entes adscritos á consellería
editarNotas
- ↑ 1,0 1,1 "DOG 119 del 23/06/2023 - DECRETO 79/2023, de 22 de junio, por el que se fija la estructura orgánica de las vicepresidencias y de las consellerías de la Xunta de Galicia.". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2023-10-11.
- ↑ "DECRETO 88/2018, do 26 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia" (PDF). Diario Oficial de Galicia. 26 de setembro de 2018.