Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é un organismo de conca intercomunitaria creado polo Real Decreto 266/2008, ao modificar esta norma a Confederación Hidrográfica do Norte e dividila na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a do Cantábrico, sendo cada unha destas dúas últimas no seu ámbito territorial a sucesora a título universal nos bens, dereitos e obrigacións da Confederación Hidrográfica do Norte.[1] A Lei de Augas defínea como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia e distinta do Estado, adscrito a efectos administrativos ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño como organismo autónomo con plena autonomía funcional.[2]
Confederación Hidrográfica do Miño-Sil | |
---|---|
Tipo | confederación hidrográfica |
Data de fundación | 22 de febreiro de 2008 |
Presidente/a | José Antonio Quiroga (-) |
Sede | Ourense |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.chminosil.es/gl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desempeña un importante papel na súa demarcación hidrográfica, dado que encárgase da planificación hidrolóxica, a xestión de recursos e aproveitamentos, a protección do dominio público hidráulico, as concesións de dereitos de uso privativo da auga, o control de calidade da auga, o proxecto e execución de novas infraestruturas hidráulicas, os programas de seguridade de presas ou bancos de datos, entre outras funcións.[3]
Demarcación hidrográfica
editarA súa demarcación hidrográfica comprende as concas dos ríos Miño e Sil e a parte galega da conca do río Limia, que na súa totalidade afecta a unha superficie de 17.717 km² e a unha poboación estimada de 835.000 habitantes de tres comunidades, no seu maior parte de Galicia, pero tamén de Castela e León e Asturias. As principais canles desta demarcación son as dos ríos Avia, Deva, Limia, Arnoia, Bibei, Miño e Sil.
Notas
editar- ↑ Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (30-07-2009). "El Organismo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02-07-2011. Consultado o 30-07-2009.
- ↑ Leggio. "Real Decreto Legislativo 1/2001" (en castelán). Consultado o 30-07-2009.
- ↑ MMA. "Organismos de Cuenca" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30-08-2009. Consultado o 30-07-2009.