Concello de Oaxaca de Juárez
Oaxaca de Juárez é un dos 570 municipios en que se divide o estado de Oaxaca, en México.
Oaxaca de Juárez (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Oaxaca | ||||
Capital | Oaxaca de Juárez | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 264.251 (2015) (3.091,38 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 85,48 km² | ||||
Altitude | 1.557 m | ||||
Creación | 1879 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | José Antonio Hernández Fraguas | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 68000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 951 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | municipiodeoaxaca.gob.mx |
Xeografía
editarSituado no centro do estado, a unha altitude media de 1 557 msnm, ocupa unha superficie de 89,544 km². O municipio encóntrase na zona central do estado de Oaxaca, na rexión des Vales Centrais, rodeado dos principais sistemas montañosos do estado e atravesado polo río Atoyac. Dista 550 km da Cidade de México.
É o municipio máis poboado do estado e sede da súa capital. En 2015 tiña 264 251 habitantes,[1] cunha densidade de poboación nese ano de 3 091,38 hab./km².
Historia
editarO seu núcleo urbano agregouse ao municipio de Juárez no ano de 1872, uns meses despois da morte de Benito Juárez, designándose a cidade "Zona de Monumentos Históricos" por decreto presidencial de data 15 de marzo de 1976 e, o 10 de decembro de 1987, a UNESCO declarouna Patrimonio Cultural da Humanidade.
Etimoloxía
editarO seu nome deriva do náhuatl Huāxyacac ("na punta do huaje"),[2] e Juárez por Benito Juárez, que foi designado mediante un Decreto do Congreso Estatal, despois do falecemento deste personaxe.
Notas
editar- ↑ Instituto Nacional de Estadística y Geografía (2010). "Principales resultados por localidad 2010 (ITER)".
- ↑ Huaje ou guaje refírese a unha árbore da familia das fabáecas que abundaba no lugar.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Secretaría de Gobernación, Centro Nacional de Estudios Municipales (1988): Enciclopedia de los Municipios de México. México, D. F.: Talleres Gráficos de la Nación.