Cometa Halley

cometa

O cometa Halley, tamén chamado 1P/Halley, é un cometa brillante de período intermediario que retorna ás rexións interiores do sistema solar cada 75,3 anos, aproximadamente. Aínda que o nome fai referencia ao astrómono inglés Edmund Halley por ter determinado a súa órbita e a súa reaparición periodica, o descubrimento atribúese ao astrónomo Johan Georg Palitzsch que o descubriu o 25 de decembro de 1758, aproximadamente na data prevista por Halley para a súa reaparición (de onde vén a tradición de consideralo como o cometa do Nadal), chegou cun retardo de 618 días polo seu perihelio (ao ser perturbada a súa órbita por Xúpiter e Saturno). Halley, pola súa parte, usou datos de Kepler e Petrus Apianus para facer os seus cálculos.[1]

Cometa Halley, fotografado en 1986.

Características

editar
 
Representación do 1P/Halley na escena XXXII do Tapiz de Bayeux. A inscrición en latín di Isti mirant stella

Orbita en torno do Sol na dirección oposta á dos planetas e ten unha distancia de perihelio de 0,59 unidades astronómicas; no afelio, a súa órbita esténdese alén da órbita de Neptuno sen pasar da órbita de Plutón, chegará ao afelio no ano 2024. Foi o primeiro cometa en ser recoñecido como periódico, cálculo feito por Edmund Halley en 1696, co que demostrou que os cometas eran corpos que tiñan órbitas pechadas moi excéntricas. O cometa foi rexistrado por primeira vez en 240 a. C. e mostrouse visíbel a ollo nu en todas as súas 30 aparicións rexistradas. Na Gallaecia do século V d.C rexistrou a súa visita Hidacio de Chaves, os días 18 e 29 de xuño do ano 451 d.C.

Nos anos 374, 607, 837 e 1066, presentaba un brillo maior que a máis brillante das estrelas do hemisferio norte. A aparición de 1066 ficou rexistrada nas tapizarías de Bayeux.

O brillo do cometa, cando está no perihelio, ten sido interpretado como unha indicación de que este perde aproximadamente 3x1011 kg de gas e poeira en cada aparición; este valor representa cerca de 0,1% da súa masa total. As partículas de poeira maiores compoñen un grupo de meteoros que é atraído pola Terra dúas veces por ano. Isto ten como consecuencia as chuvias de meteoros Eta Aquáridas, no final de abril, e Oriónidas, no final de outubro. A masa deste fluxo de meteoros indica que o cometa está na media idade: foi capturado polo campo gravitacional de Xúpiter, que o obrigou a describir a órbita actual hai máis ou menos 200.000 anos atrás, nunha época en que o seu núcleo tiña aproximadamente 19 km de diámetro. Este núcleo agora ten máis ou menos 11 km de diámetro e dentro de 300.000 anos terá desaparecido completamente. O éxito da predición de Edmond Halley do retorno do seu cometa en 1759 foi considerado como unha proba sensacional da lei da gravitación de Newton. Na reaparición de 1986, a humanidade tiña xa 29 anos de era espacial e unha frota de naves espaciais, inclusive a sonda Giotto, foi enviada para observalo. Está previsto o seu retorno en 2061, tras un periplo de 76 anos.

Aparicións históricas

editar

O Halley foi o primeiro(1) cometa con período orbital (P) coñecido,o calculado por Halley, e por iso chámase tecnicamente 1P ou 1P/Halley. Os cometas son visíbeis a simple vista cando se aproximan ao perihelio, ao formar a cola, neste caso a partir duns tres meses antes e ata uns tres meses despois, sen descontar o tempo en que por estar demasiado preto do sol tampouco é visible de noite. Os perihelios dos seus pasos arredor do Sol son:

Chuvia de meteoros

editar

A Terra atravesa dúas veces ao ano a órbita do 1P/Halley, en maio e en outubro. A chuvia de meteoros das Eta Acuáridas ten o seu máximo no 6 de maio. A chuvia de meteoros das Oriónidas ten o seu máximo nos días 20 é 21 de outubro.

  1. Fore, Meredith. "With open data, scientists share their work". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-01. 
  2. A Special Issue on Halley's Comet Arquivado 25 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar