Pombo torcaz
Pombo torcaz | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Inglaterra Canto do pombo torcaz (axuda · info) | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Columba palumbus' Linnaeus, 1758 |
O pombo torcaz,[2] comunmente pombo,[3] torcaza[4] ou turcacia, (Columba palumbus) é unha ave da familia das pombas.
Morfoloxía e hábitos
editar............. |
É unha ave cunha lonxitude entre 38–43 cm, unha envergadura entre 68–77 cm e cun peso de 500 gramos. É meirande cá pomba brava e ten unha cola máis longa. É de cor azul pero destaca nela a mancha branca ó redor do pescozo. O peito e papo son dun ton vermello apagado. En voo chama a atención a presenza dunha raia branca vertical que cruza as ás.
Aliméntase de sementes, bagas e partes brandas das plantas. O seu hábitat son os parques, xardíns e masas forestais próximas ás cidades. En outono e inverno forma grandes grupos.
Reprodución
editarA cría realizase en Europa entre os meses de abril e setembro. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 16-17 días. Os polos permanecen no niño entre 28-29 días. Pode chegar a criar dúas ou tres veces ó ano. Nidifica nas árbores.
Distribución
editarMoi común en toda Europa, no extremo norte de África e en Turquía. No sur de Escandinavia e Rusia está presente só durante a cría. En Galicia esténdese por toda a xeografía sen excepcións.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Columba palumbus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do pombo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 123. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)