Coloeus dauuricus
Coloeus dauuricus é unha especie de ave paseriformes da familia dos córvidos, unha das dúas que integran o xénero Coloeus.
Coloeus dauuricus Gralla dáurica | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Grupo de adultos en Pequín | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Coloeus dauuricus (Pallas, 1776) | |||||||||||||||
Área de distribución mundial de Coloeus dauuricus.
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Propia do Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China), está estreitamente relacionada coa outra especie do xénero, a gralla cereixeira (Coloeus monedula).
Durante moitos anos, e aínda hoxe para algúns, o xénero foi considerado como un subxénero de Corvus.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1776 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, Peter Simon Pallas.[2][3]
Nota taxonómica
editarDurante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidadese clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[4][5][6]
Etimoloxía
editarPara o xénero, véxase Coloeus
O epíteto específico, dauuricus, alude á antiga rexión na do imperio Ruso Dauria (en ruso Даурия, Dauriya), nome derivado do etnónimo dos nativos, os daures, e hoxe chamada Transbaikalia (en ruso Забайкалье, Zabaikalie), que é como se coñece á rexión montañosa localizada 'ao leste de', ou 'máis alá de' (trans) o lago Baikal.[7]
Distribución e hábitat
editarDistribúese polo sueste de Siberia, o sur de Mongolia e gran parte da China. No norte da súa área de distribución migra cara ao sur durante o inverno. Esta ave é unha rara visitante durante o inverno en Corea e o Xapón, e unha vagabunda en Taiwán. Ademais, hai rexistros de avistamentos en Europa Occidental.
Habita en bosques abertos, vales fluviais, e montes e montañas.
Comportamento
editarÉ unha especie sociábel que se encontra frecuentemente en grupos, en asociación con outros córvidos.
Alimentación
editarOutras grallas
editarA outra especie do xénero Coloeus é Coloeus monedula, a gralla cereixeirea, de ampla distribución, desde o Norte de África até Siberia occidental, pasando por case toda Europa, Irán e o noroeste da India. Ambas as grallas formaron durante moito tempo o subxénero Coloeus.
Por outra parte, en Galicia algúns lle chaman gralla grande á especie Corvus frugilegus, que outros denominan gralla calva.[8]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2016): Corvus dauuricus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1.
- ↑ 2,0 2,1 Corvus dauuricus Pallas, 1776 no GBIF.
- ↑ 3,0 3,1 Coloeus dauuricus (Pallas, 1776) no ITIS.
- ↑ Haring, E.; Gamauf, A.; Kryukov, A. (2007). "Phylogeographic patterns in widespread corvid birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 45 (3): 840–862. PMID 17920300. doi:10.1016/j.ympev.2007.06.016.
- ↑ Rasmussen, Pamela C.; Anderton, John C. (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-67-2.
- ↑ Gill, F.; Donsker, D. (eds.). "Crows, mudnesters & birds-of-paradise". IOC World Bird List (version 8.2). Consultado o 5 de abril de 2015.
- ↑ daurian jackdaw en Yourdictionary.
- ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 284.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coloeus dauuricus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coloeus dauuricus |
Bibliografía
editar- Brazil, Mark (2009): Birds of East Asia. Londres, Reino Unido: Christopher Helm Publishers Ltd. ISBN 978-0-7136-7040-0.
- Madge, Steve & Burn, Hilary (2013): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-5738-1.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía ds aves de Galicia. A Coruña: Bahia edicións. ISBN 84-8767-406-2.