Coímbra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2011.) |
Coímbra[1] (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
Coimbra (pt) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Coimbra | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Almalaguês Antuzede e Vil de Matos (pt) Assafarge e Antanhol (pt) Brasfemes (pt) Ceira (pt) Cernache (pt) Coimbra (Sé Nova, Santa Cruz, Almedina e São Bartolomeu) (pt) Eiras e São Paulo de Frades (pt) Santa Clara e Castelo Viegas (pt) Santo António dos Olivais (pt) Souselas e Botão (pt) São João do Campo (pt) São Martinho de Árvore e Lamarosa (pt) São Martinho do Bispo e Ribeira de Frades (pt) São Silvestre (pt) Taveiro, Ameal e Arzila Torres do Mondego (pt) Trouxemil e Torre de Vilela (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 143.396 (2011) (452,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região de Coimbra (pt) | ||||
Superficie | 316,83 km² | ||||
Altitude | 43 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Sabela de Portugal | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 239 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cm-coimbra.pt | ||||
É sede dun municipio con 316,83 km² de área e 148 474 habitantes (2001), subdividido en 31 freguesías. O municipio é limitado a norte polo municipio de Mealhada, a leste por Penacova, Vila Nova de Poiares e Miranda do Corvo, a sur por Condeixa-a-Nova, a oeste por Montemor-o-Velho e a noroeste por Cantanhede.
Historia
editarCidade de rúas estreitas, patios, escadiñas e arcos medievais, Coímbra foi berce de seis reis de Portugal e da Dinastía de Borgoña, así como da primeira Universidade portuguesa, unha das máis antigas da Europa.
Os romanos chamaron á cidade, que se erguía no outeiro sobre o río Mondego, Aeminium. Máis tarde, co aumento da súa importancia pasou a ser sede de Diocese, substituíndo a cidade romana de Conímbriga, de onde derivou o seu novo nome. Durante o dominio mouro, Coímbra tórnase nun importante posto comercial entre o norte cristián e o sur árabe, cunha forte comunidade mozárabe. En 1064 a cidade é definitivamente reconquistada por Fernando Magno de León.
Coímbra renace e tórnase a cidade máis importante por baixo do río Douro, capital dun vasto condado gobernado polo mozárabe Sesnando. Co Condado portucalense, o conde D. Henrique e a raíña D. Teresa fan dela a súa residencia, e foi alí onde nace o primeiro rei de Portugal, D. Afonso Henriques, que fai dela a capital do condado, substituíndo Guimarães (ademais esta mudanza da capital para os campos do Mondego virase a revelar vital para facer viábel a independencia do novo país, a todos os niveis: económico, político e social). Capitalidade que Coímbra conservará ata 1255, cando a capital pasa a ser Lisboa.
No século XII, Coímbra presentaba xa unha estrutura urbana, dividida entre a cidade alta, designada por Alta ou Almedina, onde vivían os aristócratas, os cregos e, máis tarde, os estudantes, e a Baixa, do comercio, do artesanado e dos barrios ribeiráns.
Desde mediados do século XVI, a historia da cidade pasa a xirar en torno á historia da Universidade de Coímbra, sendo no século XIX cando a cidade se comeza a se expandir alén do seu casco amurallado, que chega mesmo a desaparecer coa reformas levadas a cabo polo Marqués de Pombal.
A primeira metade do século XIX trae tempos difíciles para Coímbra, coa ocupación da cidade polas tropas de Junot e Masséna, durante a invasión francesa e, posteriormente, a extinción das ordes relixiosas. Porén, na segunda metade do século XIX, a cidade viría a recuperar o esplendor perdido – en 1856 xorde o primeiro telégrafo eléctrico na cidade e a iluminación a gas, en 1864 é inaugurado o ferrocarril e 11 anos despois nace a ponte férrea sobre as augas do río Mondego.
Monumentos
editar- Sé Velha de Coimbra.
- Sé Nova de Coimbra.
- Mosteiro de Santa Cruz.
- Mosteiro de Santa Clara-a-Velha.
- Universidade e Torre.
- Portugal dos Pequenitos.
- Igrexa de Santa Cruz.
Porta e Torre de Almedina
editarComo o propio nome indica, era a porta da Medina, entrada principal da cidade (Coímbra) intramuros.
Sita na parte máis baixa da muralla constituía o aceso de maior importancia militar e civil e o que tiña maior movemento. Foi, orixinariamente, unha porta entre dous cubos avanzados que, máis tarde, foron ligados por medio dun arco fundo e levantado o forte torreón. A Torre é probabelmente unha das torres máis defensivas de maior imponencia no perímetro da muralla, debido á vulnerabilidade do lugar.
Xardíns
editarChoupal, Parque da Cidade, Jardin de Santa Cruz, Jardin Botanico, Penedo da Saudade.
Freguesías do concello
editarAs freguesías de Coímbra son as seguintes:
- Almalaguês
- Almedina (Coímbra)
- Ameal
- Antanhol
- Antuzede (Coímbra)
- Arzila
- Assafarge (Coímbra)
- Botão
- Brasfemes
- Castelo Viegas (Coímbra)
- Ceira (Coímbra)
- Cernache
- Eiras (Coímbra)
- Lamarosa
- Ribeira de Frades
- Santa Clara
- Santa Cruz
- Santo António dos Olivais (Coímbra)
- São Bartolomeu (Coímbra)
- São João do Campo
- São Martinho de Árvore
- São Martinho do Bispo (Coímbra)
- São Paulo de Frades (Coímbra)
- São Silvestre
- Sé Nova (Coímbra)
- Souselas
- Taveiro
- Torre de Vilela
- Torres do Mondego (Coímbra)
- Trouxemil
- Vil de Matos
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coimbrán.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais".
- ↑ Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[2]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coímbra |