Circuíto José Ramón Losada
O Circuíto José Ramón Losada é un recinto adicado ás carreiras de coches, homologado pola Real Federación Española de Automovilismo, que está situada na parroquia de Morás (Arteixo). Utilízase habitualmente para carreiras de autocross.
Circuíto José Ramón Losada | |
---|---|
Carreira en 2007 | |
Coordenadas | 43°18′21″N 8°28′02″O / 43.305833333333, -8.4672222222222 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarO circuíto ten unha lonxitude de 1150 metros, cunha anchura media de 14 metros. A grella de saída ten espazo para colocar 15 coches. Nos boxes collen 100 coches cos seus mecánicos. O circuíto ten 9 torres de control para o seguimento das carreiras, oficina de prensa e de cronometraxe.
Está prevista a construción dunha nova bancada permanente na curva final do circuíto. Debaixo dela vanse instalar as futuras clínica do circuíto e sala de prensa.
No circuíto de Arteixo celébranse cada ano polo menos dúas probas pertencentes ó Campionato de Galicia de Autocross. O 22 de maio de 2010 celebrouse a 63ª edición deste autocross, o que converte a esta proba na máis antiga de Galicia.
Leva o nome de José Ramón Losada, presidente durante máis de dúas décadas da Peña Autocross Arteixo.[1]
Notas
editar- ↑ "Fallece Ramón Losada, concejal del PP desde 1995 hasta 2003". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de xullo de 2007. Consultado o 7 de agosto de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto José Ramón Losada |
Ligazóns externas
editar- AutocrossArteixo.com Arquivado 28 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
- Federación Galega de Automobilismo