Cinco semanas en globo
Cinco semanas en globo (no orixinal en francés Cinq semaines en ballon) é unha novela do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1863. Trátase da súa primeira novela e nela xa aparecen os ingredientes do que será a súa futura obra, mesturando habilmente unha intriga ateigada de aventuras e sobresaltos de todo tipo e descricións técnicas, xeográficas e históricas. O libro leva a cabo un bo resumo das exploracións do continente africano, que daquela non era totalmente coñecido polos europeos e ó que ían moitos exploradores en busca dos seus segredos.
Cinco semanas en globo | |
---|---|
Portada da primeira edición | |
Título orixinal | Cinq semaines en ballon |
Autor/a | Jules Verne |
Ilustrador/a | Édouard Riou |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Tema(s) | África e exploración |
Xénero(s) | Novela, Aventuras |
Editorial | Hetzel |
Data de pub. | 1863 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ao galego por María Carmen Campos e publicada en 2005 pola Baía edicións, dentro da colección As mellores aventuras de Xulio Verne[1].
Notas
editar- ↑ Ficha do libro Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cinco semanas en globo |
Ligazóns externas
editar- Texto íntegro en Gutenberg. (en francés)