Cidadela de Pamplona

A Cidadela de Pamplona (en castelán: Ciudadela de Pamplona, en éuscaro: Iruñeko zitadela) ou Castelo Novo (en castelán: Castillo Nuevo, en éuscaro: Gaztelu Berria) é unha fortificación renacentista de antigo uso militar, construída entre os séculos XVI e XVII na cidade de Pamplona, capital da Comunidade Foral de Navarra, que na actualidade se mantén gran parte dela en pé como xardín e con actividades culturais nos seus edificios.

Modelo:Xeografía físicaCidadela de Pamplona
Imaxe
Tipocidadela
monumento
fortificação abaluartada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deCamiño de Santiago navarro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPamplona, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°48′43″N 1°38′57″O / 42.8119, -1.6492
Características
Ben de interese cultural
Data8 de febreiro de 1973
IdentificadorRI-51-0003896
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Identificador180
Historia
Cronoloxía
1571-1645construción Editar o valor en Wikidata

Filipe II ordenou a súa construción en 1571, dentro dun plan de renovación e fortalecemento xeral das fortificacións da cidade. Pódese dar por concluída en 1645, aínda así reforzouse con "medias lúas" exteriores en 1685 e na primeira metade do século XVIII, que reforzaban o sistema defensivo. En 1964 perdeu o seu carácter militar, converténdose nun parque moi frecuentado e con usos culturais nos antigos edificios castrenses.

Na actualidade localízase no centro da cidade, encontrándose rodeada por todas as partes polo parque coñecido como Vuelta del Castillo, a zona verde máis grande de Pamplona e que permaneceu durante séculos sen construír por motivos de defensa.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar