Cegude

Ilustración da cegude Conium maculatum
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Tribo: Apioid superclade incertae sedis
Xénero: Conium
Especie: C. maculatum
Nome binomial
Conium maculatum
L.

A cicuta ou cegude[1], Conium maculatum, é unha especie botánica de planta con flor herbácea da familia das apiáceas. En Galiza tamén recibe os nomes vulgares de canafrecha, pirixel das bruxas, pirixel dos sapos[2] etc.

Conium maculatum

Atópase en toda Europa e América, en lugares húmidos e frescos, como as beiras dos ríos.

Características

editar

Esta planta pode acadar entre os 150-250 centímetros de altura. Posúe talo oco e estriado, manchado de cor purpúrea na base e con bastantes pólas na parte superior. Follas brandas, fétidas, verdinegras, triangulares e divididas en gallos elípticos, puntiagudos e dentados de ata 50 cm de longo e 40 cm de ancho. As flores son pequenas, de cor branca, e nacen en umbelas duns 10 a 15 cm de diámetro. A súa semente é pequena e de cor negruzca.

O seu zume é velenoso, pero tamén é usado como menciña. Caracterízase por despedir un desagradable cheiro a ouriña. Ten uns froitos ovalados de cor verde parda e aproximadamente 3 mm de diámetro.

A cegude é semellante ao pirixel ou ao fiúncho, dos que apenas se distingue máis que pola cor escura e o cheiro desagradable das súas follas.

Toxicidade

editar

Toda a planta contén alcaloides, entre os que destacan glicósidos flavónicos e cumarínicos e un aceite esencial, ademais da coniína, unha neurotoxina que inhibe o funcionamento do sistema nervioso central. A súa toxicidade afecta tanto ós humanos como a toda clase de gando. O veleno desta planta pódese equiparar a outros como o do estramonio ou o teixo.

Usos medicinais

editar

A cegude foi usada polas súas propiedades antiespasmódicas e como sedante para calmar dores persistentes e intratables, como os producidos polo cancro e as neuralxias. Na antigüidade, os médicos árabes e gregos a utilizaban en diversas doenzas, como a artrite. Porén, non era sempre eficaz, xa que a diferenza entre unha dose terapéutica ou tóxica é moi pequena.

A sobredose produce sequidade na boca, dificultade ó tragar, dilatación das pupilas (midríase), náuseas, parálise muscular; paro respiratorio e asfixia, aínda que a vítima permanece lúcida ata o momento da súa morte.
Hoxe en día úsanse analxésicos máis potentes e seguros, malia que aínda se pode usar respectando as dosificacións.

A intoxicación por cegude foi usada polos gregos para quitar a vida ós condenados a pena de morte, como o caso do filósofo Sócrates.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cicuta. Consultado o 16-12-2013.
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia