Cibeles
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2024.) |
Cibeles, unha deusa de orixe frixia, foi asimilada polos romanos á grega Rea.
Nome orixinal | (grc) Κυβέλη |
---|---|
Biografía | |
Celebración | Relixión da Grecia antiga, relixión na Roma antiga, relixión frixia e culto de Cibeles e Atis |
Símbolo iconográfico | León e torre |
Patrón de | Natureza |
Familia | |
Cónxuxe | Atis |
Parella | Sangario Atis |
Fillos | Niceia () Sangario Alce () Olympus Corybas () Iasion Midas () Górdio |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Encyclopædia Britannica Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Historia.
editarEn orixe, esta deusa frixia encarnaba a fertilidade, e en certo modo, á natureza en estado salvaxe. O seu culto penetrou en Roma con bastante forza no 204 a.C. cando os Libros Sibilinos, consultados para dete-lo perigo dunha invasión cartaxinesa durante a segunda guerra púnica, ordenan o traspaso a Roma da pedra negra (betilo) de Pesinonte, en Frisia, identificado coa deusa Cibeles. Grazas á amizade de Atalio I, rei de Pérgamo, a cousa puido facerse e o Betilo foi instalado nun templo levantado sobre o Palatino.
Cibeles, como Rea e polo tanto esposa de Saturno, vendo que o seu marido devoraba tódolos seus fillos para evitar que ningún deles o destronase, e seguindo o consello da súa nai, Xea, esconde o seu fillo Xúpiter (é dicir, Zeus) e dálle en troques unha pedra envolta coas roupas do bebé, logrando así salvalo.
Símbolos.
editarOs seus animais protexidos eran o león e as abellas. Represéntase especialmente sentada nun trono e acompañada de dous leóns, que simbolizan a natureza salvaxe.
Xenealoxía.
editarCibeles é filla de Urano e Xea, o ceo e a terra, respectivamente. Na súa asimilación a Rea, é esposa de Saturno e nai de Ceres, Vesta, Xuno, Neptuno, Plutón e Xúpiter.
Culto
editarDende as súas orixes frixias, Cibeles era moi coñecida e venerada no mundo antigo. Contábase que podía curar as enfermidades (ou incluso provocalas), polo que era considerada protectora do seu pobo durante a guerra. Era adorada no monte Dyndimo, onde se atopaba a rocha que a representaba, caída segundo a lenda directamente dos ceos. Este monte atopábase na gran cidade comercial de Pessino, mencionada polo xeógrafo e historiador latino Estrabón.
Visto o seu carácter sanguento e orxiástico, e a presenza en Roma de sacerdotes eunucos, este culto, opoñéndose á relixión romana tradicional, foi xulgado altamente sospeitoso polos filósofos, que non se podían adherir a esta clase de relixión. Non obstante foi florecente tanto na República coma no Imperio, onde os sacerdotes frixios, ou galos, foron substituídos por un colexio de funcionarios romanos, os Arquilagos. O Emperador en persoa encabézao.
A partir do século III un rito novo se insire sobre o culto de Cibeles: o bautismo Tauróbolo, ou sexa o sacrificio dun touro e a aspersión do seu sangue sobre os fieis. Este rito de purificación é o substituto probable dos ritos de mutilación dos crentes, rito sanguento que reinaba na orixe do mito, con flaxelacións, emasculación etc.
O mito de Cibeles e o seu fillo Atis
editarA pedra negra na cal Cibeles está ritualmente presente (o Betilo) demostra o arcaísmo do culto. En efecto, a rocha é un dos máis antigos símbolos da Nai-Terra. Entre as numerosas descricións do mito pode citarse a que fai Pausanias, resumida por Mircea Eliade:
“Un monstro hermafrodita, Agditis, naceu dunha pedra fecundada por Zeus. Os deuses decidiron castralo e transformalo en deusa(Cibeles), da sangue do hermafrodita naceu unha amendoeira, comendo unha das súas améndoas, Nana, a filla do río Sangarios, quedou preñada e deu a luz un neno, Atis. Unha vez máis, Atis celebraba o seu casamento coa filla do rei, cando Cibeles, quen lle profesaba un amor louco, se introduce na sala do festín. Os asistentes enlouqueceron colectivamente: o rei amputouse os seus xenitais; Attis cástrase baixo un piñeiro e morre. Accedendo aos rogos de Cibeles-Agditis, Zeus acepta que o corpo de Attis non se corrompa, que os seus cabelos non deixasen de medrar e que siga movendo o dedo mainiño.”
Mito salvaxe, sanguinario, cheo de ruído e de furor, oposto ós cultos formalistas e codificados de Roma e Grecia, a paixón de Atis está claramente inspirada no ciclo vexetativo: emasculado, Attis morre baixo un piñeiro; no outono. Cibeles percorre o país laiándose pola morte do que ama. Este último esperta grazas á intervención de Zeus (deus uraniano), e resucita co renacemento da primavera. Este culto “naturista” posuía unha violencia que se acordaba co carácter extremo do clima anatolio (turco).
Os ritos de Cibeles
editarAs festas de Cibeles desenvólvense dende o 15 ata o 28 de marzo, no período de crecemento da vexetación.
O primeiro día (Canna intrat), lévanse ó templo canas cortadas, símbolo do río Sangarios cerca do cal Cibeles tería atopado a Atis. Tras sete días, os dendrophores (ou portadores de árbores) levan un piñeiro cortado (Arbor infrat). A árbore simboliza ó deus morto. Tras nove días (o 24 de marzo), chega o día do Sangue (Dies sanguinis): flaxelación, emasculación dos crentes, ofrendas á deusa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cibeles |