Chrysiogenetes
Chrysiogenetes | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Chrysiogenes Macy et al. 1996 |
Os Chysiogenetes son un pequeno filo de bacterias introducido recentemente, que comprende só unha familia con tres xéneros: Chrysiogenes, Desulfurispira e Desulfirispirilum.
Chrysiogenes arsenatis foi illada na auga residual dunha mina de ouro australiana, e do seu xénero deriva o nome do filo (do grego chruseion, mina de ouro ; Chrysiogenes = xurdida dunha mina de ouro). É anaeróbica e reduce o arsénico, que funciona como aceptor final de electróns, usando o acetato e outros produtos orgánicos como doantes de electróns e de carbono. Pode reducir o nitrato a amoníaco vía nitrito. As súas secuencias de ARNr 16S eran únicas, polo que se clasificou no seu propio filo. Posteriormente describíronse os outros dous xéneros.[1]
Filoxenia
editarO cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada deste grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [2] e a filoxenia está baseada nas secuencias do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project.[3]
Chrysiogenes arsenatis Macy et al. 1996 | |||||||||||||
| |||||||||||||
Notas
editar- ↑ Macy, J. M.; Nunan, K.; Hagen, K. D.; Dixon, D. R.; Harbour, P. J.; Cahill, M.; Sly, L. I. (1996-10-01). "Chrysiogenes arsenatis gen. nov., sp. nov., a New Arsenate-Respiring Bacterium Isolated from Gold Mine Wastewater". International Journal of Systematic Bacteriology (en inglés) 46 (4): 1153–1157. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/00207713-46-4-1153.
- ↑ Ver List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Datos de "Chrysiogenetes". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 6 xullo 2012.
- ↑ Ver All-Species Living Tree Project [1] Arquivado 19 de xullo de 2012 en Wayback Machine.. Datos de "16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 6 xullo 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- NCBI webpage on Chrysiogenetes Datos de "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2011-06-05.